29 de novembro de 2008

TRABALLOS 3º e 4º DE ESO

Lembrar a todos os alumnos de 3º e 4º de ESO que a data límite para presentar os traballos da 1ª avaliación é o venres 5 de decembro. Dende aquí animo ó alumnado a non agardar ata o último día.

BENVIDA Ó CPI DE ATIOS

Ola a todos:
Hoxe iniciamos unha nova andaina con esta bitácora adicada ó departamento de Educación Fisica do CPI Atios. A nosa idea é introducir pouco a pouco novas, contidos e fotos relacionadas co departamento de Educación Física do centro. Agardamos que sexa un avance máis na relación entre alumnos e profesores.