31 de marzo de 2019

UNIDADES 3ª AVALIACIÓN ESO

Despois destas dúas semanas, a semana da neve e a semana do xadrez, toca volver a partir do luns á normalidade e comezar coas unidades que imos tratar de ver na terceira avaliación. Son as seguintes:
1º ESO
UD 7: O rugbi
UD 8: Expresión corporal 1
UD 9: Actividades na natureza 1: Rastrexos, nós básicos...
2º ESO
UD 6: Bailes de salón 1
UD 7: Xogos populares e alternativos 2
UD 8: Deportes de loita
UD 9: Expresión corporal 2
UD 10: Actividades na natureza 2; sendeirismo, acampada...
3º ESO
UD 6: Bailes de salón 2 
UD 7: Actividades na natureza 3. Orientación
UD 8: Expresión Corporal 3. A representación
4º ESO
UD 4: Béisbol
UD 7: Bailes de salón 3.
UD 8: Actividades na natureza 4. Escalada

30 de marzo de 2019

10 EDICIÓNS - 8 CAMPIÓNS

Aproveito para lembrar aos primeiros clasificados nas nosas dez edicións do Torneo de Xadrez. Dende as dúas primeiras edicións non repetiamos campión, Noraboa Elías.
 I TORNEO XADREZ  09-10
1º CLASIFICADO: David Casariego
2º CLASIFICADO: Sergio López
3º CLASIFICADO: Marco Vellón
4º CLASIFICADO: Marcos Lorenzo
  II TORNEO XADREZ  10-11
1º CLASIFICADO: David Casariego
2º CLASIFICADO: Jorge Vázquez
3º CLASIFICADO: Cristian López
4º CLASIFICADO: Marcos Lorenzo
 III TORNEO XADREZ  11-12
1º CLASIFICADO: Samuel López
2º CLASIFICADO: Jorge Vázquez
 IV TORNEO XADREZ  12-13
1º CLASIFICADO: Marcos Lorenzo
2º CLASIFICADO: Jorge Vázquez
3º CLASIFICADO: Víctor García Pardo
4º CLASIFICADO: Ricardo Ponce
 V TORNEO XADREZ  13-14
1º CLASIFICADO: Kike Martínez
2º CLASIFICADO: Ricardo Ponce
 3º CLASIFICADO: Artai Rodríguez
4º CLASIFICADO: Pablo Rubín
      VI TORNEO XADREZ  14-15
1º CLASIFICADO: Víctor García Pardo
2º CLASIFICADO: Iván Luaces
3º CLASIFICADO: Marcos Vilela
4º CLASIFICADO: Artai Rodríguez
VII TORNEO XADREZ  15-16
1º CLASIFICADO: Iván Luaces
2º CLASIFICADO: Lucía García Aneiros
3º CLASIFICADO: Andrés Vilaboy
4º CLASIFICADO: Anxo Sanjurjo
VIII TORNEO XADREZ  16-17
1º CLASIFICADO: Marco López
2º CLASIFICADO: Fabio González
3º CLASIFICADO: Gero Lorenzo
4º CLASIFICADO: Elías González 
IX TORNEO XADREZ  17-18
1º CLASIFICADO: Elías González González
2º CLASIFICADO: Cristian Díaz Gutiérrez
3º CLASIFICADO: Nian Fernández Freire
4º CLASIFICADO: Javier Rodríguez Vidal 
X TORNEO XADREZ  18-19
1º CLASIFICADO: Elías González González
2º CLASIFICADO: Nian Fernández Freire
3º CLASIFICADO: Cristian Díaz Gutiérrez
4º CLASIFICADO: Díaz Fernández, Martín

FOTOS X TORNEO XADREZ

Xa temos tamén subidas no blogue as fotos sacadas durante a nosa X edición do Torneo de xadrez, espero que vos gusten e que sigades practicando este deporte de xadrez durante todo o ano e non só os días que se celebre un torneo.

FOTOS SEMANA NEVE 18-19


Xa tedes subidas ao blogue as fotos da actividade da semana da neve, Creo que están todas as que me fostes enviando durante estos días. Coma sempre para acceder a elas pinchade no icono da actividade de Semana Neve 18-19 no menú da dereita da páxina. Creo que Andrés tamén está a facer un vídeo cos vídeos e imaxes que temos. Xa vos informarei. Un saúdo a tod@s. 

28 de marzo de 2019

RESULTADOS X TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Este mércores 23 de marzo celebramos no CPI de Atios o X Torneo de Xadrez, os partipantes foron 117 dende 3º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa  MASIVA participación e o voso comportamento e colaboración durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O gañador, por segundo ano consecutivo, foi Elías González. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Elías González González
2º Clasificado: Nian Fernández Freire
3º Clasificado: Cristian Díaz Gutiérrez
4º Clasificado: Martín Díaz Fernández
Mellor alumna clasificada: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de Primaria: Duarte Pantín Carmona
Mellor clasificado de 3º de EP: Hugo López Doce
Mellor clasificado de 4º de EP: Duarte Pantín Carmona
Mellor clasificado de 5º de EP: Kevin Díaz Gutiérrez
Mellor clasificado de 6º de EP: Manuel Martín López
Mellor clasificado de 1º de ESO: Gabriel Casal Veiga
Mellor clasificado de 2º de ESO: Pedro Martín González
Mellor clasificado de 3º de ESO: Nian Fernández Freire
Mellor clasificado de 4º de ESO:  Elías González González

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. Se alguén ten interese en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

24 de marzo de 2019

MEMORIA NEVE 18-19

O venres 22 de marzo ás 05:30 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de 9 visitas á clínica: unha fractura de cúbito e radio, unha fractura do 5º metacarpiano, dúas escordaduras (unha de xeonllo e unha de pulso), un esguince cervical e catro contusións (tres de pulso e  unha no sacro); espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. A porcentaxe de lesións deste ano é dun 10%, das cales o 67% é de alumnado que facía snow e  o 23% de alumnado que facía esquí. (ademais a maioría de lesionados de snow que se lesionaron este ano no pulso non levaban as proteccións)
En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. O tempo foi moi bo agás o luns que estivo anubrado e nevando moito a ratos. A calidade da neve foi moi boa, sobre todo o mércores. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Grazas a todos por vir. Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

23 de marzo de 2019

NORMAS X TORNEO XADREZ ATIOS

O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do mércores 27 de marzo no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.

Hai un total de 118 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas

O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
HORARIOS DE CADA RONDA 
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15 
11:45 – 12:15  DESCANSO 
5ª Ronda: 12:15
6ª Ronda: 12:45
7ª Ronda: 13:15
8ª Ronda: 13:45 
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.

22 de marzo de 2019

IV SEMANA XADREZ

Coincidindo coa celebración o día 27 de marzo do noso X Torneo de Xadrez durante toda a semana do 25 ao 29 de marzo teremos no ximnasio todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender,
Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días agás o mércores que estaremos co Torneo, ANIMÁDEVOS.

11 de marzo de 2019

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 2º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. Estas notas son "provisionais", é dicir, que poden ser modificadas en función do voso traballo e actitude nas clases que restan,

10 de marzo de 2019

X TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Pasou outro ano e aquí temos xa o noso tradicional torneo de xadrez. O mércores 27 de marzo comezaremos a edición número X do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 e que estamos a celebrar sempre hacia as vacacións de Semana Santa. 
Nesta edición contamos preto de 118 alumnos participantes. O alumnado vai dende 3º de EP ata 4º de ESO. Todo o alumnado xogará tódalas rondas  polo que ese día non asistirá a clase. Cada xogador xogará oito rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.

ORGANIZACIÓN SEMANA NEVE 18-19

  • SAÍDA: domingo, día 17 de Marzo  (07:00 h) / Porta do Sol (parada bus dirección Cedeira)
  • VOLTA: venres, día 22 de Marzo sobre as 04:00 – 06:00 h (madrugada do xoves ao venres)
  • PRECIO TOTAL: 355 euros  Suplemento snow:   20 euros
  • HOTEL:  Hotel Mur, Santa Orosia 1, Avda de Francia, 22700 Jaca
  • Nº TFNO: 974360100
  • MATERIAL RECOMENDADO
-          Protector solar e labial
-      Protección Pulso SNOW
-          Gafas de sol para neve
-          Gorro e polar
-          Pantalón de neve / Chándal impermeable ou similar
-          Anorak
-          Luvas
-          Calcetíns neve ou montaña (varios pares)
-          Roupa de abrigo
-          DNI, Copia Tarxeta sanitaria
-          Comida e bebida para a viaxe
  • TABLETS E CONSOLAS VARIAS: Este ano queremos pedirvos que non leven tablets, nen consolas portátiles….agás os móbiles.
                             A VIAXE INCLÚE OS SEGUINTES SERVICIOS:
-    Transporte en autobús de Galicia a Jaca (2 buses de 55 prazas) (Empresa Gilsanz)
-          Transportes diarios hotel-estación-hotel
-          4 noites no hotel en media pensión
-          4 días de xantar nas pistas (14:30)
-          Alquiler 4 días de material de esquí
-          4 días de remontes
-          2 horas diarias de clases de esquí (10 a 12 horas)
-          Seguro de viaxe e de esquí
PROFESORES ACOMPAÑANTES:
-          Christine Puebla
-          Carmen Paz Ladra
-          Andrés Díaz Prieto
-          Juan Ramón Alonso García
                              -      Juan Luis Allegue Iglesias     

5 de marzo de 2019

50.000 VISITAS

Durante este mes este blogue (Bitácora Atios) que levamos os profes de EF do CPI Atios alcanzou a cifra das 50.000 visitas. Grazas a tod@s os que de vez en cando nos seguides: alumnado, ex-alumnado, outros profes e público en xeral. A pesares de que levamos xa case dez anos co blogue é difícil acadar ese número de case 5000 visitas ao ano de media.
MOITAS GRAZAS A TOD@s.