19 de novembro de 2009

ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS. 1º e 2º ESO

En 1º e 2º de ESO estamos a traballar a unidade de Actividades Ximnásticas cos seguintes contidos: equilibrio estático, volteos adiante e atrás, equilibrios invertidos e saltos con minitramp. Lembrade sempre a importancia das axudas e a necesidade da seguridade cando estamos a realizar esta actividade.

18 de novembro de 2009

DATAS EXAMES ESO

As datas para os exames teóricos son as seguintes:
1º ESO A: 4 de decembro
1º ESO B: 4 de decembro
2º ESO A: 3 de decembro
2º ESO B: 3 de decembro
3º ESO A: 2 de decembro
3º ESO B: 2 de decembro
4º ESO A: 4 de decembro

ENTREGA DE TRABALLOS

A data límite para entregar os traballos de Educación Física é o martes 1 de decembro. Non agardedes ó último día. Sabedes que non recollo ningún traballo presentado despois desa data.

OBRAS NA PISTA EXTERIOR

Como todos sabedes voltamos a estar en obras, esta vez intentarán amañar a pista exterior que se enche de auga e de lama sempre que chove (coma se pode apreciar na imaxe, vaia piscina!!), este problema xorde despois da construcción do ximnasio novo, cando as distintas administracións deixaron sen amañar esta pista a pesares das sucesivas promesas que se foron facendo. Malia todo "máis vale tarde que nunca". Desexemos que o deixen ben para beneficio de todos.

16 de novembro de 2009

SEMANA NEVE

Todos os que queirades ir esquíar tedes de prazo ata o día 30 de novembro para traer a autorización asinada e a fianza, lembrade que tedes que ir un mínimo de 15 alumn@s para poder realizar esta actividad.

I TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Esta semana comezamos o I Torneo de Xadrez CPI Atios con 24 participantes do que saíra o día 22 de decembro o gañador do Torneo. Agora iremos xogando as partidas con calma e anotando na clasificación os puntos. Grazas a todos por participar.

10 de novembro de 2009

PROBAS CONDICIÓN FÍSICA

Estamos a rematar estes días as probas de avaliación da condición física nos cursos da ESO, cando as rematen todos os cursos colocarei os resultados no taboleiro do ximnasio. Ánimo a todos.