27 de maio de 2016

SURF EP 15-16

O 26 e o 27 de maio tocoulles o turno da actividade de surf ao alumnado de 4º  de EP, que acompañados de Patricia e Ana, experimentaron a sensación de subirse a unha táboa de surf. Polos comentarios que oín polos corredores parece que o pasaron estupendamente. Supoño que estes repetirán cando vaian en 2º de ESO. 

24 de maio de 2016

SURF ESO 15-16

Hoxe rematamos os de 2º de ESO coa actividade de surf, seguro que a todos nos quedaron ganas de máis, pero bueno, a idea de todo isto é coñecer un amplio abanico de posibilidades de actividades físicas para que vós vos quededes co que máis vos guste. Algúns de vós xa tiñades experiencia por ter ido outras veces facer surf, Espero que disfrutarades con estes dous días diferentes. Á espera de que Marcos nos envie as fotos na auga déixovos outras tres que sacamos nós. Unha en especial adicada a Sara. Agradecer tanto a Andrés coma a Mariló que vos acompañaran a aos monitores Marcos, Iago e Rufo a súa paciencia. Tamén dar as grazas a Andrés o pai de Sara que se prestou a encher o seu coche para que entre todos poidésemos facer os traslados  a Pantín. Vémonos noutra....... posiblemente na acampada.

COLLENDO OLAS EN PANTÍN


No día de hoxe comezou  a actividade de iniciación ao surf o alumnado de 2º de ESO que tamén irá mañá. 
O xoves e o venres tocaralles o turno aos cursos de 4º de Primaria. Hoxe e mañá cos 16 alumnos de ESO irán Andrés e Mariló, e o xoves e o venres irán cos 25 de Primaria Patricia e Ana Morales. 
A DISFRUTAR DAS ONDAS.

FOTOS ESCALADA E XORNADAS VOLEIBOL

Xa están subidas á páxina web do centro as fotos da unidade de escalada de 4º de ESO e tamén as poucas que nos lembranos sacar da  I Semana da escalada, na que toda a ESO tivo a oportunidade de subir ao rocódromo e aprender a rapelar. Espero que disfrutarades, xa sabedes que non é habitual poder experimentar a escalada nun rocódromo dentro dun centro educativo. 
Tamén decidín subir as fotos que sacamos nas xornadas de iniciación ao voleibol cos compoñentes do clube Aldebarán de San Sadurniño, porque moitos de vós preguntachedes por eles.

23 de maio de 2016

EXAMES TEÓRICOS 3ª AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

A continuación están as datas dos exames teóricos para 3º e 4º de ESO e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Estudiade un pouquiño e sorte a todos. Ánimo, que xa son os derradeiros de educación física deste curso.

3º ESO A: 30 de maio. Temas 11 e 12.
3º ESO B: 02 de xuño. Temas 11 e 12.
4º ESO A: 27 de maio. Temas 8, 9 e 11.
4º ESO B: 27 de maio. Temas 8, 9 e 11.
4º ESO C: 27 de maio. Temas 8, 9 e 11.

18 de maio de 2016

INICIACIÓN SURF PRIMARIA 15-16

Os días 26 e 27 de maio (xoves e venres) o alumnado de 4º de EP terá a oportunidade coma os de 2º de ESO de ter un primeiro contacto co surf na praia de Pantín en horario de 10 a 13 h. En total serán 26 alumn@s os que disfruten destas 6 horas de iniciación ao surf. O prezo da actividade é de 40 euros (30 para a actividade e 10 para o bus dos dous días) e irán acompañados de dous profesores do centro estando supervisados alí por monitores especializados en surf da escola Pantín Surf Camp. Os traslados realizarémolos nun bus da empresa Autos Camilo.

10 de maio de 2016

AUTORIZACIÓNS SURF 4º PRIMARIA

O Departamento de Educación Física vai organizar para 4º de EP a actividade de surf os días 26 e 27 de maio  de 09:35 a 13:30. A actividade de surf durará de 10 a 13 horas. O prezo da actividade é de aproximadamente 35-45 euros para pagar a actividade e o bus dos dous días. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de entre 15 a 45 participantes. Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo. A actividade inclúe o transporte ata a praia de Pantín e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf. Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector. 
A data límite para entregar a autorización é o 11 de maio.

8 de maio de 2016

I SEMANA ESCALADA

Durante esta semana, do 09 ao 13 de maio estaremos no ximnasio coa semana da escalada. Os cursos que queiran poderán probar e facer unha pequena iniciación á escalada subindo ao rocódromo e probando o que é facer un rápel (técnica de descenso dentro da escalada). Tamén coñeceremos o material a empregar: cordas estáticas e dinámicas, arneses, mosquetóns, oitos, gri-gris, fixacións, pés de gato...; o vocabulario a utilizar: asegurar, rapelar, dar corda....; e os nós a usar: oito, oito enliñado, as de guía.... Todo esta actividade precisa dunha grande atención porque o risco é elevado se non somos quen de levar a cabo o que nos mandan, por eso é necesario coñecer o que imos facer e comprobar reiteradamente todo o material que estamos a empregar.
Vémonos no ximnasio. Se algún profe quere animarse que pase por alí.

6 de maio de 2016

INICIACIÓN SURF 15-16

Os días 23 e 24 de maio o alumnado de 2º de ESO terá a oportunidade de ter un primeiro contacto co surf na praia de Pantín en horario de 10 a 13 h. En total serán 15 alumn@s os que disfruten destas 6 horas de iniciación ao surf. O prezo da actividade é de 30 euros e irán acompañados de dous profesores do centro estando supervisados alí por monitores especializados en surf da escola Pantín Surf Camp.Os traslados realizarémolos en coches particulares polo que precisamos que dúas familias colaboren con nós neste traslado. Os que poidan que se poñan en contacto cos profes do departamento de Educación Física.

3 de maio de 2016

ESCALADA 15-16

Dentro da unidade de escalada estes días aprendimos a rapelar, que como xa sabedes é unha técnica de descenso que empregamos despois de escalar unha parede para baixar dela co menor esforzo posible. Despois dos primeiros medos e as primeiras reticencias máis ou menos todos sodes capaces de baixar rapelando máis ou menos rápido. Seguiremos a practicar. As fotos subireinas cando acabemos a unidade.