20 de decembro de 2013

VACACIÓNS DE NADAL

Ímonos xa de vacacións de Nadal dende o día 23 de decembro ata o 09 de xaneiro que teremos que voltar de novo ó CPI de Atios. Creo que este trimestre foi duro para todos e que merecemos un descanso.
Quédanos disfrutar deste Nadal  e destes derradeiros días cos que pecharemos este ano 2013. Felices festas a todos, portádevos ben para que os reises vos traian todo o que pedistes.

BO NADAL E FELIZ 2014

MEMORIA SEMANA NEVE 13-14

O venres ás 06:00 chegaron a Valdoviño os nosos queridos esquiadores. Xa sabedes que eu tiven que regresar o domingo dende Burgos por motivos persoais. Agradecerlles a Alejandro, Luis, Juanra e Liza o seu traballo  e compromiso durante estes días e lamentar a responsabilidade que lles fixen asumir pola miña ausencia. A tódolos alumn@s que embarcastes nesa aventura dicirvos que sentín profundamente non poder acompañarvos e que en todo momento estivestes no meu pensamento. BOTEIVOS MOITO DE MENOS.

En fin, aproveitar para felicitarvos polo voso comportamento e colaboración cos profes e desexar que a maioría disfrutarades coa experiencia. Agora xa sabedes, por vivencia propia, que a neve sempre supón un risco engadido e toda precaución é pouca, e creo que tamén sodes quen de darvos conta da enorme responsabilidade que asumimos os profes cando vos sacamos do centro en calqueira das actividades extraescolares.
A algúns de vós vereivos hoxe e poderedes contarme algunha das moitas batalliñas que traedes de Astún. Un saúdo a todos e pronta recuperación ós lesionados.

18 de decembro de 2013

RESULTADOS 1ª AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en ESO realizada o día 18  de decembro son estes:
1º ESO A:  21 alumnos 13 aprobados  8 suspensos  62 % aprobados
1º ESO B:  22 alumnos  18 aprobados  4 suspensos  82% aprobados
TOTAL 1º 43 alumnos  31 aprobados 12 suspensos 72% aprobados

2º ESO A:  20 alumnos  15 aprobados  5 suspensos  75% aprobados
2º ESO B:  21 alumnos  17 aprobados  4 suspensos  85% aprobados
TOTAL 2º 41 alumnos  32 aprobados  9 suspensos  78% aprobados

3º ESO A:  14 alumnos  11 aprobados  3 suspensos  79% aprobados
3º ESO B:  13 alumnos  10 aprobados  3 suspensos  77% aprobados
TOTAL 3º 27 alumnos  21 aprobados  6 suspensos  78% aprobados

4º ESO A:  22 alumnos  21 aprobados  1 suspensos  95% aprobados
4º ESO B:   7 alumnos    7 aprobados   0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 4º: 29 alumnos  28 aprobados 1 suspensos   95% aprobados

TOTAL  140  alumnos  112  aprobados  28 suspensos  80% aprobados

14 de decembro de 2013

CARTAZ 40 ANIVERSARIO



Xa temos cartaz do 40 aniversario do noso centro, esta Alicia é toda unha artista, esperamos que vos gusten. Hai tres modelos que están dispoñibles na páxina web do cole. A seguir a disfrutar das diferentes actividades coas que este curso celebramos os nosos 40 anos.

13 de decembro de 2013

NOTAS 1ª AVALIACIÓN ESO

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 1º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo.
 Un saúdo a todos.

12 de decembro de 2013

SAÍDA NEVE 13-14


Lembrarvos a todos que saímos para Jaca o domingo día 15 de decembro ás 07:00 da mañá dende a parada de bus do Josby (dirección Cedeira). 
Se todo vai ben regresaremos o venres 20 de decembro entre as 03:00 e as 05:00 da madrugada, o mellor será confirmar a hora de chegada cando saiamos de Jaca o xoves pola tarde. 
Vémonos o domingo.

10 de decembro de 2013

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Durante esta primeira avaliación na que traballamos a condición física en todos os cursos da ESO fixemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e xa o tedes actualizado no taboleiro do ximnasio.
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba e a pesar de todo moitos de vós  entrastes este curso nese histórico. Noraboa a todos. 

1 de decembro de 2013

REUNIÓN SEMANA NEVE

O martes 03 de decembro ás18:30 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 15 e 19 de decembro como estaba previsto.

O prezo por persona é de 325 euros. O martes haberá que pagar os 225 euros que faltan, posto que 100 xa os puxeron como fianza. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 15 euros (en total 340 euros).

Se hai algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento comentádemo na reunión.