28 de xaneiro de 2014

FOTOS TIRO CON ARCO


Xa tedes á vosa disposición as fotos da actividade de tiro con arco na galería nova da páxina web do centro. Lembrade que tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade no menú da dereita do blogue. Grazas pola vosa participación. Un saúdo.

25 de xaneiro de 2014

TIRO CON ARCO


Esta semana tivemos con nós a monitores de tiro con arco do CLUBE ARCO NARÓN  para tratar de coñecer mellor ese deporte minoritario que é o tiro con arco, o mércores 22 de xaneiro estiveron con Secundaria e o xoves 23 con varios grupos de Primaria (4º, 5º e 6º). Pronto subiremos as fotos á web do centro, pero aquí tedes un anticipo. Xa sabedes tamén que a idea do clube é lograr facer un pequeno grupo de tiro con arco aquí en Valdoviño. Estes dous días pasaron por esta actividade 309 rapac@s.  Espero que algún se apunte. Estes días víronse maneiras de arqueiros. Un saúdo a todos e agradecer a Pepe e a Anxo a súa visita.

15 de xaneiro de 2014

XORNADAS INICIACIÓN TIRO CON ARCO

Os días 22 e 23 de xaneiro teremos a sorte de poder realizar no noso centro unhas xornadas de iniciación ó tiro con arco co clube Arco Narón. O día 22 será para secundaria e o día 23 para 4º, 5º e 6º de Primaria en función das quendas que se expoñen ó final.
O clube Arco Narón (http://clubarconaron.blogspot.com.es) é un clube de tiro con arco de precisión fundado no ano 2001, a súa arqueira máis emblemática é Iria Grandal que foi a primeira arqueira galega  que participou nunhos Xogos Olímpicos en Londres 2012. Espero que disfrutedes coa experiencia.

22 DE XANEIRO / QUENDAS ESO
HORARIO
GRUPO
ESPAZO
09:35-10:25
TODA A ESO
COMEDOR
10:30-11:30
1º ESO
XIMNASIO
11:30-12:30
2º ESO
XIMNASIO
13:00-14:00
3º ESO
XIMNASIO
14:00-15:00
4º ESO
XIMNASIO
23 DE XANEIRO / QUENDAS EP
HORARIO
GRUPO
ESPAZO
09:35-10:25
4º, 5º e 6º EP
COMEDOR
10:30-11:30
4º EP
XIMNASIO
11:30-12:30
5º EP
XIMNASIO
13:00-14:00
6º EP
XIMNASIO

UNIDADES 2ª AVALIACIÓN

As unidades que imos ver na 2ª avaliación en ESO son as seguintes por cursos:

1º ESO:
UD 5. Balonmán
UD 4. Actividades de patín
UD 6. Xogos populares e alternativos 1

2º ESO
UD 2. Atletismo 1: carreiras, valados, saídas e relevos, marcha
UD 4. Fútbol sala
UD 5. O floorball

3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3

4º ESO
UD 3. Baloncesto
UD 2. Actividades de raqueta: bádminton e tenis
UD 5. Xogos populares e alternativos 4

8 de xaneiro de 2014

VOLTA ÁS CLASES

Mañá 09 de xaneiro voltamos á nomalidade e á rutina coa alma de loito pola mala nova de sermos un menos na nosa pequena comunidade. Nunca é doado asumir que as nosas vidas teñen un fin, e menos cando esa persoa foi alumna dun e estaba no comezo da súa vida. O mar levounos a Patricia e deixounos esta dor e esta tristura que non nos deixarán esquecela. Ánimo a todos os que nalgún momento poidemos disfrutar do seu sorriso.