22 de decembro de 2015

FOTOS SEMANA NEVE 15-16


Ola a todos, dende hoxe tedes á vosa disposición as fotos da semana da neve na web do cole no apartado de galería nova. Este ano como sabedes as fotos compartímolas entre todos no grupo de whatsapp, eu esquecín a cámara e non saquei moitas máis. Quedan aínda algunhas das cámaras de Mariló e Juanra máis as que queirades aínda mandarme ao grupo, todas estas subirémolas despois do Nadal. Boas vacacións a tod@s.

19 de decembro de 2015

MEMORIA SEMANA NEVE 2015

O venres ás 05:15 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de  10 lesionados: dous por esguince cervical, unha nun ombreiro, varias contusións en xeonllos e espalda e un con contusión nun xeonllo e posible daño no menisco externo; espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. En xeral o voso comportamento foi bastante bo e axudastes en todo o que podíades . O tempo acompañou pois as temperaturas foron altas aínda que non fixera moito sol, salvo o primeiro día a visibilidade foi bastante boa aínda que o derradeiro día a neve estaba moi dura a primeira hora.
O esquí como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Gracias a todos por vir.
Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

VACACIÓNS NADAL

O venres 18 de decembro comezaron as vacacións de Nadal. Desexarvos a tod@s unhas boas festas na compaña das personas que queredes. Como non estiven na avaliación todavía non sei as vosas notas pero podo imaxinar as da maioría. Recargade as pilas para volver en xaneiro con ganas de rematar ben o curso. FELIZ 2016 a tod@s.

12 de decembro de 2015

SAÍDA NEVE

Ola a todos. Despois de todo un trimestre adicado a recoller cartos, repartir rifas e organizar os detalles da excursión á neve por fin está todo listo. Mañá ás 07:00 saímos cara ao pirineo aragonés. Astún agarda por nós sen moita neve, pero creo que será suficiente para nós. Espero que vos portedes o mellor posible. Xa sabedes que de vós depende que se siga a facer esta saída. Sorte a todos e que o pasades o mellor posible.

6 de decembro de 2015

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Durante esta primeira avaliación na que traballamos a condición física en todos os cursos da ESO fixemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e xa o tedes actualizado nos cursos de 3º e 4º de ESO no taboleiro do ximnasio.
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba, este ano entrastes 4 no da Course Navette (a proba máis complicada das que facemos) e dous noutras probas. Noraboa a todos, tamén aos que non estades en nengunha.  

NOTAS 1ª AVALIACIÓN 3º E 4º ESO

Ola a todos. Déixovos ao alumnado de 3º e 4º de ESO os enlaces ás notas desta primeira avaliación para que as miredes con tranquilidade durante estes días se entrades no blogue. Hai dúas páxinas na folla de excel, un coas medias da avaliación e outra cos resultados da parte práctica. Un saúdo.

1 de decembro de 2015

REUNIÓN SEMANA NEVE

O xoves 03 de decembro ás 18:30 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 13 e 17 de decembro como estaba previsto.

O prezo por persona é de 325 euros. O xoves haberá que pagar os 225 euros que faltan, posto que 100 xa os puxeron como fianza. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros. Se hai algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento comentádemo na reunión.