25 de setembro de 2016

20.000 VISITAS

Durante este mes de setembro chegamos ás 20.000 visitas. O departamento de Educación Física leva publicando este blogue dende finais do ano 2008, xa van case oito anos e vinte mil visitas parecen poucas se non se ten  en conta o reducido do número de alumnos que vades pasando por aquí. A pesar de que sei que moitos non sodes asiduos ao blogue quería agradecervos as vosas visitas e o voso interese. Non sempre é fácil ir publicando de xeito continuo pero é unha maneira de ir lembrándovos a todos os que pasades por aquí. 
VINTE MIL GRAZAS

24 de setembro de 2016

MARCHA CICLISTA

A marcha ciclista que tiñamos prevista para o día 07 de Outubro en colaboración co CRA pospoñémola ata os meses de maio ou abril. Agora realmente entre a actividade de vela e o inicio do curso non temos tempo abondo para preparala. Ide poñendo a punto as bicis.

15 de setembro de 2016

INICIO DE CURSO

Este xoves día 15 de setembro empezamos o curso en Secundaria. Este ano seguimos contando no departamento de EF con Mariló e Patricia e temos un novo profe de EF en Primaria Antonio, ao que xa coñecemos doutros anos neste centro . A Lomce entra tamén en 2º eº 4º de ESO polo que estará xa instaurada en tódolos cursos da ESO.. Deséxovos a todos: alumnado, profesorado e famiias unha boa entrada neste curso. Esquecíame tamén de decirvos aos de 3º e 4º de ESO que en breve teremos a actividade de vela.
Benvid@s ao centro.

10 de setembro de 2016

SEMANA VELA 16-17

Dende o día 19 e ata o día 29 de setembro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 3º e 4º de ESO vai participar nun curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 5-8 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo estára calculado en función do número de alumnos que asistan á actividade. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa e toalla por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 19, 20 e 21 de setembro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria
- 22, 23 e 26 de setembro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria
- 27, 28 e 29 de setembro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria