29 de outubro de 2013

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 59 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Imos levar un só autocar de 70 prazas. Este ano a actividade terá lugar entre os días 15 e 19 de decembro (esquiando os días 16, 17, 18 e 19) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron o ano pasado.

 O prezo por persona será aproximadamente de 325 euros. Existen aínda oito prazas libres polo que de anotarse algún alumn@ máis o prezo podería baixar. No caso de querer facer snow este ano o suplemento é só de 15 euros. A semana que vén comezaremos a repartir ó alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí. Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLOS ALUMNOS  / 4º ESO

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial, principal e final (de estiramentos ou relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento específico de forza e velocidade
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos componentes dos exercicios.

GRUPOS:
1. Ana Balsa, Lara, Fani, Pablo e Juan.
2. Laura, Carol, Borja, Uxía e Andrea.
3. Samuel, Dani, Mar, Lucía e Álvaro.
4. Ainhoa, Ana Pita, Patricia, Noelia e Jorge.
5. Alex, Adrián, Rafa e Manuel Bellón.
6. Iván, Manuel Díaz, Iago, Roberto e Tatiana.

21 de outubro de 2013

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Dpto no Bloque Temático de Actividades no medio natural.

Dado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).


     A actividade realizaríase aproximadamente no mes de decembro (15-20) e tería lugar na estación de Astún ou Candanchú no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo rondaría os 355 euros (de ser 30 alumnos) ou 315 euros (de ser 60 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o martes 22 de outubro.  En caso de non haber alumnado suficiente poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou San Isidro.


     O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí

14 de outubro de 2013

QUECEMENTO 1º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo.
Os grupos son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Alejandro, Cristina, Jonatán e Andrea.
GRUPO 2. Lidia, Gonzalo, Noel e Cristel.
GRUPO 3. Adrián, Jaqueline, Samuel e Guti.
GRUPO 4. Paula, Naiara, Erik e Jero.
GRUPO 5. Fernando, Ángel, Martín, Raúl e Mateo

1º ESO B
GRUPO 1. Jenny, Iria, Ismael e Gisela.
GRUPO 2. Laura Fdez, Laura Fortuna,Adrián e Zaira.
GRUPO 3. Alba, Jonathan, Sandra e Pablo.
GRUPO 4. Óscar, Emma, Christian, Laura Rdgz e Anxo.
GRUPO 5. Ángel, Jaime, Natalia, Ezequiel e Marcos.

Aparte dos exercicios que fixemos en clase tedes exemplos no libro de texto.

9 de outubro de 2013

MATERIAL RECREOS

Hoxe colocaremos o material de lecer para os recreos a disposición do alumnado de Educación Primaria e de Educación Secundaria. Como xa sabedes levamos varios cursos con diferentes problemas por mor sobre todo da vosa escasa implicación no coidado do material. Este ano decidimos poñer dous bauis diferentes: un para EP e outro para ESO. 

Os bauis estarán pechados ata a hora do recreo onde haberá catro alumnos en ESO responsables de abrilo e de pechalo unha vez que acabe o recreo, comprobando que esté todo o material. Pídovos a todos a vosa colaboración no coidado do material. En caso de quedar algún material fora procederase a retiralo.

O alumnado de ESO encargado deste material son os seguintes:

1º ESO - Naiara Iglesias
2º ESO - Marcos Dopico
3º ESO - Raúl Montero
4º ESO - Borja Dopico e Samuel García

Asemade están feitas unhas quendas para o uso dos diferentes espazos debido á pouca rotación que se produce neles. AS QUENDAS SON PARA CUMPLILAS!!!!!

QUENDAS RECREOS ESO



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES


PISTA FTB
1º ESO
2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º - 2º ESO
3º - 4º ESO


PISTA FTB ASFALTO

2º ESO
3º ESO
4º ESO
1º ESO
3º - 4º ESO
1º -2º ESO

PISTA BLC

3º ESO
4º ESO
1º ESO
2º ESO
 ESO

PING PONG

4º ESO
1º ESO
2º ESO
3º ESO
 ESO


Tamén aproveito para lembrar que nas clases hai diferentes xogos de mesa: xadrez, parchís.... este material pódese utilizar cando falta algún profesor.
Espero que saibades respetar o material e as instalacións.