31 de outubro de 2012

MATERIAL RECREOS

Dende o luns 29 de outubro tedes á disposición de todo o alumnado de ESO material para xogar nos recreos. Este material está ubicado nun baúl que se atopa en conserxería. Quero lembrarvos as condicións para que ese material siga ahí. No patio cuberto só podedes xogar a semana que vos toca patio en EF, o material debe quedar recollido no baúll unha vez usado. No patio só pode estar o alumnado que esté a xogar a algo, o resto deberá estar no patio da cafetería. No patio cuberto está terminantemente prohibido comer e beber (calqueira cousa), e por último procurade recollar cando toca o timbre para non chegar tarde á seguinte clase. Espero que sexades responsables e coidedes o máximo posible ese material. 

26 de outubro de 2012

ALUMNADO SEMANA NEVE


Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 71 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar dous autobuses en lugar dun. Este ano a actividade terá lugar entre os días 16 e 21 de decembro (esquiando os días 17, 18, 19 e 20) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persona será aproximadamente de 330 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de querer facer snow o suplemento é de 30 euros. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.
A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.

17 de outubro de 2012

TRABALLO QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO

Os de 2º de ESO ides ter que realizar un pequeno quecemento específico de diferentes deportes, cada un dos grupos realizará un deporte diferente. Lembrade as partes que debería ter ese quecemento:
1. Posta en acción. Exercicios de desprazamento ou carreira suaves.
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de carreira máis intensos ou de forza
5. Exercicios de quecemento específico: propios do deporte que vaiamos a realizar despois.
6.Volta á calma.
Os grupos son os seguintes:
2º ESO A
Grupo 1. Baloncesto: Cristina, Leticia, e Adrián.
Grupo 2. Voleibol: Yahaira, Roi e Iris.
Grupo 3. Fútbol: Aarón, Ainoa e Sharay.
Grupo 4. Balonmán: Alba, Martín e Ricardo
Grupo 5. Salto de lonxitude: Lidia e Fani

2º ESO B
Grupo 1. Baloncesto: Cristina Casas, Yolanda e Paula.
Grupo 2. Voleibol: Cristina Gutiérrez, Kike e Raúl Montero.
Grupo 3. Fútbol: Raúl Nieto, Víctor e Sergio.
Grupo 4. Balonmán: Aroa e María
Grupo 5. Salto de lonxitude: Rocío e Paola

TRABALLO QUECEMENTO 1º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade:de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo. 
Os grupos son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Angélica, Bruno, Adrián e Natalia
GRUPO 2. Laura, Marcos, Oscar García e Tania
GRUPO 3. Gonzalo, Marcos Guti, Sara e Lara
GRUPO 4. Iván, Esther, Óscar Montes, Adrián e Enma
GRUPO 5. Gabriela, Erika, Pablo, Jose e Jacobo
1º ESO B

GRUPO 1. Marcos Ameneiros, Roberto, Eva e David
GRUPO 2. Iria D., Cris, Elena Fdez e Laura
GRUPO 3. Miguel, Helena Gesto, Adrián Lpez e Noelia
GRUPO 4. Adrián Orjales, Natalia, Alex e Iria R.
GRUPO 5.Carla, Artai, Ángel, Andrés e Alba

15 de outubro de 2012

FOTOS CURSO 11-12

Por fin conseguín rematar. Dende hoxe tedes á vosa disposición na nova páxina web todas as fotos das actividades do curso pasado: acampada, rafting, semana neve, semana vela, torneo de xadrez e acroximnasia. Todas aquelas organizadas polo departamento de Educación Física. A mín persoalmente non me acaba de convencer o formato da galería de imaxes da nova páxina, pero de momento é o que hai.... Tamén están xa as da semana vela que fixemos a finais de setembro e principios deste mes de outubro. Quería pedirvos desculpas pola tardanza, pero xa sabedes que a veces hai outras cousas importantes que facer sobre todo a final de curso; e a verdade é que en todo o verán fun incapaz de poñerme con elas. Sorry de novo.

14 de outubro de 2012

INVENTARIO

A data de once de Outubro actualizamos por fin o inventario de material de educación física. Este ano demos de baixa moito do material que estaba repartido polas clases. Podedes consultalo se vos interesa no apartado de enlaces.

8 de outubro de 2012

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE


     O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EPDado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
     A actividade realizaríase aproximadamente no mes de decembro (16-21) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo rondaría os 350 euros (de ser 25 alumnos) ou 320 euros (de ser 35 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o venres 19 de outubro.  En caso de non haber alumnado suficiente poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou San Isidro. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí




6 de outubro de 2012

SEMANA VELA 12-13


Dende o día 27 de setembro e ata o día 09 de outubro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 3 e 4º de ESO asistirá a un curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 6-7 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos do curso. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 27, 28 e 01 de outubro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria
- 02, 03 e 04 de outubro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria
- 05, 08 e 09 de outubro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria