29 de maio de 2015

10.000 VISITAS

Durante este mes de maio chegamos ás 10.000 visitas. Ben é certo que dende o departamento de Educación Física levamos publicando neste blogue dende finais do ano 2008, pero tamén hai que ter en conta o reducido do número de alumnos que vades pasando por aquí. A pesar de que sei que moitos non sodes asiduos ao blogue quería agradecervos as vosas visitas e o voso interese. Non sempre é fácil ir publicando de xeito continuo pero é unha maneira de ir lembrándovos a todos os que pasades por aquí. 
DEZ MIL GRAZAS

FOTOS SURF 14-15


Xa tedes á vosa disposición as fotos de surf na páxina web do centro no apartado Galería nova, este ano a escola non sacou fotos polo que as que temos na auga son grazas a Bea a nai de Paola de 4º B, dende aquí o noso agradecemento pola cesión desinteresada das fotos. Pois nada, a ver se vos atopades entre as ondas.

22 de maio de 2015

DATAS EXAMES TEÓRICOS

A continuación están as datas dos exames teóricos para a ESO da 3ª avaliación  e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Xa estades rematando o curso así que a poñer as pilas e a estudar un pouquiño . Sorte a todos.

1º ESO A: 02 de xuño. Temas 7, 9 e 10.
1º ESO B: 01 de xuño. Temas 7, 9 e 10.
2º ESO A: 05 de xuño. Temas 7, 9, 10 e 11.
2º ESO B: 05 de xuño. Temas 7, 9, 10 e 11.
3º ESO A: 28 de maio. Temas 10, 11 e 12.
3º ESO B: 28 de maio. Temas 10, 11 e 12.
4º ESO A: 26 de maio. Temas 8, 10 e 11.

SURF 14-15

Os días 18 e 20 de maio estivemos na praia do Rodo en Pantín coñecendo unha actividade que está moi presente  na zona de Valdoviño: o surf. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º de ESO e de 4º de Primaria (39 alumn@s en total) o que tivo a oportunidade de iniciarse neste mundo diferente que consiste en cabalgar os olas subidos a unha táboa. Espero que a experiencia, a pesar do frío e outros inconvintes, fose gratificante para vós e que a poidades retomar en algún outro intre. Evidentemente non é un deporte que técnicamente poida aprenderse en dous días senón que require esforzo e perseverancia (coma case todos). Agradecer aos profes do cole: Patricia, Laura e Andrés a súa colaboración e aos monitores Marcos, Fran e Rufo do Pantín Surf Camp os seus coñecementos e a súa paciencia. En breve subiremos á páxina web do centro algunhas fotos da actividade.
Vémonos en Pantín.

19 de maio de 2015

RAPELANDO EN ATIOS

Hoxe a maioría do alumnado de 4º de ESO atreveuse a rapelar o muro que temos na parte traseira do centro, a verdade é que xa vedes que esta técnica de descenso da escalada non é excesivamente difícil. Só hai que superar algúns medos. Este muro está ben para practicar porque xa ten unha lonxitude que nos permite disfrutar coa baixada. O máis importante de todo é A SEGURIDADE. Colocar correctamente o arnés, comprobar que a corda esté suxeita ao oito, cerciorarnos de que pechamos o mosquetón e asegurarnos antes de pasar á zona de descenso. Ao final da clase moitos queríades repetir, non vos preocupedes, aínda nos quedan uns días por diante.

8 de maio de 2015

INICIACIÓN SURF 14-15

Os días 18 e 20 de maio o alumnado de 4º de EP e de 2º de ESO terá a oportunidade de ter un primeiro contacto co surf na praia de Pantín en horario de 10 a 13 h. En total serán 40 alumn@s os que disfruten destas 6 horas de iniciación ao surf. O prezo da actividade é de 36 euros e irán acompañados de catro profesores do centro estando supervisados alí por monitores especializados en surf da escola Pantín Surf Camp.
Os traslados realizarémolos nun bus da empresa Autos Camilo Espero que esta actividade que iniciamos o curso pasado pola nosa conta vos guste. Vémonos en Pantín.

3 de maio de 2015

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN

As unidades que xa estamos a ver nesta 3ª avaliación en ESO son as seguintes:

1º ESO:
UD 7. O rugbi
UD 8. Expresión corporal 1
UD 9. Actividades na natureza 1: rastrexos, orientación por indicios, nós básicos

2º ESO
UD 6. Bailes de salón 1: chachacha e pasodobre
UD 7. Xogos populares e alternativos 2: shuterball, indiacas
UD 8.Deportes de loita
UD 9. Expresión corporal 2
UD 10. Actividades na natureza 2: sendeirismo, acampada

3º ESO
UD 6. Bailes de salón 2: vals vienés, merengue
UD 7. Actividades na natureza 3: orientación
UD 8. Expresión corporal 3

4º ESO
UD 4. Béisbol
UD 7. Bailes de salón 3. Aerobic
UD 5. Actividades na natureza 4: escalada