29 de decembro de 2017

MEMORIA NEVE 2017

O venres 22 de decembro ás 06:00 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de  14 visitas á clínica: unha fisura de radio, dúas escordaduras de xeonllo, unha escordadura de nocello, dúas de pulso, un esguince cervical e diversas contusións (dúas de pulso, unha no brazo, outra no cóbado, outra nun xeonllo, outra nun nocello e outra abdominal); espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. As lesións son de menos gravidade que o ano pasado, e logramos frear as lesións de pulso da xente de snow (ademais as tres persoas que se lesionaron este ano no pulso non levaban as proteccións)
En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. O tempo foi moi variable e a calidade da neve tamén o que ocasionou bastantes caídas de e un sinfín de moratóns. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Gracias a todos por vir.
Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

13 de decembro de 2017

NOTAS 1ª AVALIACIÓN ESO

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 1º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. En 2º e 3º de ESO e tamén en 4º B, as notas da avaliación práctica están no mesmo documento de excel pero en dúas páxinas.
Un saúdo a todos.

5 de decembro de 2017

REUNIÓN SEMANA NEVE

O martes 04 de decembro ás 18:30 horas tivemos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe está prevista entre os días 17 e 22 de decembro.

O prezo por persona é de 335 euros. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros. Se hai algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento comentádemo.

20 de novembro de 2017

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta primeira avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Sabedes que tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e supoño que a semana que ven estará actualizado para tódolos cursos da ESO no taboleiro do ximnasio. 
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba por unha simple cuestión estadística pois xa levamos catorce anos con este histórico. Sen embargo este curso entraron doce novos rexistros neste histórico. Noraboa a tod@s.  

10 de novembro de 2017

MAGOSTO E SAMAÍN

Mañá venres, día 10 de novembro celebraremos no CPI de Atios o MAGOSTO e o SAMAÍN. Coma tódolos anos haberá o concurso de cabazas e centros de outono. Os de EP participarán nunha xincana de probas relacionadas co Samaín  e os da ESO terán a oportunidade de estar na Aula Terrorífica. Asemade como fin de festa este ano, debido á mala calidade das castañas, haberá unha chourizada acompañada de zume e auga.  Tamén haberá tempo para seguir bailando os peóns. Esperamos que disfrutedes do día.

4 de novembro de 2017

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

As datas dos exames teóricos para os distintos grupos da ESO serán as seguintes:

1º ESO A: 30 de novembro (Temas 1,2,3 e 4)
1º ESO B: 28 de novembro (Temas 1,2,3 e 4)
2º ESO A: 27 de novembro (Temas 1,2 e 3)
2º ESO B: 29 de novembro (Temas 1,2 e 3)
3º ESO A: 24 de novembro (Temas 1,2,3 e 6)
3º ESO B-C: 30 de novembro (Temas 1,2,3 e 6)
4º ESO A: 28 de novembro (Temas 1,2,3,4 e 7)
4º ESO B: 29 de novembro (Temas 1,2,3,4 e 7)

2 de novembro de 2017

30.000 VISITAS!!!!!

Hoxe alcanzamos entre todo@s as 30.000 visitas, un número redondo que vai medrando pouco a pouco gracias aos que nos seguides, e que de vez en cando ides entrando neste blogue do departamento de Educación Física do CPI Atios. Cantos alumn@s teño xa visto pasar por este cole, agradecervos as vosas visitas, sen vós estar aquí non sería posible.

GRACIAS

28 de outubro de 2017

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 78 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar dous autocares de 55 prazas. A actividade terá lugar entre os días 17 e 21 de decembro (esquiando os días 18, 19, 20, e 21) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron os cursos anteriores. De non haber neve nesas datas a viaxe pospoñerase a marzo ou outra data por determinar.

O prezo por persona estará entre os 340- 350 euros. No caso de querer facer snow o suplemento é  de 20-25 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Ademais este ano o alumnado que queira facer snow deberá levar  protectores de pulso.  Empezaremos a repartir a semana que ven ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que traer os 100 euros e poderían recoller outro ata un máximo de tres. IMPORTANTE: Non recollemos moedas, só billetes.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.

A principios de decembro (probablemente o martes día 5) teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota confirmando día e data da reunión.

10 de outubro de 2017

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA 17-18

Durante este curso 17-18 o profesorado pertencente ao departamento de Educación Física somos os seguintes:
Patricia Regueiro Sousa: Educación Infantil e Primaria
 Antonio Rodríguez Rodríguez: Educación Primaria
Juan Luis Allegue Iglesias: Educación Secundaria e Xefe de departamento

SUSPENSIÓN SEMANA VELA

Como xa sabedes a maioría, este curso suspendemos a semana de vela debido a unha bacteria que hai no encoro das Forcadas e que impide a realización de actividades lúdicas nas súas augas. Esta é a comunicación por parte do concello da non realización da actividade este curso. Ademais debe haber desacordos entre o concello e o clube de vela Se hai novidades respecto ao tema comunicareivolo o antes posible.

5 de outubro de 2017

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural. Dado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (17-22) e tería lugar na estación de Astún ou Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe), de non haber neve nesas datas pospoñeríamos a viaxe ao mes de marzo. O prezo rondaría os 375 euros (de ser 30 alumnos) ou 330 euros (de ser 50 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o venres 20 de outubro.  O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

QUECEMENTO 2º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade: de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádeme.
2º ESO A
GRUPO 1. David, Borja, Ricardo, Tomás e Hugo.
GRUPO 2. Cristian, Aarón Sara Fdez, Alejandro e Andrea.
GRUPO 3. Nian, Raúl, Aroa, Aitana e Lucía.
GRUPO 4. Alba, Judith, Sara López, Iria e Edgar.
GRUPO 5. Laura, Sabela, Jose e Ainhoa.

2º ESO B
GRUPO 1. Gabriel, Antón Maroño, Cecía, Jonathan e Jorge.
GRUPO 2. Elena, Laura, Jaime, Candela e Iván Pita.
GRUPO 3. Antón Regueira, Ainoa, Martina, Alba e Javier.
GRUPO 4. Iván Sanjurjo, Ainhara, Cristian e Lorena
GRUPO 5. Paula Vázquez, Paula Vellón, Cristóbal, Ainhoa e Marina.

Aparte dos exercicios que fixemos en clase pensade noutros exercicios que podedes utilizar.

2 de outubro de 2017

QUENDAS RECREOS ESO


QUENDAS RECREOS ESO



LUNS

MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES



1º RCR.
CAMP1


1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º e 2º ESO

1º RCR.
CAMP2


2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º ESO

3º e 4º ESO


2º RCR.
CAMP1


1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

3º e 4º ESO

2º RCR.
CAMP2


2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º ESO

1º e 2º ESO

NORMAS MATERIAL LECER ESO


1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl pechado na entrada do patio da cafetería.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS. O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado para que abra.
3. O BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que quede aberto e collan o material alumnos de Infantil, Primaria, do comedor ou extraescolares como pasou outros cursos.
4. Cando soe o timbre de entrada do recreo  todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar o baúl a tempo para ir a clase. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.
5. O alumnado de ESO encargado de abrir e pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl debe quedar pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se compromete a acatar as directrices destes encargados. Os  encargados este trimestre son:
1º ESO – Pablo Ruiz
2º ESO – José Antonio Santalla
3º ESO – Borja Díaz
4º ESO – Manu Caneiro
XIMNASIO: Nerea Santalla, Marta Rodgz Alejandro Iorio e Iago Barros
6. As mesas de ping-pong estarán colocadas no patio da cafetería para non molestar ás clases de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).
7. O xoves pola tarde poderedes  entrar a xogar ao ximnasio cumprindo as seguintes normas:
·        Só poden estar no ximnasio os que van xogar.
·        Non está permitido comer nin beber no ximnasio, agás auga.
·        Non se pode estar subido enriba das colchonetas nin xogando nelas.
·        Os vestiarios usaranse de xeito que queden nas mesmas condicións que cando entrastes. Non quero inundacións fortuitas.
·        Os encargados de abrir e pechar o ximnasio e de que se cumpran estas normas serán necesariamente de 3º ou 4º de ESO. Ante calqueira incidencia deberán informar ao xefe de departamento de EF.
8. Todos debedes colaborar no coidado do material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e facer un bo uso do mesmo.
9. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL, AS MESAS DE PING-PONG E O ACCESO AO XIMNASIO OS XOVES POLA TARDE.
10. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES .

27 de setembro de 2017

VI MILLA URBANA VALDOVIÑO





Este domingo vaise celebrar no Paseo da Lagoa a VI milla urbana de Valdoviño. Deixovos o cartel do evento por se vos animades a participar. O derradeiro día para anotarse é o xoves 28 de setembro. Tamén podedes deixar os vosos datos a calqueira dos profes de Educación Física do centro ata o xoves.

21 de setembro de 2017

PARABÉNS ADRIÁN, YOLANDA E ÓSCAR

Dende o noso blogue queriamos sumarnos a todas as persoas que levaron unha enorme ledicia e orgullo ao seguir e coñecer os éxitos dos nosos queridos ex-alumnos Adrián e Yoli Hermida e Óscar Montes en deportes tan minoritarios coma o kayak polo e o waterpolo. Eses deportes minoritarios que tratamos dende o noso departamento de poñer en valor (NON TODO É FÚTBOL),  xa que como vos digo sempre, seguro que en algún deporte podemos ser bos, o que hai que facer é atopalo.
Adrián proclamouse campión de Europa coa selección en kayak polo, Yolanda foi sexta coa selección femenina; e Óscar alcanzou a segunda praza no europeo junior en categoría xuvenil de waterpolo tras perder a final por penalties. NORABOA e a continuar así. Sodes uns máquinas.

14 de setembro de 2017

INICIO CURSO

Pois mañá, venres 15 de setembro, iniciaremos na ESO un novo curso, unha nova etapa nas vosas vidas que seguro que andades agardando impacientes (ja, ja, ja....). Ás 09:35 teredes unha presentación no comedor por parte do dire e a xefa de estudos e a continuación unha hora cos titores. A partir das 11:30 teredes xa clase normal segundo conste nos vosos horarios.
Para mín tamén será un curso especial porque volverei a darvos clase a toda a ESO. Vémonos mañá.

9 de setembro de 2017

MARILÓ!!!!



E chegou o intre de dicirlle ata sempre a Mariló, desexarlle sorte na nova etapa que emprende e pedirlle desculpas por non seguir de xefe de estudos. Nestes dous anos que comparteu con nós participou en moitas actividades con todos vós. Eu persoalmente quero agradecerlle a súa vontade por adicarnos o seu tempo na neve, na acampada, nas ondas de Pantín... Pouco tempo e moitas lembranzas. Como vella gloria que comeza o seu décimo oitavo curso no CPI Atios apéname cada vez máis despedir a persoas coas que compartes moito máis que ser profes, compartes vivencias, experiencias, momentos de tensión e relaxación, risas, bágoas, experiencias persoais e profesionais; en fin, Mariló estivo estes dous anos impartindo Educación Física e Lingua Galega, e deixará unha enorme pegada en moitos de vós e tamén en moitos dos profes que desfrutamos da súa compaña este tempo. Terás que voltar con nós a Astún para picarnos nesa carreira!!!!
BOA SORTE E NON TE ESQUEZAS DE NÓS.


30 de agosto de 2017

HORARIO EXAMES SETEMBRO

Déixovos a continuación as datas dos exames de setembro de Educación Física. Sorte a tod@s os que tedes que facer algún exame. Vémonos deseguido.

PENDENTES EF: 01 de setembro ás 12:50h

1º-4º ESO: 04 de setembro ás  12:00h

6 de xullo de 2017

FOTOS E MEMORIA RAFTING

Agora sí que rematamos por este curso. A actividade de rafting e paintball que fixemos o día 29 de xuño supuxo o colofón a outro ano intenso. O xoves, o voso comportamento foi excepcional (como case sempre, por outra banda), o que me fai sentir moi orgulloso de vós. A única pega foi a climatoloxía, choveunos todo o rato durante o rafting e cando acababa o paintball caeu outro chaparrón impresionante. Sen embargo a xornada levouse adiante de xeito totalmente satisfactorio. Espero que o pasarades ben e que volvades acompañarme nalgunha outra saída. As fotos coma sempre podedes acceder a elas dende o menú da dereita das actividades. Hai moi boas fotos, espero que vos gusten. Están mesturadas porque hai fotos de Turnauga, do teacher e miñas. Un abrazo enorme a tod@s e GRAZAS POR VIR.



FOTOS ESCALADA 16-17

Grazas a Cris, que xentilmente enviou estas fotos, temos un documento gráfico da unidade de escalada que fixemos este ano en 4º de ESO. As fotos son só do rápel que montamos no exterior do centro. Coma sempre podedes acceder a elas no menú da dereita do blogue.

28 de xuño de 2017

SAÍDA RAFTING

Lembrarvos que mañá 29 de xuño temos a saída de rafting para 3º e 4º de ESO. A saída é ás 09:00 dende a explanada que hai diante do Josby. O material que precisades é bañador, toalla, tenis para mollar, unha camiseta para cambiarse despois do paitball... e a comida. As previsións apuntan a que vai facer mal tempo polo que levade algún chubasqueiro. Vémonos mañá, sede puntuais.

ADEUS A OUTRA XERACIÓN. 4º ESO.

E chega a hora de ver marchar outra xeración. O curso acaba e os de 4º de ESO empezades a voar sós. Os vosos camiños empezan a separarse agora e pouco a pouco iredes recorrendo esa gran senda chea de contrastes que é a vida: dura e maravillosa á vez. Só vos quero dicir que SEMPRE creades nas vosas posibilidades e nos vosos soños, a pesar do que vos dicía tan a miúdo eu e os demais profes tamén cremos que seredes unhas grandes persoas no futuro (se non o sodes xa).
Deséxovos toda a sorte do mundo lembrándovos que a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa. A  vosa vida ven de empezar, intentade ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e loitade polo que credes xusto. Tamén quería lembrarvos nesta época de tecnoloxía infinita que as cousas importantes da vida fanse cara a cara, con alguen fronte a nós ou ao noso carón.
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos…. SEMPRE EN ATIOS!


19 de xuño de 2017

FOTOS E MEMORIA ACAMPADA 16-17

A actividade desenvolveuse de forma totalmente  satisfactoria e o alumnado portouse de xeito extraordinario. O bo tempo e a calor acompañounos durante toda a acampada . Espero que o pasarades ben a pesar de non ter a piscina en condicións. As fotos xa están subidas ao blogue. Podedes acceder a elas dende a foto da actividade no menú da dereita. Grazas polo voso comportamento e actitude, e tamén polo voso esforzo tanto na ruta en kaiak coma na andaina a pé. Noraboa a tod@s.

15 de xuño de 2017

AUTORIZACIÓN RAFTING

departamento de Educación Física do CPI Atios organiza unha saída o xoves día 29 de Xuño cos alumnos de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball,  esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.
rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.
A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
·        A saída será do Josby  ás 9:00 h. do día 29 de Xuño.
·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa  A Barosa preto do río Ulla.
·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.
·        A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.
·        O prezo é entre 55-60 euros, esto inclúe a actividade de rafting, de paintball e o bus. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 25 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.
·        É obrigatorio saber nadar.
·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.
·        A data límite para entregar  as autorizacións é o xoves 15 de xuño. 

13 de xuño de 2017

NOTAS FINAIS 3º e 4º ESO

Aquí tedes aos enlaces das notas finales (aproximadamente a media das tres avaliacións) de 3º e 4º de ESO. Lembrade que os que tedes 3 avaliacións suspensas ides directamente a setembro. Tamén tede en conta que estas notas son provisionais. Aínda quedan dúas semanas de clase.

NOTAS 3ª AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

Ola a tod@s, Déixovos os enlaces para que poidades mirar, comparar, criticar... as notas da 3º avaliación. Axiña colocarei tamén as das finais agás as de 3º ESO B porque moitos teñen que facer unha pequena recuperación.

12 de xuño de 2017

CAMPEONATO ESPAÑA CADETE TIRO CON ARCO

Facémonos eco do Campeonato de España de cadetes e menores de 14 anos que se celebrará en Valdoviño o 22 e 23 de xullo.

5 de xuño de 2017

FOTOS SURF EP

Xa están á vosa disposición as fotos de surf do alumnado de 4º de EP no seguinte enlace: https://photos.google.com/share/AF1QipONH0fEDZs6hkAre_KTdWttQfa4kwV_4CJ-s8UPhjzNA0kXCAMmWt9WR5a4wRaqWg?key=TXluekNIX3ZjMDJCRXVJSzRZaGVGOTRLd0U3Qy1n
Tamén podedes pinchar na imaxe de SURF EP do menu da dereita no blogue. Esperamos que vos gusten. Son un montón....

4 de xuño de 2017

ACTIVIDADES E MATERIAL ACAMPADA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO
09:45   Saída de Valdoviño
11:00   Chegada ó Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:30   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:30   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:00   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea
2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
17:00 ou 20:00  Regreso a Valdoviño          
18:00 ou 21:00  Chegada a Valdoviño
  
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA / - SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns de algodón / Calzado de reposto / Toalla de ducha  e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida,…
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

30 de maio de 2017

AUTORIZACIÓNS ACAMPADA 16-17

O departamento de EF está a organizar unha acampada de dous días dirixida ó alumnado de 2º de ESO. Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir.
A actividade realizaríase os días 16 e 17 de xuño (venres e sábado) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría entre os 50-70 euros. Será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividadeO prazo para entregar a autorización é ata o venres 03 de xuño. O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, transporte en bus ó cámping e ás actividades.

29 de maio de 2017

FOTOS SURF ESO 16-17

Xa están subidas as fotos de surf de 2º de ESO á páxina. Como agora non deixa compartir todos os álbums podedes atopalas no seguinte enlace:
https://photos.google.com/share/AF1QipOxPvdUIGK5h41IcJ3VZoL5wksNbLlOT_iG2fxgjOeq8EztqxBxHU8a5vPV2euYEQ?key=X3N5b2FOWGkzYnZHb0tnWklLNl9oNVJ5STkyWWdB
Tamén podedes clicar na foto da actividade de surf no menú da dereita e tamén accededes ás fotos. Lembrade que para ir ás fotos das actividades do departamento de EF o xeito máis fácil e clicar na foto da actividade do curso que queirades e xa accededes directamente.
Respecto ás fotos de Primaria estamos aínda seleccionando e faltan as que vos sacou Alberto, tardarán aínda uns días.

28 de maio de 2017

SURF ESO 16-17

O xoves pasado rematamos coa activida de surf o alumnado de 2º
de ESO, seguro que a todos nos quedaron ganas de máis, pero bueno, a idea de todo isto é coñecer un amplio abanico de posibilidades de actividades físicas para que vós vos quededes co que máis vos guste. Algúns de vós xa tiñades experiencia por ter ido outras veces facer surf, Espero que disfrutarades con estes dous días diferentes. Pronto subiremos á web as fotos tanto de 4º de EP coma de 2º de ESO. Agradecer tanto a Mariló coma Toni e Alberto que vos acompañaran a aos monitores Marcos, Iago, Diego, Carlos.... a súa paciencia e experiencia. Tamén dar as grazas a Eva e a Pablo que se prestaron a encher o seu coche para que entre todos poidésemos facer os traslados  a Pantín dos da ESO. Vémonos noutra....... posiblemente na acampada. (Espero que coa miña cabeza recuperada).


25 de maio de 2017

TURNO DOS DE 2º DE ESO

E tras probar o surf os de 4º de Primaria tocoulles o turno aos de 2º de ESO que onte e hoxe estarán en Pantín aprendendo a remar e a poñerse de pé nas táboas. Contamos ademais cun tempo e uns días maravillosos para a práctica do sur. Coidado coas cabezas!!!!

23 de maio de 2017

4º EP DESFRUTANDO COAS OLAS





Hoxe o alumnado de 4º  EP desfrutou xogando coas ondas de Pantín acompañdos por Alberto e Toni. O día acompañou e sol e ondas estiveron con nós toda a mañá.

16 de maio de 2017

INICIACIÓN SURF 16-17

Os días 22 e 23 de maio (o alumnado de 4º de EP) e o 24 e 25de maio (o alumnado de 2º de ESO) terá a oportunidade de ter un primeiro contacto co surf na praia de Pantín en horario de 10 a 13 h. En total serán 42 alumn@s os que disfruten destas 6 horas de iniciación ao surf. O prezo da actividade é de 41 euros (30 para a actividade e 11 para o bus dos dous días) e irán acompañados de dous profesores do centro estando supervisados alí por monitores especializados en surf da escola Pantín Surf Camp. Os traslados realizarémolos nun bus da empresa Autos Camilo.

8 de maio de 2017

EXAME PENDENTES EF



O exame de pendentes de Educación Física de 1º e 3º de ESO terá lugar o mércores día 10 de marzo na aula de 4º de ESO A en horario de 12:20 a 13:10

5 de maio de 2017

AUTORIZACIÓNS SURF

O Departamento de Educación Física vai organizar para 4º de EP e 2º de ESO a actividade de surf os días 22 e 23 de maio (4º EP) e 24 e 25 de maio (2º de ESO)  de 09:35 a 13:30. A actividade de surf durará de 10 a 13 horas. 
O prezo da actividade é de aproximadamente 35-45 euros para pagar a actividade e o bus dos dous días. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de entre 15 a 45 participantes. Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo. A actividade inclúe o transporte ata a praia de Pantín e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf.
Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector. 
 A data límite para entregar a autorización é o 11 de maio.

28 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO

Hoxe 28 de Abril celebramos o Día do Libro no CPI Atios. 
Este ano o noso homenexeado foi Lolo París e o acto tivo lugar na Casa da Cultura entre as 11:00 e as 11:30.

20 de abril de 2017

INICIO ACTIVIDADES LECTIVAS

Mañá venres 21 de abril tampouco haberá clases posto que estanse a sacar os elementos da cuberta que poidan supoñer un risco para o alumnado.
As actividades lectivas iniciaranse de novo o LUNS 24 DE ABRIL. Sentímos as molestias que esto poida causar ás familias. 

SUSPENSIÓN CLASES

A partires de mañá, xoves 20 de abril, as clases no CPI Atios quedan suspendidas polos danos causados polo vento nas cubertas dos edificios, sobre todo no "edificio novo". Mañá analizaranse en detalle os danos e en canto estén subsanados e contemos co permiso da Xefatura Territorial retomaremos as actividades lectivas.