27 de marzo de 2017

SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO

Mañá saímos hacia Fisterra co alumnado de 4º de ESO para facer o tramo do Camiño de Santiago que vai dende Fisterra a Muxía, dúas das poboacións máis bonitas e emblemáticas do noso país. Espero que o pasedes ben. Deitádevos cedo.

23 de marzo de 2017

RESULTADOS VIII TORNEO XADREZ

Este xoves 23 de marzo celebrouse no CPI de Atios o VIII Torneo de Xadrez, os partipantes foron 92 dende 3º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa  MASIVA participación e o voso comportamento durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Marco López Pita
2º Clasificado: Fabio González Souto
3º Clasificado: Gero Lorenzo Sanesteban
4º Clasificado: Elías González González
Mellor alumna clasificada: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de Primaria: Martín Dobarro Fraga
Mellor clasificado de 3º de EP: Alex López Vázquez
Mellor clasificado de 4º de EP: Irene Rodríguez Martín
Mellor clasificado de 5º de EP: Martín Dobarro Fraga
Mellor clasificado de 6º de EP: Pedro Martín González
Mellor clasificado de 1º de ESO: Javier Rodríguez Vidal
Mellor clasificado de 2º de ESO: Marco López Pita
Mellor clasificado de 3º de ESO: Antonio Blanco Pérez

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. Hai algunha variación respecto á que puxemos no torneo por un erro meu de anotación na sétima ronda.Se alguén ten interese en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

18 de marzo de 2017

NOTAS 2ª AVALIACIÓN 4º ESO

No seguinte enlace tedes tamén as notas os de 4º de ESO. No documento de excel hai dúas follas: unha coa avaliación práctica e outro co demais. Vémonos o luns.

NOTAS 2ª AVALIACIÓN 3º ESO

Ola a todos. Déixovos ao alumnado de 3º de ESO os enlaces ás notas da segunda avaliación para que as revisedes con tranquilidade durante estes días se entrades no blogue.  As de 4º de ESO estarán nos vindeiros días. Un saúdo.

HISTÓRICO TEST FÍSICO

Nesta segunda avaliación rematamos de traballar co alumnado de 4º de ESO a unidade de condición física que tiñamos pendente. Sabedes que na ESO facemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e supoño que a semana que ven estará actualizado para os cursos de 3º e 4º de ESO no taboleiro do ximnasio. 
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba, este ano só entraron 3 de 4º de ESO na proba de velocidade (4x25 m) . Noraboa a todos, tamén aos que non estades en nengunha.  

16 de marzo de 2017

II SEMANA XADREZ

Coincidindo coa celebración o día 23 de marzo do noso VIII Torneo de Xadrez durante toda a semana do 20 ao 24 de marzo teremos no ximnasio todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender,
Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días agás o xoves que estaremos co Torneo, ANIMÁDEVOS.

11 de marzo de 2017

NORMAS VIII TORNEO XADREZ

 O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do xoves 23 de marzo no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.

         Hai 89 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.

         O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
        
HORARIOS DE CADA RONDA 
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15 
11:45 – 12:15  DESCANSO 
5ª Ronda: 12:15
6ª Ronda: 12:45
7ª Ronda: 13:15
8ª Ronda: 13:45
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.

VIII TORNEO XADREZ

Chegou o momento que tod@s estabades agardando. O xoves 23 de marzo comezaremos a edición número VIII do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 e que estamos a celebrar sempre hacia as vacacións de Semana Santa. 
Nesta edición contamos cun total de 92 alumnos participantes. O alumnado vai dende 3º de EP ata 4º de ESO. Todo o alumnado xogará tódalas rondas  polo que ese día non asistirá a clase. Cada xogador xogará oito rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.

9 de marzo de 2017

CONFIRMACIÓN CAMIÑO SANTIAGO

Despois de recollidas as autorizacións temos un total de 18 alumn@s para realizar os días 28 e 29 de marzo o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Fisterra e Muxía. O prezo é  de 50 € e  inclúe  o  transporte que nos acompañará durante os dous días e a estancia no albergue de Lires. Irán acompañados polos profesores: Begoña Lourido, Luisa Sánchez e Juan Luis Allegue Iglesias. 

2 de marzo de 2017

EX. TEÓRICOS 2ª AV. 3º e 4º ESO

A continuación están as datas dos exames teóricos para 3º e 4º de ESO e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Estudiade un pouquiño e sorte a todos.

3º ESO A: 10 de marzo. Temas 8,10 e 11.
3º ESO B: 10 de marzo. Temas 8,10 e 11.
3º ESO C: 10 de marzo. Temas 8,10 e 11.
4º ESO A: 15 de marzo. Temas 1, 2, 3, 4 e 6.