28 de xuño de 2016

SAÍDA RAFTING

Lembrarvos que mañá 29 de xuño temos a saída de rafting para 3º e 4º de ESO. A saída é ás 09:35 do Josvy. 
O material que precisades é bañador, toalla, tenis para mollar, unha camiseta para cambiarse despois do paitball... e a comida.
Vémonos mañá, sede puntuais.

24 de xuño de 2016

DESPEDIDA PARA OS DE 4ª DE ESO

Tódolos anos hai unha xeración que se marcha, pero este ano  esa saída coincide tamén coa despedida de Graciela e de Mar, por iso é o doble de especial. Os vosos camiños empezan a separarse agora e pouco a pouco iredes recorrendo esa gran senda chea de contrastes que é a vida: dura e maravillosa á vez. Só vos quero dicir que SEMPRE creades nas vosas posibilidades e nos vosos soños, a pesar do que vos dicía tan a miúdo eu e os demais profes tamén cremos que seredes unhas grandes persoas no futuro (se non o sodes xa).
Deséxovos toda a sorte do mundo lembrándovos que a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa. A  vosa vida ven de empezar, intentade ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e loitade polo que credes xusto. Tamén quería lembrarvos nesta época de tecnoloxía infinita que as cousas importantes da vida fanse cara a cara, con alguen fronte a nós ou ao noso carón.
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos…. SEMPRE EN ATIOS!

NOTAS 3ª AVALIACIÓN E FINAL 3º e 4º ESO

Déixovos(un pouco tarde) os enlaces ás notas da terceira avaliación  e da avaliación final de 3º e 4º de ESO. Aínda podedes reclamar o luns 27 e o martes 28 de xuño.

FOTOS E MEMORIA ACAMPADA


A actividade desenvolveuse de forma satisfactoria e o alumnado portouse de xeito correcto. A única pega foi a cimatoloxía porque choveunos os dous días. Espero que o pasarades ben. As fotos xa están subidas á páxina web do cole ou accedendo dende a foto da actividade no menú da dereita. Faltan as fotos que sacou Mariló coa súa cámara, cando as teña as subiremos tamén. Bo verán a tod@s.

15 de xuño de 2016

ACTIVIDADES E MATERIAL ACAMPADA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO
09:45   Saída de Valdoviño
11:00   Chegada ó Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:30   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
16:00   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:30   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ó Cámping
21:00   Cea
2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ó cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
17:00 ou 20:00  Regreso a Valdoviño          
18:00 ou 21:00  Chegada a Valdoviño
  
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA / - SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns de algodón / Calzado de reposto / Toalla de ducha  e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida,…
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna

AUTORIZACIÓNS RAFTING

O departamento de Educación Física do CPI Atios organiza unha saída o mércores día 29 de Xuño cos alumnos de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball,  esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.
O rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.
A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
·        A saída será do Josvy  ás 9:35 h. do día 29 de Xuño.
·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos nalgunha área recreativa pretodo río Ulla.
·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.
·        A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.
·        O prezo é entre 55-60 euros, esto inclúe a actividade de rafting, de paintball e o bus. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 25 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.
·        É obrigatorio saber nadar.
·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.

·        A data límite para entregar  as autorizacións é o xoves 16 de xuño. 

7 de xuño de 2016

SUSPENSIÓN DA ACAMPADA PARA 1º ESO

Debido á reducida capacidade do cámping Fragadeume en Queixeiro á hora das comidas e vista a avalancha de autorizacións que entregou o alumnado, sobre todo de 1º de ESO, vémonos na obriga de suspender a actividade para 1º de ESO neste curso 15-16.

A día de hoxe. 06 de xuño temos 60 autorizacións para asistir á acampada, a cafetería do cámping non ten capacidade para acollernos (caberían arredor de 45 persoas), tampouco teñen a infraestructura  para cociñar para 64 persoas, ademais tamén habería o problema de ter que levar dous buses. A verdade é que contabamos como máximo con 45-50, pero non con isto. Como responsable da actividade lamento profundamente ter que tomar esta decisión, máxime despois de ver a todo@s tan ilusionados, pero non hai outra alternativa. Teñen o meu compromiso persoal de intentar levalos a finais de setembro se o curso está xa medianamente organizado. Pídolles desculpas a todos: alumnado e familias, por non ter previsto que podía darse esta situación.

Se algún pai ou nai precisa dalgunha explicación máis pode poñerse en contacto con nós.

2 de xuño de 2016

AUTORIZACIÓNS ACAMPADA

O departamento de EF está a organizar unha acampada de dous días dirixida ó alumnado de 1º e 2º de ESO. Dado que outros cursos e noutras actividades o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para ir á actividade é o compromiso de asistir.
A actividade realizaríase os días 17 e 18 de xuño (venres e sábado) e tería lugar no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo estaría entre os 50-70 euros. Este curso a actividade estará aberta ó alumnado de 1º e 2º de ESO e será preciso un mínimo de 20 alumnos para levar a cabo a actividade. O prazo para entregar a autorización é ata o venres 03 de xuño. O prezo da actividade incluiría: Ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, transporte en bus ó cámping e ás actividades.

FOTOS SURF 15-16

Xa están subidas á páxina as fotos da actividade de surf tanto de Primaria coma as de ESO. Podedes velas na páxina web ou a través do enlace na foto de actividade no menú da esquerda. Son un montón....