26 de abril de 2016

AUTORIZACIÓNS SURF 15-16

O Departamento de Educación Física vai organizar para 2º de ESOactividade de surf os días 23 e 24 de maio  de 09:35 a 13:30. A actividade de surf durará de 10 a 13 horas. 
O prezo da actividade é de aproximadamente 35-45 euros para pagar a actividade e o bus dos dous días. O prezo está calculado para unha ratio de alumnado de entre 15 a 45 participantes. Unha vez recontadas as autorizacións e coñecendo o número exacto informarase do prezo definitivo. A actividade inclúe o transporte ata a praia de Pantín e a realización da actividade en sí. Irán acompañados de profesores do centro e a actividade estará supervisada por monitores especializados en surf.
Os rapaces deberán levar unha mochila coas súas cousas:  bañador, toalla, chanclas e protector. 
 A data límite para entregar a autorización é o 06 de maio.

24 de abril de 2016

UNIDADES TERCEIRA AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

As unidades que xa estamos a ver nesta 3ª avaliación en ESO son as seguintes:

3º ESO
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
UD 6. Bailes de salón 2: vals vienés, merengue
UD 7. Actividades na natureza 3: orientación
UD 8. Expresión corporal 3

4º ESO
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
UD 4. Béisbol
UD 6. O ritmo: ximnasia rítmica
UD 8. Actividades na natureza 4: Escalada

20 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO

Os días 20, 21 e 22 de abril celebraremos no CPI Atios o día do libro. Hoxe haberá unha charla ás 12:30 h do escritor Mario Caneiro para toda a ESO no comedor e os de Primaria farán unha lectura do Quixote na cafetería. Mañá tocaralle o turno da lectura a 1º e 2º de ESO e o venres a 3º e 4º de ESO.

16 de abril de 2016

XORNADAS VOLEI II

O xoves 14 e o venres 15 de abril voltaron con nós  os membros do equipo de voleibol Aldebarán de San Sadurniño. Esta vez estiveron co alumnado de 3º e 4º de ESO repasando os conceptos de voleibol e aportando o seu gran de area para apoiar este deporte minoritario. Agradecer a Manolo Seco a súa iniciativa que dende o centro aceptamos encantados e aos xogadores do clube que aportaron toda a súa experiencia; e como non a vós e ao voso excelente comportamento durante estas xornadas. Xa sabedes, a practicar!!!!!

12 de abril de 2016

FOTOS CAMIÑO SANTIAGO


Xa tedes subidas á páxina web do cole as fotos qu temos do Camiño. Creo que perdín algunha ao copiar e pegar. A valoración desta actividade foi moi satisfactoria, o comportamento do alumnado foi excepcional e non houbo que sinalar incidencias salvo as usuais das caminatas, o trato nos albergues foi excelente.O único inconconvinte foi a choiva que nos acompañou ininterrumpidamente durante os dous primeiros días.


2 de abril de 2016

SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO

Xa queda menos, mañá ás 09:00 da mañá saímos  hacia As Maroñas para facer as tres etapas do Camiño que nos conducirán a Fisterra. Espero que todos levedes o chubasqueiro porque o tempo como xa sabedes non vai acompañar.
Descansade moito a ánimo nesta aventura.

FOTOS VII TORNEO XADREZ

Esquecera subir as fotos do VII Torneo de Xadrez, xa  as tedes subidas na páxina do cole ou pinchando na foto da dereita. Pedir desculpas aos participantes dos grupos Anand e Carlsen que non pasastes de ronda porque non tiven tempo de pasar a sacarvos fotos. Ata outra.
https://photos.app.goo.gl/QNyS8qinXbmnvVSR6

SEMPRE CON NÓS


Sempre é difícil e duro saber que alguén nos abandona para sempre. Cando esa persona foi un alumno teu o golpe é todavía máis grande. Víctor desbordaba simpatía, sempre de broma (a veces se pasaba de inoportuno) sempre optimista e mirando hacia diante. Non sei que dicirvos para mitigar esa dor e esa rabia que sentides (sentimos), quizáis o único que pode consolarnos é saber que Víctor querería que seguísemos a nosa vida e que disfrutaramos dela como él intentou vivir a súa, cun sorriso e sempre hacia adiante. Non te esqueceremos.