26 de maio de 2009

EXAMES TEÓRICOS 3º ESO

As datas dos exames da 3ª avaliación de 3º de ESO son as seguintes:
1 de xuño: 3º ESO A
2 de xuño: 3º ESO B

20 de maio de 2009

CAMIÑO SANTIAGO.¿CANTO FALTA?


O luns 18 e o martes 19 de maio estivemos facendo o Camiño de Santiago. As etapas que tiñamos que facer eran as seguintes: Sarria-Portomarín e Portomarín-Palas. Foron 11 os valentes de 4º de ESO que nos acompañaron a Graciela e a mín nesta aventura. A pesar de que a frase máis repetida foi a de CANTO FALTA? espero que a experiencia fose gratificante para a maioría de vós. O Camiño é unha experiencia de introspección e superación personal pero tamén de relación e comunicación cos demais e co entorno. Grazas a todos pola vosa participación e sobre todo polo voso esforzo. O resto de fotos as podedes ver na galería de imaxes da páxina web.

8 de maio de 2009

TRABALLOS. 3ª AVALIACIÓN.

Lembrar a todo o alumnado de 3º e 4º de ESO que a data límite para entregar os traballos da terceira avaliación é o venres día 29 de maio. Non agardedes ata o derradeiro día.

7 de maio de 2009

BAILES DE SALÓN. 3º ESO.


Acabamos a unidade de bailes de salón. Aprendimos a bailar algúns pasos de catro bailes: cha-cha-cha, pasodobre, vals vienés e merengue. Creo que foi unha unidade en que todos o pasamos ben ademais de aprender. O ritmo de aprendizaxe foi algo rápido por ter pouco tempo para as unidades que nos faltan. Parabéns a todos polo traballo realizado. A vindeira unidade didáctica será a de expresión corporal, a representación.

5 de maio de 2009

GÚSTANOS O RUGBI



Os meus marabillosos alumnos e alumnas de 4º de ESO están disfrutando estes días do bo tempo e dun deporte novo e diferente: O RUGBI. Está encadrado dentro da programación na unidade 6: actividades deportivo-recreativas. Espero que acabedes por collerlle gusto a este deporte tan fácil coma descoñecido.