28 de xuño de 2017

SAÍDA RAFTING

Lembrarvos que mañá 29 de xuño temos a saída de rafting para 3º e 4º de ESO. A saída é ás 09:00 dende a explanada que hai diante do Josby. O material que precisades é bañador, toalla, tenis para mollar, unha camiseta para cambiarse despois do paitball... e a comida. As previsións apuntan a que vai facer mal tempo polo que levade algún chubasqueiro. Vémonos mañá, sede puntuais.

ADEUS A OUTRA XERACIÓN. 4º ESO.

E chega a hora de ver marchar outra xeración. O curso acaba e os de 4º de ESO empezades a voar sós. Os vosos camiños empezan a separarse agora e pouco a pouco iredes recorrendo esa gran senda chea de contrastes que é a vida: dura e maravillosa á vez. Só vos quero dicir que SEMPRE creades nas vosas posibilidades e nos vosos soños, a pesar do que vos dicía tan a miúdo eu e os demais profes tamén cremos que seredes unhas grandes persoas no futuro (se non o sodes xa).
Deséxovos toda a sorte do mundo lembrándovos que a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa. A  vosa vida ven de empezar, intentade ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e loitade polo que credes xusto. Tamén quería lembrarvos nesta época de tecnoloxía infinita que as cousas importantes da vida fanse cara a cara, con alguen fronte a nós ou ao noso carón.
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos…. SEMPRE EN ATIOS!


19 de xuño de 2017

FOTOS E MEMORIA ACAMPADA 16-17

A actividade desenvolveuse de forma totalmente  satisfactoria e o alumnado portouse de xeito extraordinario. O bo tempo e a calor acompañounos durante toda a acampada . Espero que o pasarades ben a pesar de non ter a piscina en condicións. As fotos xa están subidas ao blogue. Podedes acceder a elas dende a foto da actividade no menú da dereita. Grazas polo voso comportamento e actitude, e tamén polo voso esforzo tanto na ruta en kaiak coma na andaina a pé. Noraboa a tod@s.

15 de xuño de 2017

AUTORIZACIÓN RAFTING

departamento de Educación Física do CPI Atios organiza unha saída o xoves día 29 de Xuño cos alumnos de 3º e 4º de ESO para realizar unha actividade de rafting e paintball,  esta actividade entra dentro do bloque de contidos de Actividades na Natureza da programación anual.
rafting  consiste en baixar en grupos e dentro dunha balsa neumática o curso dun río, o monitor actúa como timonel mentres os demais controlan a embarcación cos remos.
A actividade realizase equipados cun traxe de neopreno, chaleco salvavidas, casco  e sempre estaremos acompañados de dous - tres monitores da empresa TURNAUGA.
·        O rafting faríase no río Ulla preto de Padrón e o paintball en Caldas de Reis.
·        A saída será do Josby  ás 9:00 h. do día 29 de Xuño.
·        Os alumnos levarán a comida, xantaremos na área recreativa  A Barosa preto do río Ulla.
·        A chegada será sobre ás 20:00 ou 21:00 horas dependendo do tempo que leve a actividade.
·        A empresa Turnauga proporciona o material: traxe de neopreno e chalecos e contrata un seguro de responsabilidade civil por cada participante, polo que é necesario que me comuniquen antes o DNI.
·        O prezo é entre 55-60 euros, esto inclúe a actividade de rafting, de paintball e o bus. Este prezo é orientativo para un número aproximado de 25 alumnos, en función dos alumnos que vaian podería modificarse.
·        É obrigatorio saber nadar.
·        MATERIAL: Cada participante debe levar un calzado deportivo que se poida mollar e traxe de baño posto. Deben levar tamén toalla e roupa interior de reposto. Despois cada un que leve a roupa que considere oportuno.
·        Profesores acompañantes: Juan Luis Allegue.
·        A data límite para entregar  as autorizacións é o xoves 15 de xuño. 

13 de xuño de 2017

NOTAS FINAIS 3º e 4º ESO

Aquí tedes aos enlaces das notas finales (aproximadamente a media das tres avaliacións) de 3º e 4º de ESO. Lembrade que os que tedes 3 avaliacións suspensas ides directamente a setembro. Tamén tede en conta que estas notas son provisionais. Aínda quedan dúas semanas de clase.

NOTAS 3ª AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

Ola a tod@s, Déixovos os enlaces para que poidades mirar, comparar, criticar... as notas da 3º avaliación. Axiña colocarei tamén as das finais agás as de 3º ESO B porque moitos teñen que facer unha pequena recuperación.

12 de xuño de 2017

CAMPEONATO ESPAÑA CADETE TIRO CON ARCO

Facémonos eco do Campeonato de España de cadetes e menores de 14 anos que se celebrará en Valdoviño o 22 e 23 de xullo.

5 de xuño de 2017

FOTOS SURF EP

Xa están á vosa disposición as fotos de surf do alumnado de 4º de EP no seguinte enlace: https://photos.google.com/share/AF1QipONH0fEDZs6hkAre_KTdWttQfa4kwV_4CJ-s8UPhjzNA0kXCAMmWt9WR5a4wRaqWg?key=TXluekNIX3ZjMDJCRXVJSzRZaGVGOTRLd0U3Qy1n
Tamén podedes pinchar na imaxe de SURF EP do menu da dereita no blogue. Esperamos que vos gusten. Son un montón....

4 de xuño de 2017

ACTIVIDADES E MATERIAL ACAMPADA

PROGRAMA DE ACTIVIDADES / CARACTERÍSTICAS:
1º día: CÁMPING - PIRAGÜISMO
09:45   Saída de Valdoviño
11:00   Chegada ó Cámping Fragadeume (Queixeiro)
11:30   Montaxe tendas / Colocación cousas / Normas cámping e actividades
14:00   Xantar no cámping
15:30   Saída hacia As  Eiras (Clube Deportivo Fragas do Eume)
16:00   Piragüismo no Encoro do Eume
19:30   Regreso ao Cámping
21:00   Cea
2º día:  CÁMPING - SENDEIRISMO NAS FRAGAS
08:00   Levantarse
08:30   Almorzo
09:00   Rota de sendeirismo polas Fragas do Eume (14 -16 Km)
13:00   Chegada a Caaveiro, volta ao cámping en bus
14:00   Xantar
16:30   Recollida tendas
17:00 ou 20:00  Regreso a Valdoviño          
18:00 ou 21:00  Chegada a Valdoviño
  
MATERIAL RECOMENDADO:
- TENDA DE CAMPAÑA / - SACO DE DURMIR / - ESTERILLA
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns de algodón / Calzado de reposto / Toalla de ducha  e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida,…
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna