16 de outubro de 2015

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.
Dado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (13-17) e tería lugar na estación de Astún ou Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe), de non haber neve nesas datas tamén barallamos a opción no mês de xaneiro (10-14). O prezo rondaría os 375 euros (de ser 30 alumnos) ou 330 euros (de ser 50 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o mércores 28 de outubro.  En caso de non haber alumnado suficiente poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou San Isidro.

14 de outubro de 2015

NATE DAVIS


O venres 09 de outubro no CPI de Atios acompañounos nun documental - coloquio o ex-xogador de baloncesto Nate Davis. Un extraordinario xogador e mellor persona que xogou moitos anos en Ferrol e que marcou un inicio no baloncesto moderno polas súas espectaculares xogadas. Grazas Nate por acompañarnos durante unhas horas. Pódedes ver un pequeno vídeo neste enlace:
https://www.youtube.com/attribution_link?a=D5zGhuRMFIs&u=%2Fwatch%3Fv%3D-eZTlrA9yAY%26feature%3Dshare

7 de outubro de 2015

FOTOS SEMANA VELA

Xa tedes subidas na páxina web do centro no apartado Galería nova as fotos da actividade de vela deste curso, tocoulles este ano ao alumnado de 5º de EP, 1º de ESO e 4º de ESO. Agradecer tamén a súa colaboración a tódolos profes que asistiron á actividade: Rosa, Julia e Agustín de Educación Primaria e a Mariló e Andrés de Educación Secundaria; sobre todo a Agustín e Mariló por embarcarse na aventura nada máis aterrar no centro e sen coñecer case ao alumnado. E como non agradecer tamén aos monitores e en especial a César a súa adicación e entrega a este deporte da vela, e animarvos a todos a acudir algún fin de semana ou no verán ao Clube Náutico a seguir practicando estas actividades.

1 de outubro de 2015

NORMAS MATERIAL LECER ESO

NORMAS MATERIAL LECER ESO
1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl pechado na entrada do patio da cafetería.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS. O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado para que abra.
3. O BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que quede aberto e collan o material alumnos de Infantil, Primaria, do comedor ou extraescolares como pasou outros cursos.
4. Cando soe o timbre de entrada do recreo  todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar o baúl a tempo para ir a clase. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.
5. O alumnado de ESO encargado de abrir e pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl quedará pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se compromete a acatar as directrices dos encargados. Os  encargados son:
1º ESO – Aarón Rey
2º ESO – Ángel Sanjurjo
3º ESO – Iria Alonso
4º ESO – Iván Luaces
6. As mesas de ping-pong colocaranse unha no patio da cafetería e outra no patio cuberto, na do patio cuberto só poderedes xogar a semana que vos toca a clase de EF fóra, porque na outra semana estarán dando clase de EF os de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE.
7. O xoves pola tarde poderedes  entrar a no ximnasio cumprindo as seguintes normas:
·        Só poden estar no ximnasio os que van xogar.
·        Non está permitido comer nin beber no ximnasio, agás auga.
·        Non se pode estar subido ás colchonetas nin xogando nelas.
·        Os vestiarios usaranse de xeito que queden nas mesmas condicións que cando entrastes.
·        Os encargados de abrir e pechar o ximnasio e de que se cumpran estas normas serán Adrián García Aneiros de 3º de ESO e Adrián Collado de 4º de ESO. Ante calqueira incidencia deberán informar ao xefe de departamento de EF.
8. Todos debedes colaborar no coidado do material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e facer un bo uso do mesmo.
9. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL, AS MESAS DE PING-PONG E O ACCESO AO XIMNASIO OS XOVES POLA TARDE.
10. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES .