20 de novembro de 2017

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Nesta primeira avaliación rematamos de traballar co alumnado da ESO as unidades de condición física e saúde. Sabedes que tódolos anos facemos unha serie de probas por cursos para avaliar as distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e supoño que a semana que ven estará actualizado para tódolos cursos da ESO no taboleiro do ximnasio. 
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba por unha simple cuestión estadística pois xa levamos catorce anos con este histórico. Sen embargo este curso entraron doce novos rexistros neste histórico. Noraboa a tod@s.  

10 de novembro de 2017

MAGOSTO E SAMAÍN

Mañá venres, día 10 de novembro celebraremos no CPI de Atios o MAGOSTO e o SAMAÍN. Coma tódolos anos haberá o concurso de cabazas e centros de outono. Os de EP participarán nunha xincana de probas relacionadas co Samaín  e os da ESO terán a oportunidade de estar na Aula Terrorífica. Asemade como fin de festa este ano, debido á mala calidade das castañas, haberá unha chourizada acompañada de zume e auga.  Tamén haberá tempo para seguir bailando os peóns. Esperamos que disfrutedes do día.

4 de novembro de 2017

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

As datas dos exames teóricos para os distintos grupos da ESO serán as seguintes:

1º ESO A: 30 de novembro (Temas 1,2,3 e 4)
1º ESO B: 28 de novembro (Temas 1,2,3 e 4)
2º ESO A: 27 de novembro (Temas 1,2 e 3)
2º ESO B: 29 de novembro (Temas 1,2 e 3)
3º ESO A: 24 de novembro (Temas 1,2,3 e 6)
3º ESO B-C: 30 de novembro (Temas 1,2,3 e 6)
4º ESO A: 28 de novembro (Temas 1,2,3,4 e 7)
4º ESO B: 29 de novembro (Temas 1,2,3,4 e 7)

2 de novembro de 2017

30.000 VISITAS!!!!!

Hoxe alcanzamos entre todo@s as 30.000 visitas, un número redondo que vai medrando pouco a pouco gracias aos que nos seguides, e que de vez en cando ides entrando neste blogue do departamento de Educación Física do CPI Atios. Cantos alumn@s teño xa visto pasar por este cole, agradecervos as vosas visitas, sen vós estar aquí non sería posible.

GRACIAS