22 de xuño de 2013

DIEGO

Vaise Diego, sí, volve a esa Asturias que tanto lle gusta despois de estar tres anos con nós, un espíritu inquedo que busca o seu lugar no mundo. ÍMOLO BOTAR DE MENOS. Dende que chegou sempre estivo implicado co proxecto do centro e sempre colaborou en todo o que se lle propuxo. Persoalmente e coma xefe do departamento de EF dóeme intensamente a súa marcha, nunca plantexou ningún problema, sempre correcto, ordenado e traballador; sinto non terme aproveitado máis das súas capacidades. Compartimos tres anos nos que realizamos varias saídas xuntos, sobre todo na neve, quen vai facer agora as reportaxes gráficas?.
Sei que os nenos tamén te van botar moitísimo de menos, basta con ver como se comportaron no festival de fin de curso. Bueno Diego, sabes que che desexo todo o mellor, tanto a nivel profesional e sobre todo a nivel personal; xa sabes onde estamos se algún día precisas algo. SORTE DIEGO, nunca te esqueceremos.

14 de xuño de 2013

ACAMPADA 12-13

Os días 19 e 20 de xuño  o alumnado de 6º de EP e de 1º de ESO irá de acampada ás Fragas do Eume,    a actividade realizase no cámping de Queixeiro en Monfero. O prezo é de 55 euros. O prezo da actividade inclue: ruta de piragüismo no encoro do Eume, ruta de sendeirismo no parque natural das Fragas do Eume, comidas e estancia no cámping Fragadeume, transporte en bus ó cámping e ás actividades. Recomendamos levar o seguinte material: 
- TENDA DE CAMPAÑA / - SACO DE DURMIR / - ESTERILLA 
- CALZADO: Tenis cómodos e USADOS para a rota de sendeirismo, o que teña botas pódeas levar (suxeitan mellor o pé) / Chanclas para ducharse no abergue / Para o piragüismo valerían unhas chanclas, tede en conta que ese calzado vaise mollar.
- ROUPA: Roupa suficiente para dous días, roupa cómoda / Varios pares de calcetíns de algodón / Calzado de reposto / Toalla de ducha  e elementos de aseo persoal / Bañador / Chubasqueiro / Gorra ou sombreiro para protexerse do sol / Levade unha mochila pequena para levar algunha cousa o día da rota de sendeirismo: auga, chubasqueiro, algo de comida,…
- BOTIQUÍN: Tiritas, cacao, crema solar / Os alérxicos e asmáticos deben leva-los medicamentos que teñan prescrito.
- OUTROS: Lanterna.
Espero que disfrutedes o máximo posible desta derradeira actividade do curso. 


9 de xuño de 2013

NOTAS 3ª AVALIACIÓN

Ao fin dei correxido os vosos exámenes, como supoño que xa estaredes impacientes aquí quedan os enlaces para acceder ás vosas notas: