31 de marzo de 2016

DEMOSTRACIÓN VOLEIBOL CPI ATIOS

O clube voleibol ALDEBARÁN de San Sadurniño estivo esta semana con nós realizando unhas xornadas de iniciación ao voleibol con 5º e 6º de EP e 1º e 2º de ESO. Maís adiante terán tamén esta oportunidade 4º de EP e 3º e 4º de ESO. Agradecer a Manolo Seco e aos xogadores que o acompañaron que nos amosaran este deporte.

17 de marzo de 2016

RESULTADOS VII TORNEO XADREZ

Este xoves 17 de marzo celebrouse no CPI de Atios o VII Torneo de Xadrez, os partipantes foron 76 dende 3º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa participación e o voso comportamento durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE RARO que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Iván Luaces Rodríguez
2º Clasificado: Lucía García Aneiros
3º Clasificado: Andrés Vilaboy Naveiras
4º Clasificado: Anxo Sanjurjo Díaz
Mellor alumna clasificada: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de Primaria: Martín Díaz Fernández
Mellor clasificado de 3º de EP: Irene Rodríguez Martín
Mellor clasificado de 4º de EP: Gabriel Casal Veiga
Mellor clasificado de 5º de EP: Martín Díaz Fernández
Mellor clasificado de 6º de EP: David Bacorelle Veiga
Mellor clasificado de 1º de ESO: Lucía García Aneiros
Mellor clasificado de 2º de ESO: Adrián Méndez García

Deixovos un enlace coas clasificacións finais dos dous grupos Carlsen e Anand da 1º Fase e a clasificación final do grupo Smyslow . Se alguén ten interes en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.


Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar e axudarme na recollida de todo. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.



14 de marzo de 2016

FOTOS TIRO CON ARCO 15-16

Xa están subidas á páxina web do cole as fotos da actividade de tiro con arco que está a realizar o alumnado de 6º de EP coa colaboración de Pepe e Anxo do Clube Arco Narón. Tamén podedes acceder pinchando na imaxe do menú da esquerda.

13 de marzo de 2016

NOTAS 2ª AVALIACIÓN 3º E 4º ESO

Ola a todos. Déixovos ao alumnado de 3º e 4º de ESO os enlaces ás notas desta segunda avaliación para que as miredes con tranquilidade durante estes días se entrades no blogue. Calqueira erro que vexades mo comentades. Un saúdo.

12 de marzo de 2016

I SEMANA XADREZ

Coincidindo coa celebración o día 17 de marzo do noso VII Torneo de Xadrez durante toda a semana do 14 ao 18 de marzo teremos no ximnasio todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender,
Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días agás o xoves que estaremos co Torneo, ANIMÁDEVOS.

11 de marzo de 2016

SESIÓNS TIRO CON ARCO 6º EP

O alumnado de 6º de Educación Primaria está a desenrolar dende o día 01 de marzo unha unidade adicada ao tiro con arco, en concreto serán catro sesións das súas clases de Educacion Física as que experimentarán co arco e as frechas, tendo con nós estes días a Anxo Grandal e a Pepe Teijeiro do Clube Arco Narón. Esta unidade en 6º de EP contémplase como unha continuación das xornadas de iniciación feitas en cursos anteriores pero adaptada ao curriculo da nosa materia. Gracias a Pepe e Anxo pola súa labor altruista e ao alumnado que desfrute e aproveite para coñecer eses outros deportes minoritarios que non existen na televisión.

9 de marzo de 2016

NORMAS VII TORNEO XADREZ

        O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do xoves 17 de marzo no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.
         Hai 76 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo terá lugar en dúas fases de catro rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Na primeira fase clasificaranse os 15 primeiros de cada grupo para a segunda fase que constara só dun grupo de 30 xogador@s que xogará outras 4 rondas.
         O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
1ª FASE: (GRUPO ANAND / GRUPO CARLSEN)
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15
2ª FASE (FINAL – OS 15 PRIMEIROS DE CADA GRUPO)
1ª Ronda: 12:15
2ª Ronda: 12:45
3ª Ronda: 13:15
4ª Ronda: 13:45
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.

8 de marzo de 2016

CONFIRMACIÓN CAMIÑO SANTIAGO

Despois de recollidas as autorizacións temos un total de 17 alumn@s para realizar os días 03, 04 e 05 de abril o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Maroñas e Fisterra. O prezo é  de 48 € e  inclúe a viaxe e regreso en bus dende Valdoviño e a estancia nos albergues. Teremos dous coches de profesores para tratar de cubrir posibles incidencias. Irán acompañados polos profesores: Graciela Grande Veloso, Antonio Cebreiro Melero e Juan Luis Allegue Iglesias.