29 de novembro de 2013

40 ANIVERSARIO. DÍA DO NEN@. LOIRA


Este venres 29 de novembro celebramos cos veciños e veciñas de Loira o Día Internacional da Infancia. Para iso, organizaronse por quendas unha serie de xogos populares e tradicionais: buxaina, soga-tira, saltar á corda, mariola, pano, chapas, as cadeiras, carreira de sacos, relevos de culler, pes quedos, facer un barquiño cunha casca de noz e un cabaliño con cortizo e palillos. Para EI fixeronse cinco xogos adaptados as idades da etapa. 

Agradecer a colaboración do alumnado de Loira que está na ESO e que estivo nalgún dos xogos: Naiara, Paula, Marcos, Eva, Laura e Sharay, e tamén a todos os veciñ@s de Loira que axudastes. Tamén dar ás gracias a todo o alumnado que colaborou colocando e recollendo os materiais dos xogos (en especial a 3º ESO B)

Esperamos que o pasarades ben con estes xogos que a maioría de nós coñecemos pero que van caendo no esquecemento, é bo de vez en cando lembrar que existen máis cousas que o fútbol e as "maquinitas". Bo fin de semana a tod@s.

COÑECENDO O RUGBI

    Hoxe estiveron con nós no CPI de Atios dous integrantes do CLUBE RUGBI FERROL: José Manuel e Ángel. Estiveron impartindo unha sesión práctica de rugbi ó alumnado de 1º de ESO e 2º de ESO B. Agradecerlles a súa presenza e coñecementos, espero que todos pasarades un bo rato con eles e que disfrutarades deste deporte tan diferente pero tan especial que é o rugbi. Lembrarvos  tamén que este sábado de 11:00 a 13:00 horas na Malata haberá unha competición de RUGBI CINTA para todos os rapaces e rapazas que queiran acudir, estando invitados moitos centros de Ferrol e Narón . Se vos gustou a experiencia animádevos a participar. Todo o alumnado de 1º de ESO retomará o rugbi na 3ª avaliación que é cando temos programada esta unidade.


26 de novembro de 2013

SESIÓN RUGBI CLUBE RUGBI FERROL

O xoves día 28 de novembro teremos unha sesión teórico-práctica de rugbi a cargo do Clube Rugbi Ferrol. Será o xoves pola tarde para o alumnado de 1º de ESO e 2º B de ESO. En 1º de ESO temos a unidade de rugbi na 3ª avaliación así que nos servirá de toma de contacto con este deporte tan apasionante coma descoñecido para a maioría de vós. Espero que disfrutedes coa experiencia. 

23 de novembro de 2013

DATAS EXAMES ESO

A continuación están as datas dos exames teóricos para a ESO e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Lembrade que temos que realizalos un pouco antes porque se segue nevando o día 15 de decembro marcharemos a Jaca e temos que deixar postas as notas da avaliación. Sorte a todos.

1º ESO A: 03 de decembro. Temas 1, 2, 3 e 4.
1º ESO B: 04 de decembro. Temas 1, 2 ,3 e 4.
2º ESO A: 02 de decembro. Temas 1, 2, e 4.
2º ESO B: 02 de decembro. Temas 1, 2 e 4.
3º ESO A: 02 de decembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
3º ESO B: 04 de decembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
4º ESO A: 03 de decembro. Temas 1, 2, 3, 4 e 7.
4º ESO B: 03 de decembro. Temas 1, 2, 3, 4 e 7.

22 de novembro de 2013

CONTIDOS ESO 1ª AVALIACIÓN

As unidades que estamos a ver durante esta 1ª avaliación en secundaria son as seguintes por cursos:

1º ESO:
UD 1.Xogos de presentación e dinámica de grupos
UD 2. Condición física e saúde 1
UD 3. Habilidades ximnásticas 1

2º ESO
UD 1. Condición física e saúde 2
UD 2. Habilidades ximnásticas 2

3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2 (saltos e lanzamentos)

4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 4
UD 3. Baloncesto

12 de novembro de 2013

VÍDEO SEMANA VELA

César enviounos un pequeno vídeo da actividade de vela que está subido no canal do cole ATIOS TV, anímovos a velo, é bastante curioso. Tamén hai algunha foto do alumnado de 5º de EP.


http://www.youtube.com/watch?v=4waOG1yoFN0