25 de novembro de 2010

ATLETISMO. 3º ESO

En 3º de ESO seguimos a traballar a unidade de Atletismo coas seguintes sesións:
Sesión 1: Técnica de carreira
Sesión 2: Marcha
Sesión 3: Saídas e relevos
Sesión 4: Vallas
Sesión 5: Salto de lonxitude
Sesión 6: Triple salto
Sesión 7-8: Salto de altura

NOVO PROFESORADO. PROFESORADO EN PRÁCTICAS

Dolores Freire Villar, Diego Bouza Padín e José Antonio Campos Santos viñeron este curso a engrosar a lista do profesorado de Educación Física que pasou polo cole. Desexámoslles unha boa estancia entre nós e que se atopen a gusto no seu novo destino.
Este ano tamén continúa a facer as prácticas con nós Jon López, ex-alumno do centro que está a facer a especialidade de Maxisterio en Educación Física, este curso o seu titor de prácticas será Diego Bouza Padín.

EXAMES TEÓRICOS

As datas dos exames teóricos para os diferentes grupos da ESO son as seguintes:
1º ESO A: 01 de decembro
1º ESO B: 01 de decembro
2º ESO A: 02 de decembro
2º ESO B: 03 de decembro
3º ESO A-B: 02 de decembro
4º ESO A: 30 de novembro
4º ESO B-C: 03 de decembro

17 de novembro de 2010

ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS 1º e 2º ESO


Empezamos estes días coa unidade de actividades ximnásticas tanto en 1º coma en 2º de ESO, traballaremos volteos adiante e atrás, saltos co minitramp, equilibrios e equilibrios invertidos... Espero que o pasedes ben con esta nova unidade.

12 de novembro de 2010

TRABALLOS EF

A data límite para entregar os traballos da primeira avaliación é o 1 de decembro. Non agardedes ata o último día que xa sabedes o que pasa.