18 de setembro de 2012

INICIO CURSO 12-13

Aquí estamos un curso máis, malia os recortes que se veñen producindo no ensino público e a continua e agresiva campaña contra nós, "os profes" non nos imos rendir. Seguiremos a traballar para vós, seguiremos a facer actividades extraescolares, tentaremos ofrecervos a mellor calidade de ensino cos medios que teñamos, vós sodes o futuro, non deixedes que o ensino retroceda a niveis do século pasado. Sorte neste novo curso que comeza. Sabedes que estamos aquí para o que precisedes.