21 de decembro de 2010

BO NADAL

Acaba o primeiro trimestre e só me queda desexarvos a todos un bo Nadal e unha boa entrada no ano 2011. Volvede con ganas de traballar.

RESULTADOS II TORNEO XADREZ






No torneo de xadrez estén foron os catro primeiros nas dúas categorías: profesorado e alumnado.
ALUMNADO
1º David Casariego Pita
2º Jorge Vázquez Pérez
3º Cristian López Castro
4º Marcos Lorenzo Gutiérrez

PROFESORADO
1º Iván Hinojo Sánchez
2º Juan Luis Allegue Iglesias
3º Ana Ramos Montero
4º José Ramón Leiva Arrojo

20 de decembro de 2010

RESULTADOS AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria realizada os días 14 e 15 de decembro foron os seguintes:

1º ESO A: 14 alumnos 10 aprobados 4 suspensos 71 % aprobados

1º ESO B: 15 alumnos 15 aprobados 0 suspensos 100 % aprobados

TOTAL 1º 29 alumnos 25 aprobados 4 suspensos 86 % aprobados

2º ESO A: 18 alumnos 14 aprobados 4 suspensos 78 % aprobados

2º ESO B: 17 alumnos 14 aprobados 3 suspensos 82 % aprobados

TOTAL 2º 35 alumnos 28 aprobados 7 suspensos 80 % aprobados

3º ESO A: 28 alumnos 24 aprobados 4 suspensos 86% aprobados

TOTAL 3º 28 alumnos 24 aprobados 4 suspensos 86% aprobados

4º ESO A: 12 alumnos 12 aprobados 0 suspensos 100% aprobados

4º ESO B: 25 alumnos 21 aprobados 4 suspensos 84% aprobados

TOTAL 4º: 37 alumnos 33 aprobados 4 suspensos 89% aprobados

TOTAL 129 alumnos 110 aprobados 19 suspensos 85 % aprobados

RESULTADOS CAMPIONATO FÚTBOL SALA

Despois de dez anos sen perder un partido "OS PROFES" perderon unha final que poderían ter gañado; en fin estes son os resultados dos partidos:

MAGIC PETOUTOS - MANGARRAÑAS (4-1)
OS MAZAROCOS - PROFES (0-3)
TODO X METELA - P. N. PELOTAS (3-0)
XOGA BONITO - COLCHONEROS (0-1)

SEMIFINAIS
MAGIC PETOUTOS - PROFES (0-2)
TODO X METELA - COLCHONEROS (1-0)

FINAL
PROFES - TODO X METELA (0-1)

17 de decembro de 2010

SEMANA NEVE. LEITARIEGOS

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 29 alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO para dita actividade. Este ano a actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de xaneiro (esquiando os días 19, 20 e 21) na estación de Leitariegos en Villablino, León (preto de Ponferrada). En caso de non haber neve a viaxe podería pospoñerse a outras datas.


O prezo por persona será de 255 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de querer facer snow o suplemento é de 22 euros. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a León / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 3 noites no albergue en réxime de pensión completa (xantar de picnic na estación) / 3 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares, grosos, de algodón), roupa de abrigo, DNI


Na primeira semana despois das vacacións de Nadal teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.

II TORNEO XADREZ DE NADAL

O martes 21 de decembro celebraremos no CPI Atios o II Torneo de Xadrez de Nadal. Este ano están anotados 34 alumn@s e 6 profesores, superando a participación do ano pasado. Este ano xogaremos durante toda a mañá partidas por eliminatorias ata chegar á gran final.

CAMPIONATO FÚTBOL SALA

O venres 17 de decembro entre as 13:00 e as 15:05 celebrarase unn campionato de fútbol sala organizado polo alumnado de 4º de ESO. Non haberá clase a partir desa hora.

HORARIOS APROXIMADOS DOS PARTIDOS

13:00 Entrada ó ximnasio

13:10-13:20 MAGIC PETOUTOS – MANGARRAÑAS (A)

13:20-13:30 OS MAZAROCOS – PROFES (B)

13:30-13:40 TODO x METELA – POLAS NOSAS PELOTAS (C)

13:40-13:50 XOGA BONITO 2010– OS COLCHONEROS (D)

13:55-14:05 Gañador A – Gañador B

14:10-14:20 Gañador C – Gañador D

14:25-14:40 Gañador A-B / Gañador C-D

15:05 Saída

25 de novembro de 2010

ATLETISMO. 3º ESO

En 3º de ESO seguimos a traballar a unidade de Atletismo coas seguintes sesións:
Sesión 1: Técnica de carreira
Sesión 2: Marcha
Sesión 3: Saídas e relevos
Sesión 4: Vallas
Sesión 5: Salto de lonxitude
Sesión 6: Triple salto
Sesión 7-8: Salto de altura

NOVO PROFESORADO. PROFESORADO EN PRÁCTICAS

Dolores Freire Villar, Diego Bouza Padín e José Antonio Campos Santos viñeron este curso a engrosar a lista do profesorado de Educación Física que pasou polo cole. Desexámoslles unha boa estancia entre nós e que se atopen a gusto no seu novo destino.
Este ano tamén continúa a facer as prácticas con nós Jon López, ex-alumno do centro que está a facer a especialidade de Maxisterio en Educación Física, este curso o seu titor de prácticas será Diego Bouza Padín.

EXAMES TEÓRICOS

As datas dos exames teóricos para os diferentes grupos da ESO son as seguintes:
1º ESO A: 01 de decembro
1º ESO B: 01 de decembro
2º ESO A: 02 de decembro
2º ESO B: 03 de decembro
3º ESO A-B: 02 de decembro
4º ESO A: 30 de novembro
4º ESO B-C: 03 de decembro

17 de novembro de 2010

ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS 1º e 2º ESO


Empezamos estes días coa unidade de actividades ximnásticas tanto en 1º coma en 2º de ESO, traballaremos volteos adiante e atrás, saltos co minitramp, equilibrios e equilibrios invertidos... Espero que o pasedes ben con esta nova unidade.

12 de novembro de 2010

TRABALLOS EF

A data límite para entregar os traballos da primeira avaliación é o 1 de decembro. Non agardedes ata o último día que xa sabedes o que pasa.

29 de outubro de 2010

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

Ó longo desta semana fun repartindo as autorizacións para tratar de organizar a semana da neve, tedes ata o 22 de novembro para decidir se pasades da consola ou desa bici nova e vides esquiar con nós. Hai dúas opcións: unha semana ó Pirineo Aragonés ou tres días a San Isidro. Unha vez acabado o prazo de entrega de autorizacións decidiremos a onde imos. Ánimadevos.

PROBAS DE AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA

A semana que vén comenzaremos a realizar as probas de avaliación de condición física para poñer a nota práctica da unidade de Condición Física, espero que todos as pasedes sen problemas e que con esforzo o fagades o mellor posible. As probas que imos realizar son as seguintes:

1º ESO:
Resistencia: 2000 metros
Flexibilidade: Flexión tronco en banco
Forza tren inferior: Salto horizontal
Velocidade: 50 metros
2º ESO:
Resistencia: Test de Cooper (12´)
Flexibilidade: Flexión profunda tronco
3º ESO:
Resistencia(Potencia aeróbica): Course Navette
Flexibilidade: Flexión tronco en banco
4º ESO:
Forza tren superior: Lanzamento balón medicinal
Velocidade: 50 metros / circuito 5x10

QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO remata estes días os seus quecementos específicos do deporte que lle correspondeu a principio de curso: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala ou salto de lonxitude.

En termos xerais notouse o traballo e boa actitude da maioría. Lémbrovos que este era un traballo avaliable segundo recollen os criterios de avaliación de Educación Física do centro.

QUENTAMENTO XERAL

O alumnado de 1º de ESO está a rematar a realización teórica e práctica dun quecemento xeral por grupos.
Lembrade a definición, as fases, os obxectivos e os tipos de quecemento para o exame e intentade ser un pouco máis creativos á hora de plantexar os exercicios.

14 de outubro de 2010

CONTIDOS CONDICIÓN FÍSICA

A primeira unidade desta primeira avaliación é a de condición física e saúde, nos catro cursos da ESO iremos traballando contidos relacionados coa mellora da condición física e a saúde, coñecendo todos os aspectos relacionados co quecemento e as capacidades físicas tanto básicas coma motoras.
Con dúas horas á semana xa vos teño explicado que é practicamente imposible acadar unha mellora física só coas nosas clases, sen embargo ides aprender métodos e sistemas para intentar ser autónomos neste sentido. Ó remate da unidade faremos unhas probas para avaliar a condición física de todos vós. A TRABALLAR.

15 de setembro de 2010

INICIO CURSO 2010-2011

Aquí estamos de novo. O día 17 de setembro iniciamos unha nova andaina no CPI Atios, un curso máis no que tentaremos aprender novas cousas e tamén vivir novas experiencias. Outro ano máis temos profes novos de Educación Primaria ós que iredes coñecendo pouco a pouco. Ánimo a todos e a empezar con bó pé. Un saúdo e benvidos.

30 de xuño de 2010

FIN DE CURSO

Un novo curso remata, este 09-10 volvín a impartir a Educación Física en toda a ESO, estou contento de como se desenvolveu o curso en xeral e tamén do voso traballo e o voso comportamento.
Saúdos a todos e disfrutade das vacacións. Moita sorte a todos aqueles que nos deixan e van continuar o seu camiño noutros centros.

21 de xuño de 2010

ACAMPADA 09-10

A última actividade do curso foi a acampada que fixemos no cámping Fragadeume en Queixeiro, tivemos dous accidentes reseñables que fixeron que non saíse todo o ben que quixeramos pero o importante é estar de volta todos. Espero que o ano que vén podamos realizala sen nengunha incidencia. Saúdos a Lidia e sobre toso a Samuel, desexarlles que se recuperen o máis axiña posible.

17 de xuño de 2010

SAÍDA ACAMPADA

Os días 18 e 19 de xuño o alumnado de 1º e 2º de ESO acompañados por David e eu mesmo realizarán unha acampada nas Fragas do Eume e faremos ademais unha ruta de kaiak no encoro do Eume e unha ruta de sendeirismo polas Fragas. Espero que todos o pasemos ben.

7 de xuño de 2010

RAFTING 09-10




Outro ano máis baixamos o Ulla sen incidencias, soportamos a calor, os rápidos.... e a ponte!!!, pola tarde co paintball liberamos o estrés acumulado durante o curso. Espero que o pasarades ben.

1 de xuño de 2010

SAÍDA RAFTING

O xoves día 3 de xuño imos de rafting preto de Padrón, pola tarde realizaremos unha actividade de paintball. En total 16 alumnos de 3º de ESO disfrutarán da experiencia.

ÚLTIMOS CONTIDOS DO CURSO

Estamos a finalizar o curso, estes son os últimos contidos desta avaliación
1º ESO:
Despois de rematar a unidade de expresividade, quédanos rematar a de actividades na natureza I cun pequeno rastreo aredor do centro para finalizar coa unidade de Baloncesto I.
2º ESO:
Quédanos rematar a unidade de Fútbol I, e despois a de actividades na natureza II.
3º ESO:
Remataremos axiña a unidade de Baloncesto II para acabar con Orientación I.
4º ESO:
Quédanos unha clase máis de béisbol e remataremos coa unidade de Bailes de salón IV: tango e rock

25 de maio de 2010

DATAS EXAMES

As datas dos exames da terceira avaliación son as seguintes para os grupos de ESO:

1º ESO A: 1 de Xuño
1º ESO B: 2 de Xuño
2º ESO A: 1 de Xuño
2º ESO B: 1 de Xuño
3º ESO A: 31 de Maio
3º ESO B: 31 de Maio
4º ESO A: 28 de Maio

XINCANA LETRAS GALEGAS

O xoves 20 de maio celebramos o día das Letras Galegas cunha xincana ou Gran xogo para todo o alumnado de ESO. Ninguén de vós, salvo algunha alumna de 4º de ESO, estaba en ESO cando fixemos a última xincana no 04-05. Espero que vos gustara a actividade a pesar das carreiras e do cansanzo. Un saúdo a todos.

4 de maio de 2010

ENTREGA DE TRABALLOS

A data límite para entregar os traballos desta terceira avaliación é o 28 de maio. Non agardedes ata o último día que xa sabedes o que pasa. Os de 4º de ESO lembrade que tedes que entregar tamén o traballo do Camiño de Santiago todos aqueles que non realizastes a actividade.

28 de abril de 2010

BAILES DE SALÓN. 3º ESO.


En 3º de ESO bailamos este ano o vals vienés e o merengue, un baile standard e un latino (verdade, Adrián?), en liñas xerais aprendimos rápido e ben. Estou moi satisfeito con vós. Agora acabaremos o tema de Representación para centrarnos no final de curso das unidades de Baloncesto e Orientación.

ESE DEPORTE TAN RARO. O RUGBI



Estamos estes días de sol a "aprender" a xogar ó rugbi, é un deporte diferente ó resto dos deportes colectivos polas características do seu regulamento. Espero que pouco a pouco vaiamos cambiando o chip dos outros deportes e amoldándonos a este tan divertido coma decoñecido deporte.

13 de abril de 2010

NOVAS FOTOS




Facendo balance dos 10 anos que levo no centro atopei algunhas fotos entre os anos 2001 e 2004 que non estaban na páxina por non ser dixitais (que tempos!!), escaneei esas fotos e as subimos á páxina web do centro, son as seguintes actividades: semana neve 01-02 e o3-04, camiño santiago 02-03 e 03-04 e rafting 03-04 e 04-05. Espero que aqueles ex-alumnos que participaron nelas disfruten e lembren aqueles momentos.
Tamén están xa subidas á web as fotos das actividades deste curso 09-10.

12 de abril de 2010

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria realizada os días 22 e 23 de marzo foron os seguintes:

1º ESO A: 20 alumnos 16 aprobados 4 suspensos 80% aprobados
1º ESO B: 16 alumnos 16 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 1º 36 alumnos 32 aprobados 4 suspensos 89% aprobados

2º ESO A: 14 alumnos 11 aprobados 3 suspensos 79% aprobados
2º ESO B: 18 alumnos 13 aprobados 5 suspensos 72% aprobados
TOTAL 2º 32 alumnos 24 aprobados 8 suspensos 75% aprobados

3º ESO A: 23 alumnos 17 aprobados 6 suspensos 74% aprobados
3º ESO B: 17 alumnos 17 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 3º 40 alumnos 34 aprobados 6 suspensos 85% aprobados

4º ESO A: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados
TOTAL 4º: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados

TOTAL 136 alumnos 116 aprobados 20 suspensos 85% aprobados

7 de abril de 2010

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN

Durante o principio desta avaliación veremos as seguintes unidades:
1º ESO: Actividades deportivo-recreativas I: xoquei, indiakas, palas
2º ESO: Badminton / Expresión corporal II
3º ESO: Expresión corporal III. A representación
4º ESO: Actividades deportivo-recreativas III: rugbi, béisbol, xoquei, badminton

PROFESORADO EN PRÁCTICAS

Durante os meses de febreiro e marzo estivo realizando o segundo ano de prácticas Antonio Orjales que xa case é coma do centro e este mes de abril acompáñanos no seu primeiro ano de prácticas Jon López que tamén foi alumno do centro. Os dous realizan as prácticas con Vanesa. Ánimo ós dous, a seguir traballando.

31 de marzo de 2010

CAMIÑO DE SANTIAGO 09-10


Ó final houbo 16 valentes que deron chegado a Santiago, este ano fíxose máis duro aínda polas condicións meteorolóxicas. Noraboa a todos polo voso esforzo. Espero que a pesar dos sufrimentos tiverades tempo para pasalo ben. Vémonos á volta de vacacións, descansade moito. Un saúdo.

11 de marzo de 2010

ÚLTIMOS CONTIDOS

Estamos nas últimas semanas da avaliación e estamos acabando os contidos deste trimestre. En 1º de ESO rematamos a unidade de ritmo practicando cos aros e agora remataremos o trimestre coa unidade de xogos populares. En 2º de ESO remataremos a unidade de material alternativo: malabares, frisbees, paus do diaño, zancos, platos chineses.... En 3º de ESO seguimos co voleibol, lembrade a aposta. E para finalizar en 4º de ESO acabaremos co fútbol antes de irnos facer o camiño de Santiago.

5 de marzo de 2010

BAILES DE SALÓN. 2º ESO


Vaia bailaríns, en 2º de ESO aprendimos este ano a bailar algúns pasos do chachacha e do pasodobre. Do chachacha sabemos o paso base, a diagonal, a diagonal con volta da rapaza, o new iork e o new iork con volta dos dous. Do pasodobre aprendimos o paso base, o capeo, o lateral con volta da rapaza e o lateral con apple.


3 de marzo de 2010

DATAS EXAMES ESO

As datas dos exames teóricos da segunda avaliación para os cursos de ESO son as seguintes:
1º ESO: 12 de marzo
2º ESO: 11 de marzo
3º ESO: 08 de marzo
4º ESO: 05 de marzo

ENTREGA DE TRABALLOS

A data de entrega de traballos é o 1 de marzo, os traballos da semana da neve recollereinos ata o venres día 5 de marzo.

12 de febreiro de 2010

ALIMENTACION E EXERCICIO SAUDABLE

Este venres tera lugar no comedor do CPI Atios unha charla sobre alimentacion e exercicio saudable de 12:45 a 14:35. A actividade esta dirixida ao terceiro ciclo de Educacion Primaria.

BALONMAN 4º ESO

Acabamos a unidade de balonman conseguindo saber como xogar en cada posto, eso si sen moita continuidade no xogo, sendo tantos na clase hai que repartir os equipos e non hai tanto tempo de practica. Despois do Antroido nos reencontraremos co futbol, agora que hai equipo femenino vai ser un exitazo.

VOLEIBOL 1º ESO

Rematamos en 1º de ESO a unidade de voleibol. Non ganachedes a aposta de pasar tres veces seguidas a rede dando tres toques cada vez, tranquis, en 3º de ESO teredes outra oportunidade. Na unidade seguinte nos adentraremos nos xogos populares da nosa comunidade.

9 de febreiro de 2010

BALONMAN 2º ESO

Vaia figuras! Desta clase non sae outro David Barrufet que anunciou onte que se retiraba. De todos xeitos esto foi todo o que aprendimos nestas clases que fixemos balonman. Lembrade que en 4º de ESO retomamos este deporte.

ACROXIMNASIA 09-10


Onte rematamos en 3º de ESO a unidade adicada ó acrosport ou acroximnasia facendo unha última sesión de "grandes estructuras". As fotos pronto estarán colgadas na páxina do centro, mentras tanto aquí vos deixo unha mostra. Espero que o pasarades ben e agora empezaremos co voleibol.

25 de xaneiro de 2010

SEMANA NEVE 09-10

Xa estamos de volta, despois de pasar tres días intensos na neve disfrutando con todos vos. O tempo foi moi bo, estivo cuberto pero non fixo frío. Agradecervos o voso bo comportamento durante toda a viaxe. En canto ó esquí uns aprenderon máis que outros pero o derradeiro día todos eran quen de baixar en cuña e facendo xiros a pista verde.
Desexo que todos o pasarades o mellor posible e que lembredes sempre esta experiencia.

18 de xaneiro de 2010

SEMANA NEVE 09-10

Entre os días 19 e 22 de xaneiro 12 alumnos de 1º e 2º de ESO disfrutarán do esquí na estación de San Isidro, acompañarémolos Alejandro Cadarso e máis eu. Desexamos pasalo o mellor posible e volver todos sen nengunha lesión. A todos os que quedades lembrarvos que debedes entregar os traballos que quedan para estes días.

11 de xaneiro de 2010

INICIO CLASES

Benvidos todos de novo ó centro. Hoxe retomamos as actividades lectivas despois das vacacións de Nadal. Un saúdo e ánimos a todos.