20 de abril de 2009

PROFES EN PRÁCTICAS


A semana pasada empezaron a facer no noso centro as prácticas de maxisterio en Educación Física dous ex-alumnos do centro: Rubén Hermida e Antonio Orjales. Dende aquí desexarlles unha boa estancia entre nós e que o alumnado lles permita seguir coa ilusión de ser mestres nun futuro próximo. Boa sorte.

14 de abril de 2009

TERCEIRO TRIMESTRE

Comezamos o terceiro trimestre en 3º de ESO traballando os bailes de salón: cha-cha-cha, pasodobre, vals vienés e merengue. Os de 4º de ESO están a rematar a unidade de fútbol-sala.

2 de abril de 2009

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Agora temos dende o 6 ata o 13 de abril para recargar esas pilas que tanto nos farán falta no terceiro trimestre, despois xa non quedará nada para final de curso. Descansade moito para volver o día 14 animados a rematar ben o curso. Saúdos a todos.