29 de maio de 2013

DATAS EXAMES TEÓRICOS ESO

As datas dos exames teóricos da 3ª avaliación para  a ESO quedan do seguinte xeito:
1º ESO A: 06 de xuño 
1º ESO B: 06 de xuño
2º ESO A: 05 de xuño
2º ESO B: 31 de maio
3º ESO:    31 de maio
4º ESO:    05 de xuño

Sorte a todos.

24 de maio de 2013

FOTOS E VÍDEO EXCURSIÓN A SALOU


En breve estarán as fotos da excursión de fin de curso de 4º de ESO na páxina web, ahí teredes as fotos do descenso de canóns e as que nos aportou Elisa, Andrés está facendo un vídeo que colgaremos no canal do centro en Youtube (ATIOS TV). Agradecer a Andrés e a Elisa a súa colaboración. Espero que vos gusten.

CAMIÑO DE SANTIAGO SUSPENDIDO

A actividade do Camiño de Santiago non se vai realizar finalmente  porque só tiñamos 11 alumnos anotados e algún non moi convencido. Unha pena porque o ano pasado tampouco conseguimos sacar adiante a actividade e este tramo ata chegar a Fisterra é moi bonito. A ver se o curso que ven.

9 de maio de 2013

AUTORIZACIÓNS CAMIÑO E ACAMPADA


Lembrade que tedes ata o luns día 13 para traer as autorizacións tanto para o Camiño de Santiago os de 4º de ESO como a Acampada os de 1º de ESO. Se hai máis de 15 e de 20 comezaremos a organizar as actividades..