23 de abril de 2018

AUTORIZACIÓNS CAMIÑO SANTIAGO

Os días 16 e 17 de maio realizaremos co curso de 4º de ESO o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Muxía e Fisterra. Son en total 30 km repartidos en 2 etapas: Muxía – Lires (16 Km) e Lires – Fisterra (14 Km).
O bus nos levará o mércores ata Muxía e o xoves traeranos de volta a Valdoviño.  
O prezo é aproximadamente de 48 €. O prezo  inclúe o bus e a estancia no albergue en Lires, está calculado para un número de 20 alumnos.
ENTREGAR  A AUTORIZACIÓN ANTES DO LUNS 30 DE ABRIL.

UNIDADES 3ª AVALIACIÓN ESO

As unidades que estamos a ver dende á volta de vacacións para o alumnado da ESO son as seguintes:
1º ESO
UD6: Xogos populares e alternativos 1
UD7: O rugbi
UD8: Expresión corporal 1
UD9: Actividades na natureza 1: Rastrexos, nós básicos...
2º ESO
UD6: Bailes de salón 1
UD7: Xogos populares e alternativos 2
UD8: Deportes de loita
UD9: Expresión corporal 2
UD 10: Actividades na natureza 2; sendeirismo, acampada...
3º ESO
UD5: Xogos populares e alternativos 3 (Peonzas , palas...)
UD6: Bailes de salón 2 
UD7: Actividades na natureza 3. Orientación
UD8: Expresión Corporal 3. A representación
4º ESO
UD4: Béisbol
UD7: Bailes de salón 3. Aerobic
UD8: Actividades na natureza 4. Escalada
UD6: O ritmo. Elementos de ximnasia rítmica

16 de abril de 2018

3 de abril de 2018

VOLTA ÁS AULAS


Hoxe, día 03 de abril retomamos as clases no CPI Atios de Valdoviño despois destas vacacións de Semana Santa pasadas por auga. Espero que descansarades ben para apretar un pouquiño estes tres meses que quedan para o final do curso.

Ánimo para tod@s

FOTOS TIRO CON ARCO 17-18



Xa tedes tamén subidas as fotos no blogue da unidade de Tiro con arco que tivestes os de sexto de Primaria ao final do terceiro trimestre. Podedes acceder a elas no icono de tiro con arco no menú da dereita, ou tamén clicando na propia foto.

2 de abril de 2018

FOTOS IX TORNEO XADREZ


Xa tedes á vosa disposición as fotos que se sacaron no torneo de xadrez na semana anterior á semana santa.
Podedes acceder pinchando no icono da dereita do torneo de xadrez. Espero que vos gusten.