14 de outubro de 2011

INICIACIÓN AO SURF 2011-2012


O pasado día 16 de setembro, aproveitando que se estaba a levar a cabo o campeonato do mundo de surf na praia de Pantín, o alumnado de 2º, 4º e 6º de educación primaria desprazouse ata alí para realizar un curso de iniciación ao surf. Así mesmo tamén puideron disfrutar dun obradoiro de pintado de camisetas así como de xogos no areal.
O alumnado disfrutou das ondas do mar subidos na taboa e rodeados dos mellores surfeiros do mundo. Teremos entre o noso alumnado os futuros campeóns???