23 de marzo de 2018

RESULTADOS IX TORNEO XADREZ

Este venres 23 de marzo celebrouse no CPI de Atios o IX Torneo de Xadrez, os partipantes foron 107 dende 3º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa  MASIVA participación e o voso comportamento durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. De todos xeitos na cabeza da clasificación houbo un cuádruple empate a 7 puntos que se resolveu polo desempate. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE "RARO" que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Elías González González
2º Clasificado: Cristian Díaz Gutiérrez
3º Clasificado: Nian Fernández Freire
4º Clasificado: Javier Rodríguez Vidal
Mellor alumna clasificada: Paula Vázquez Pérez
Mellor clasificado de Primaria: Miguel Graña del Solar
Mellor clasificado de 3º de EP: Duarte Pantín Carmona
Mellor clasificado de 4º de EP: Miguel Graña del Solar
Mellor clasificado de 5º de EP: Erik Prieto Rañal
Mellor clasificado de 6º de EP: Marcos Mirad Casal
Mellor clasificado de 1º de ESO: Hugo Calvo Mauriz
Mellor clasificado de 2º de ESO: Cristian Díaz Gutiérrez
Mellor clasificado de 3º de ESO: Elías González González
Mellor clasificado de 4º de ESO: Alejandro Iorio Matesanz

Deixovos un enlace coa clasificación final do torneo. Hai algunha variación respecto á que puxemos no torneo por un erro meu de anotación na sexta ronda que afecta só a dous xogadores. Se alguén ten interese en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.

Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.

19 de marzo de 2018

NORMAS IX TORNEO XADREZ

 O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do venres 23 de marzo no ximnasio. O alumnado que vaia participar debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non irá a nengunha clase ese día.

         Hai un total de 106 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo constará de oito rondas e se xogará sempre contra rivais do mesmo nivel, é dicir sempre xogaremos contra aqueles que teñan o mesmo número de victorias ou derrotas ca nós. Todo o alumnado xogará as oito rondas.

         O tempo para cada partida é limitado (30 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
        
HORARIOS DE CADA RONDA 
1ª Ronda: 09:45
2ª Ronda: 10:15
3ª Ronda: 10:45
4ª Ronda: 11:15 
11:45 – 12:15  DESCANSO 
5ª Ronda: 12:15
6ª Ronda: 12:45
7ª Ronda: 13:15
8ª Ronda: 13:45

As notas entregaranse ás 14.15 en Primaria e na última hora aos  da ESO.
Sorte a todos e grazas pola vosa participación.

SESIÓNS TIRO CON ARCO 6º EP

O alumnado de 6º de Educación Primaria está a desenrolar durante este final do 2º trimestre unha unidade adicada ao tiro con arco, en concreto serán catro sesións das súas clases de Educacion Física as que experimentarán co arco e as frechas, tendo con nós estes días a Anxo Grandal e a Pepe Teijeiro do Clube Arco A Frouxeira. Esta unidade en 6º de EP contémplase como unha continuación das xornadas de iniciación feitas en cursos anteriores pero adaptada ao curriculo da nosa materia, e que comezamos con moita aceptación o curso pasado. Gracias a Pepe e Anxo e ao seu clube Arco A Frouxeira pola súa labor altruista e ao alumnado que desfrute e aproveite para coñecer eses outros deportes minoritarios que non existen na televisión.

III SEMANA DO XADREZ

Coincidindo coa celebración o día 23 de marzo do noso IX Torneo de Xadrez durante toda a semana do 19 ao 23 de marzo teremos no ximnasio todos os xogos de xadrez colocados e esa semana as clases de Educación Física da ESO adicaranse ao xadrez. Aqueles que xa saiban xogar poderán practicar con outros compañeiros e os que aínda non saben terán a oportunidade de aprender,
Toda a comunidade educativa está invitada a xogar durante estos días agás o venres que estaremos co Torneo, ANIMÁDEVOS.

IX TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Chegou o momento que tod@s estabades agardando. O venres 23 de marzo comezaremos a edición número IX do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 e que estamos a celebrar sempre hacia as vacacións de Semana Santa. 
Nesta edición contamos con preto de 100 alumnos participantes. O alumnado vai dende 3º de EP ata 4º de ESO. Todo o alumnado xogará tódalas rondas  polo que ese día non asistirá a clase. Cada xogador xogará oito rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.

NOTAS 2ª AVALIACIÓN ESO

Xa podedes consultar (por fin) nos seguintes enlaces as notas da 2º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo.
Un saúdo a todos.