23 de febreiro de 2015

CARTAS POR SAN VALENTÍN

Con motivo da celebración do día de San Valentín fixemos no cole o día 13 de febreiro  a actividade "Teño unha carta para ti", agradecervos a todos os que me escribistes algunha carta as vosas mostras de aprezo e agarimo. Xa sabedes (sobre todo os que xa levades anos conmigo) que todo o que fago no centro é POR E PARA O ALUMNADO (material de recreo, actividades, clases, tratar de abranguer o máximo de actividades posibles aínda que a mín persoalmente non me gusten, saídas...), sei tamén que son un pouco gruñón e berrón pero xa sabedes que non se me pode tomar moi en serio. En especial agradecer a todo o alumnado de 4º a súa carta común e animalos a seguir nesa liña de comportamento e de traballo, non podo decir outra cousa diferente ao orgullo que sinto de ser o voso titor. Dicirvos a todos que para mín (aínda que a veces non o pareza) é un verdadeiro pracer poder impartir clases no CPI Atios e que o día que teña que marchar nada será o mesmo para mín porque un gran pedazo do meu corazón vai ficar aquí con vós. Xa sabedes que eu tamén vos quero. Un bico a todos.