9 de novembro de 2012

SESIÓN ALUMNADO 4º ESO

SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLOS ALUMNOS  / 4º ESO

PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial, principal e final (de estiramentos ou relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quentamento específico de forza e velocidade
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos componentes dos exercicios.

GRUPOS:
1. Lucía, David Breijo, Samuel, Jaime e Emma
2. Julián, Diego, Dani, Uxía e Martín
3. Patricia, Miguel Leal, Hugo, Jesús e Cristian
4. Xela, Lidia Pérez, Kevin López Puentes, Manuel e Marcos
5. Miguel Pena, Elisa, David Redondo, Alejandro, Marco e Rita
6. Iván, Lidia Gallego, Kevin Lpez Bouzamayor, Pablo, Cristina e María

31 de outubro de 2012

MATERIAL RECREOS

Dende o luns 29 de outubro tedes á disposición de todo o alumnado de ESO material para xogar nos recreos. Este material está ubicado nun baúl que se atopa en conserxería. Quero lembrarvos as condicións para que ese material siga ahí. No patio cuberto só podedes xogar a semana que vos toca patio en EF, o material debe quedar recollido no baúll unha vez usado. No patio só pode estar o alumnado que esté a xogar a algo, o resto deberá estar no patio da cafetería. No patio cuberto está terminantemente prohibido comer e beber (calqueira cousa), e por último procurade recollar cando toca o timbre para non chegar tarde á seguinte clase. Espero que sexades responsables e coidedes o máximo posible ese material. 

26 de outubro de 2012

ALUMNADO SEMANA NEVE


Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 71 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar dous autobuses en lugar dun. Este ano a actividade terá lugar entre os días 16 e 21 de decembro (esquiando os días 17, 18, 19 e 20) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca).

O prezo por persona será aproximadamente de 330 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de querer facer snow o suplemento é de 30 euros. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria.
A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.

17 de outubro de 2012

TRABALLO QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO

Os de 2º de ESO ides ter que realizar un pequeno quecemento específico de diferentes deportes, cada un dos grupos realizará un deporte diferente. Lembrade as partes que debería ter ese quecemento:
1. Posta en acción. Exercicios de desprazamento ou carreira suaves.
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de carreira máis intensos ou de forza
5. Exercicios de quecemento específico: propios do deporte que vaiamos a realizar despois.
6.Volta á calma.
Os grupos son os seguintes:
2º ESO A
Grupo 1. Baloncesto: Cristina, Leticia, e Adrián.
Grupo 2. Voleibol: Yahaira, Roi e Iris.
Grupo 3. Fútbol: Aarón, Ainoa e Sharay.
Grupo 4. Balonmán: Alba, Martín e Ricardo
Grupo 5. Salto de lonxitude: Lidia e Fani

2º ESO B
Grupo 1. Baloncesto: Cristina Casas, Yolanda e Paula.
Grupo 2. Voleibol: Cristina Gutiérrez, Kike e Raúl Montero.
Grupo 3. Fútbol: Raúl Nieto, Víctor e Sergio.
Grupo 4. Balonmán: Aroa e María
Grupo 5. Salto de lonxitude: Rocío e Paola

TRABALLO QUECEMENTO 1º ESO

Xa sabedes que durante este trimestre tedes que elaborar un quecemento xeral por grupos e dirixilo nunha das sesións. Lémbrovos as partes do quecemento:
1. Posta en accción: exercicios de carreira suave ou desprazamento
2. Exercicios de movilidade articular
3. Estiramentos
4. Exercicios de maior intensidade:de carreira más intensa, de forza...
5. Volta á calma
Pensade que vou avaliar este quecemento cunha nota de grupo e unha individual. Tratade de ser un pouco creativos e innovadores cos exercicios. De ter calqueira dúbida consultádemo. 
Os grupos son os seguintes:
1º ESO A
GRUPO 1. Angélica, Bruno, Adrián e Natalia
GRUPO 2. Laura, Marcos, Oscar García e Tania
GRUPO 3. Gonzalo, Marcos Guti, Sara e Lara
GRUPO 4. Iván, Esther, Óscar Montes, Adrián e Enma
GRUPO 5. Gabriela, Erika, Pablo, Jose e Jacobo
1º ESO B

GRUPO 1. Marcos Ameneiros, Roberto, Eva e David
GRUPO 2. Iria D., Cris, Elena Fdez e Laura
GRUPO 3. Miguel, Helena Gesto, Adrián Lpez e Noelia
GRUPO 4. Adrián Orjales, Natalia, Alex e Iria R.
GRUPO 5.Carla, Artai, Ángel, Andrés e Alba

15 de outubro de 2012

FOTOS CURSO 11-12

Por fin conseguín rematar. Dende hoxe tedes á vosa disposición na nova páxina web todas as fotos das actividades do curso pasado: acampada, rafting, semana neve, semana vela, torneo de xadrez e acroximnasia. Todas aquelas organizadas polo departamento de Educación Física. A mín persoalmente non me acaba de convencer o formato da galería de imaxes da nova páxina, pero de momento é o que hai.... Tamén están xa as da semana vela que fixemos a finais de setembro e principios deste mes de outubro. Quería pedirvos desculpas pola tardanza, pero xa sabedes que a veces hai outras cousas importantes que facer sobre todo a final de curso; e a verdade é que en todo o verán fun incapaz de poñerme con elas. Sorry de novo.

14 de outubro de 2012

INVENTARIO

A data de once de Outubro actualizamos por fin o inventario de material de educación física. Este ano demos de baixa moito do material que estaba repartido polas clases. Podedes consultalo se vos interesa no apartado de enlaces.

8 de outubro de 2012

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE


     O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EPDado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
     A actividade realizaríase aproximadamente no mes de decembro (16-21) e tería lugar na estación de Astún no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe). O prezo rondaría os 350 euros (de ser 25 alumnos) ou 320 euros (de ser 35 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o venres 19 de outubro.  En caso de non haber alumnado suficiente poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou San Isidro. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia á estación elexida / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión / 4 días de comidas en pistas / 4 días de remonte / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí




6 de outubro de 2012

SEMANA VELA 12-13


Dende o día 27 de setembro e ata o día 09 de outubro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 3 e 4º de ESO asistirá a un curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 6-7 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos do curso. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 27, 28 e 01 de outubro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria
- 02, 03 e 04 de outubro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria
- 05, 08 e 09 de outubro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria

18 de setembro de 2012

INICIO CURSO 12-13

Aquí estamos un curso máis, malia os recortes que se veñen producindo no ensino público e a continua e agresiva campaña contra nós, "os profes" non nos imos rendir. Seguiremos a traballar para vós, seguiremos a facer actividades extraescolares, tentaremos ofrecervos a mellor calidade de ensino cos medios que teñamos, vós sodes o futuro, non deixedes que o ensino retroceda a niveis do século pasado. Sorte neste novo curso que comeza. Sabedes que estamos aquí para o que precisedes.  

10 de xullo de 2012

FINAL DO CURSO

Rematamos o curso, este ano non actualicei o blogue tanto como tería desexado por falta de tempo pola miña parte. Espero que o entendades, a veces por cuestións persoais non chega o tempo para facer todo o que un desexa.
Espero que todos disfrutedes dun bon verán e vernos de novo o vindeiro curso. A todos os que saides do centro desexarvos moita sorte na vosa andaina polo mundo. NON NOS ESQUEZADES. 

4 de maio de 2012

VÍDEO E FOTOS SEMANA NEVE 11-12

Temos xa elaborado o vídeo da semana da neve e as fotos. Iremos pasándovos nun pincho todo para que vaiades copiando o que queirades. A disfrutar das lembranzas da neve. Agradecer a Diego a gravación e a preparación do vídeo e das fotos. Espero que estedes con ganas de voltar o ocurso que ven.

19 de abril de 2012

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN ESO

Estos son os contidos que traballaremos por cursos esta 3ª avaliación. Ánimo a todos que xa queda pouco.
1º ESO: UD 7. O rugbi / UD 8. Expresión Corporal I / UD 9. Actividades na natureza: rastrexos, orientación por indicios e nós básicos.
2º ESO: UD 10. Bailes de salón I / UD 6. Fútbol / UD 8. Actividades na natureza: sendeirismo e acampada / UD 9. Expresión corporal II- Expresividade.
3º ESO: UD 5. Xogos populares e alternativos III / UD 6. Bailes de salón II / UD 7. Orientación / UD 8. Expresión corporal III. A representación.
4º ESO: UD 6. Actividades deportivo-recreativas IV: rugbi, badminton, béisbol, rugbi e deportes de combate / UD 7. Danzas modernas.

ACROXIMNASIA 11-12




Outro curso máis coas grandes estructuras dentro desta modalidade da ximnasia chamada acrosport ou acroximnasia. Os de 3º de ESO traballaron arreo para poder sacar estas fotos.

III TORNEO XADREZ ATIOS


O 30 de marzo celebramos a terceira edición do Torneo de Xadrez. Este ano o gañador foi Samuel López Riveira que venceu na final a Jorge Váquez. Participaron un total de 36 alumnos dende 5º de Primaria ata 4º de ESO. Non houbo este ano torneo de profes por falta de participantes. GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.

16 de abril de 2012

TORNEO FÚTBOL SALA

O venres 30 de marzo celebrouse dende as 11:30 un campionato de fútbol sala organizado polo alumnado de 4º de ESO. O campeón do torneo foi o equipo PAYUCOS.
HORARIOS E RESULTADOS DOS PARTIDOS
11:15 Entrada ó ximnasio
11:30-11:50 POLAS NOSAS PELOTAS – OS CHURRASCOS   (3-3)
11:55-12:15 PAYUCOS 2012 – MIRADOR DE MONTEPINAR    (8-2)
12:20-12:40 JABATOS VALDOVIÑO – SALAMI AL ATAQUE     (7-1)
12:45-13:05 PROF@S - BOCA A BOCA                                          (3-1)

13:10-13:30 POLAS NOSAS PELOTAS – PAYUCOS                   (2-5)
13:35-13:55 JABATOS VALDOVIÑO - PROF@S                          (2-4)

14:00-14:15 PAYUCOS - PROF@S

14:45 Subida ás aulas / Entrega notas
15:05 Saída

24 de febreiro de 2012

SEMANA NEVE 11-12

O domingo 26 de febreiro saímos hacia Jaca onde pasaremos esquiando ata o venres día 2 de marzo. Lembrade que a saída é ás 07:00 da maña e que teredes que levar comida para ese día. A estación está con case todo aberto. Non esquezades nada do material que ía na circular. Un saúdo a todos. Vémonos o domingo.

14 de febreiro de 2012

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN ESO

Estas son as unidades que intentaremos impartir durante a segunda avaliación:
1º ESO
UD 4: Actividades de patín
UD 5: Balonmán
UD 6: Xogos populares e alternativos
2º ESO
UD 4: Balonmán
UD 5: Actividades deportivo - recreativas: malabares, freesbees, material alternativo e badminton
UD 10: Danzas populares: Bailes de salón II: pasodobre, chachacha
3º ESO
UD 3: Acrosport
UD 4: Voleibol
4º ESO
UD 4: Balonmán
UD 5: Fútbol