21 de xaneiro de 2015

FOTOS TIRO CON ARCO


Xa tedes á vosa disposición as fotos da actividade de tiro con arco na galería nova da páxina web do centro. Lembrade que tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade no menú da dereita do blogue. Grazas pola vosa participación. Un saúdo.

18 de xaneiro de 2015

TIRO CON ARCO

Esta semana tivemos con nós a monitores de tiro con arco do CLUBE ARCO NARÓN  para tratar de
coñecer mellor ese deporte minoritario que é o tiro con arco, o xoves 15 de xaneiro estiveron con Secundaria e o venres 16 con varios grupos de Primaria (4º, 5º e 6º). Pronto subiremos as fotos á web do centro, pero aquí tedes un anticipo. Xa sabedes tamén que a idea do clube é lograr facer unha escola municipal de tiro con arco aquí en Valdoviño. Estes dous días pasaron por esta actividade 288 rapac@s.  Espero que a escola poida empezar a funcionar. Estes días víronse maneiras de arqueiros. Un saúdo a todos e agradecer a Pepe e a Anxo a súa visita e sobre todo a Iria Grandal, a primeira arqueira galega en asistir a uns Xogos Olímpicos (Londres 2012). GRAZAS.

12 de xaneiro de 2015

II XORNADAS INICIACIÓN TIRO CON ARCO

Os días 15 e 16 de xaneiro teremos a sorte de poder realizar  de novo no noso centro unhas xornadas de iniciación ó tiro con arco co clube Arco Narón. O día 15 será para secundaria e o día 16 para 4º, 5º e 6º de Primaria en función das quendas que se expoñen ao final.
O clube Arco Narón (http://clubarconaron.blogspot.com.es) é un clube de tiro con arco de precisión fundado no ano 2001, a súa arqueira máis emblemática é Iria Grandal que foi a primeira arqueira galega  que participou nunhos Xogos Olímpicos en Londres 2012. Espero que disfrutedes coa experiencia e ao mellor hai unha pequena sorpresa.
15 DE XANEIRO / QUENDAS ESO
HORARIO
GRUPO
ESPAZO
09:35-10:25
TODA A ESO
COMEDOR
10:30-11:30
1º ESO
XIMNASIO
11:30-12:30
2º ESO
XIMNASIO
13:00-14:00
3º ESO
XIMNASIO
14:00-15:00
4º ESO
XIMNASIO
16 DE XANEIRO / QUENDAS EP
HORARIO
GRUPO
ESPAZO
09:35-10:25
4º, 5º e 6º EP
COMEDOR
10:30-11:30
4º EP
XIMNASIO
11:30-12:30
5º EP
XIMNASIO
13:00-14:00
6º EP
XIMNASIO

11 de xaneiro de 2015

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Durante esta primeira avaliación na que traballamos a condición física en todos os cursos da ESO fixemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e xa o tedes actualizado no taboleiro do ximnasio.
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba e a pesar de todo moitos de vós  entrastes este curso nese histórico. Noraboa a todos. 

10 de xaneiro de 2015

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

As unidades que imos  ver durante esta 2ª avaliación en secundaria son as seguintes por cursos:

1º ESO:
UD 4. Actividades de patín
UD 5. Balonmán
UD 6. Xogos populares e alternativos 1
2º ESO
UD 2. Atletismo 1: carreiras, valados, saídas, relevose marcha
UD 4. Fútbol
UD 5.O floorball
3º ESO
UD 3. Voleibol
UD 4. Acrosport
UD 5. Xogos populares e alternativos 3
4º ESO
UD 2. Actividades de raqueta: tenis e badminton
UD 5. Xogos populares e alternativos 4
UD 6. O ritmo. XImnasia rítmica

VOLTA ÁS CLASES

O xoves 08 de xaneiro regresamos á rutina no CPI de Atios, despois de recargar pilas durante as vacacións agardo que voltedes con moita ilusión e ganas de traballar. Feliz ano a tod@s.