27 de abril de 2019

SAÍDA CAMIÑO SANTIAGO

O luns  29 de abril saímos hacia Muxía co alumnado de 4º de ESO para facer o tramo do Camiño de Santiago que vai dende Muxía a Fisterra, dúas das poboacións máis bonitas e emblemáticas do noso país. Espero que o pasedes ben. Deitádevos cedo.

22 de abril de 2019

VOLTA ÁS CLASES




Pois estas vacacións de Semana Santa xa remataron e mañá 23 de abril volvemos ás aulas , agora xa non queda nada ata fin de curso; así que poñede as pilas que só queda un derradeiro esforzo. Ánimo a tod@s.

9 de abril de 2019

FOTOS ACROXIMNASIA 18-19

Por fin acabamos a unidade de acroximnasia ou acrosport en 3º de ESO. Deixamos algunhas das fotos que sacamos durante a sesión de hoxe. Tédelas todas no enlace:  https://photos.app.goo.gl/KfUkjChxoQXemmpb6. Grazas aos fotógrafos.


5 de abril de 2019

AUTORIZACIÓN CAMIÑO SANTIAGO 18-19

Os días 29 e 30 de abril realizaremos co curso de 4º de ESO o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Muxía e Fisterra. Son en total 30 km repartidos en 2 etapas:  Muxía - Lires (16 Km) e Lires- Fisterra (14 Km).
O bus nos levará o luns ata Muxía e o martes traeranos de volta a Valdoviño. En principio temos pensado que o bus nos acompañe os dous días. O prezo é aproximadamente de 47 €. O prezo  inclúe o bus e a estancia no albergue en Lires, está calculado para un número de 22 alumnos.
ENTREGAR  A AUTORIZACIÓN ANTES DO MÉRCORES 10 DE ABRIL.