25 de marzo de 2014

CAMIÑO DE SANTIAGO 13-14

O alumnado de 4º de ESO relizará os días 30 e 31 de marzo e 1 de abril un tramo do camiño a Fisterra, prolongación do Camiño de Santiago. Finalmente son 15 os valentes que comezarán esta aventura. O prezo final da actividade é de 55 euros (bus e albergues). En total percorreremos 49 Km repartidos en tres etapas: Maroñas – Olveiroa (14 Km), Olveiroa – Cee (20 Km), Cee – Fisterra (15 Km).
O bus nos levará á aldea de Maroñas o domingo e o martes traeranos de volta a Valdoviño. Teremos un coche de profesores para tratar de cubrir posibles incidencias. Irán acompañados polos profesores: Cruz Buján Varela, David Eiroa Ouviña e Juan Luis Allegue Iglesias. Boa sorte a todos.

24 de marzo de 2014

NOVA PROFE PRIMARIA

Hai xa unhas semanas que temos con nós á nova profe de educación física en Educación Primaria. Chámase Patricia Regueiro e queremos desexarlle unha pronta adaptación ó noso centro e ó noso alumnado. Benvida.

22 de marzo de 2014

ACROXIMNASIA 13-14


Aquí tedes algunha das fotos que sacamos na derradeira sesión da unidade de acroximnasia ou acrosport en 3º de ESO, o resto están á vosa disposición na páxina web do centro no apartado galería nova ou no enlace desta entrada, paseino ben este ano con vós nesta actividade e vós tamén traballastes ben. Mágoa que os fotógrafos de 3º ESO B non estiveran atentos ao que tiñan que facer, ja,ja...Un saúdo.
https://photos.app.goo.gl/iEd6hhtHQtPnxJFi6

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas completas da 2º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo.
 Un saúdo a todos.