29 de outubro de 2010

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

Ó longo desta semana fun repartindo as autorizacións para tratar de organizar a semana da neve, tedes ata o 22 de novembro para decidir se pasades da consola ou desa bici nova e vides esquiar con nós. Hai dúas opcións: unha semana ó Pirineo Aragonés ou tres días a San Isidro. Unha vez acabado o prazo de entrega de autorizacións decidiremos a onde imos. Ánimadevos.

PROBAS DE AVALIACIÓN DA CONDICIÓN FÍSICA

A semana que vén comenzaremos a realizar as probas de avaliación de condición física para poñer a nota práctica da unidade de Condición Física, espero que todos as pasedes sen problemas e que con esforzo o fagades o mellor posible. As probas que imos realizar son as seguintes:

1º ESO:
Resistencia: 2000 metros
Flexibilidade: Flexión tronco en banco
Forza tren inferior: Salto horizontal
Velocidade: 50 metros
2º ESO:
Resistencia: Test de Cooper (12´)
Flexibilidade: Flexión profunda tronco
3º ESO:
Resistencia(Potencia aeróbica): Course Navette
Flexibilidade: Flexión tronco en banco
4º ESO:
Forza tren superior: Lanzamento balón medicinal
Velocidade: 50 metros / circuito 5x10

QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO remata estes días os seus quecementos específicos do deporte que lle correspondeu a principio de curso: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala ou salto de lonxitude.

En termos xerais notouse o traballo e boa actitude da maioría. Lémbrovos que este era un traballo avaliable segundo recollen os criterios de avaliación de Educación Física do centro.

QUENTAMENTO XERAL

O alumnado de 1º de ESO está a rematar a realización teórica e práctica dun quecemento xeral por grupos.
Lembrade a definición, as fases, os obxectivos e os tipos de quecemento para o exame e intentade ser un pouco máis creativos á hora de plantexar os exercicios.

14 de outubro de 2010

CONTIDOS CONDICIÓN FÍSICA

A primeira unidade desta primeira avaliación é a de condición física e saúde, nos catro cursos da ESO iremos traballando contidos relacionados coa mellora da condición física e a saúde, coñecendo todos os aspectos relacionados co quecemento e as capacidades físicas tanto básicas coma motoras.
Con dúas horas á semana xa vos teño explicado que é practicamente imposible acadar unha mellora física só coas nosas clases, sen embargo ides aprender métodos e sistemas para intentar ser autónomos neste sentido. Ó remate da unidade faremos unhas probas para avaliar a condición física de todos vós. A TRABALLAR.