27 de outubro de 2009

QUECEMENTO ESPECÍFICO 2º ESO

O alumnado de 2º de ESO tamén rematou os seus quecementos específicos do deporte que lle correspondeu a principio de curso: baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala ou salto de lonxitude.
En termos xerais notouse o traballo e boa actitude da maioría. Algúns esquecestes a parte específica, outros quecementos fixéronse un pouco longos e algún grupo non presentou nada.
Lémbrovos que este era un traballo avaliable segundo recollen os criterios de avaliación de Educación Física do centro

QUECEMENTO XERAL 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO rematou xa a realización teórica e práctica dun quecemento xeral por grupos. Tede en conta tódalas fases para non esquecer nada, en xeral os traballos foron moi parecidos con poucos exercicios diferentes e pouca creatividade. Haberá que ir mellorando pouco a pouco.

9 de outubro de 2009

AS NOSAS INSTALACIÓNS


Dende hai uns anos contamos cunhas instalacións decentes: un ximnasio e un patio cuberto; instalacións imprescindibles dado que ó contar con tres niveis educativos sempre coincidimos dúas clases de Educación Física.

PROFES NOVAS

Xa sabedes que temos dúas compañeiras novas en Educación Primaria, chámanse Rocío Fernández Sanesteban e Vanessa Cansino Devesa. Rita colleu este ano unha excedencia e non está con nós este curso. Benvida ás dúas profes novas, desexamos que se adapten rápido ó noso centro.