22 de outubro de 2016

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total aproximado de 95 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón ter que levar dous autocares de 55 prazas. A actividade terá lugar entre os días 18 e 22 de decembro (esquiando os días 19, 20, 21 e 22) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron os cursos anteriores. De non haber neve nestas datas a viaxe pospoñerase a marzo ou otra data por determinar.
O prezo por persona será aproximadamente de 325 euros. No caso de querer facer snow o suplemento é  de 20 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Repartiremos, durante a vindeira semana, ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe, cando acaben un talonario teñen que traer os 100 euros e poderían recoller outro ata un máximo de tres. IMPORTANTE: Non recollemos moedas, só billetes.
O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares), roupa de abrigo, DNI, copia da tarxeta sanitaria. 
A principios de decembro (probablemente o xoves día 1) teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota confirmando día e data da reunión.

19 de outubro de 2016

NORMAS MATERIAL LECER ESO

1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl pechado na entrada do patio da cafetería.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS. O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado para que abra.
3. O BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que quede aberto e collan o material alumnos de Infantil, Primaria, do comedor ou extraescolares como pasou outros cursos.
4. Cando soe o timbre de entrada do recreo  todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar o baúl a tempo para ir a clase. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.
5. O alumnado de ESO encargado de abrir e pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl debe quedar pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se compromete a acatar as directrices destes encargados. Os  encargados este trimestre son:
1º ESO – Ricardo Bouzamayor
2º ESO – Tomás Dias Rodrigues
3º ESO – Noel Fernández
4º ESO – Noelia Martínez
6. As mesas de ping-pong colocaranse unha no patio da cafetería e outra no patio cuberto, na do patio cuberto só poderedes xogar a semana que vos toca a clase de EF fóra, porque na outra semana estarán dando clase de EF os de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE (especialmente os que xogades nelas).
7. O xoves pola tarde poderedes  entrar a xogar ao ximnasio coas seguintes normas:
·        Só poden estar no ximnasio os que van xogar. Non está permitido comer nin beber no ximnasio, agás auga. Non se pode estar subido enriba das colchonetas nin xogando nelas. Os vestiarios usaranse de xeito que queden nas mesmas condicións que cando entrastes. Non quero inundacións fortuitas.
·        Os encargados de abrir e pechar o ximnasio e de que se cumpran estas normas serán Noelia Martínez Fernández e Naiara Iglesias de 4º de ESO. Ante calqueira incidencia deberán informar ao xefe de departamento de EF.
8. Todos debedes colaborar no coidado do material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e facer un bo uso do mesmo.
9. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL, AS MESAS DE PING-PONG E O ACCESO AO XIMNASIO OS XOVES POLA TARDE.
10. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES .

10 de outubro de 2016

SESIÓNS TIRO CON ARCO 6º EP

O alumnado de 6º de Educación Primaria vai desenrolar dende o día 14 de outubro unha unidade adicada ao tiro con arco, en concreto serán catro sesións das súas clases de Educacion Física as que experimentarán co arco e as frechas, tendo con nós estes días a Anxo Grandal e a Pepe Teijeiro do Clube Arco A Frouxeira. Esta unidade en 6º de EP contémplase como unha continuación das xornadas de iniciación feitas en cursos anteriores pero adaptada ao curriculo da nosa materia, e que comezamos con moita aceptación o curso pasado. Gracias a Pepe e Anxo e ao seu clube Arco A Frouxeira pola súa labor altruista e ao alumnado que desfrute e aproveite para coñecer eses outros deportes minoritarios que non existen na televisión.

7 de outubro de 2016

FOTOS E MEMORIA SEMANA VELA

Xa tedes subidas na páxina web do centro no apartado Galería nova as fotos da actividade de vela deste curso, tocoulles este ano ao alumnado de 5º de EP, 3º de ESO e 4º de ESO. Agradecer tamén a súa colaboración aos profes que asistiron á actividade: Antonio de Educación Primaria e Alejandro de ESO. E como non agradecer tamén aos monitores e en especial a César a súa adicación e entrega a este deporte da vela, e animarvos a todos a acudir algún fin de semana ou no verán ao Clube Náutico a seguir practicando estas actividades. Lembrade tamén que podedes acceder ás fotos das actividades no menú da esquerda do blogue con pinchar na foto da actividade.

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EPEsta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.
Dado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (18-22) e tería lugar na estación de Astún ou Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe), de non haber neve nesas datas tamén barallamos a opción no mes de marzo. O prezo rondaría os 375 euros (de ser 30 alumnos) ou 330 euros (de ser 50 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o venres 21 de outubro.