20 de setembro de 2011

SEMANA VELA 11-12

Dende o día 27 de setembro e ata o día 09 de outubro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 3 e 4º de ESO asistirá a un curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 6-7 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos do curso. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 27, 28 e 01 de outubro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria

- 02, 03 e 04 de outubro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria
- 05, 08 e 09 de outubro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria









19 de setembro de 2011

INICIO CURSO

O luns día 19 de setembro comenzamos o curso, espero que volvades con moito ánimo e con ganas de traballar. Benvidos a todos.

1 de setembro de 2011

FIN DE VACACIÓNS. EXAMES SETEMBRO

Despois dun fin de curso un tanto raro debido a diversos motivos de índole personal estamos de volta no cole. Hoxe ás 12:00 haberá examen de pendentes e o luns día 5 os exames de setembro para aqueles que suspenderon en xuño.
Benvidos a un novo curso no CPI ATIOS.