21 de decembro de 2010

BO NADAL

Acaba o primeiro trimestre e só me queda desexarvos a todos un bo Nadal e unha boa entrada no ano 2011. Volvede con ganas de traballar.

RESULTADOS II TORNEO XADREZ






No torneo de xadrez estén foron os catro primeiros nas dúas categorías: profesorado e alumnado.
ALUMNADO
1º David Casariego Pita
2º Jorge Vázquez Pérez
3º Cristian López Castro
4º Marcos Lorenzo Gutiérrez

PROFESORADO
1º Iván Hinojo Sánchez
2º Juan Luis Allegue Iglesias
3º Ana Ramos Montero
4º José Ramón Leiva Arrojo

20 de decembro de 2010

RESULTADOS AVALIACIÓN

Os resultados da 1ª Avaliación en Secundaria realizada os días 14 e 15 de decembro foron os seguintes:

1º ESO A: 14 alumnos 10 aprobados 4 suspensos 71 % aprobados

1º ESO B: 15 alumnos 15 aprobados 0 suspensos 100 % aprobados

TOTAL 1º 29 alumnos 25 aprobados 4 suspensos 86 % aprobados

2º ESO A: 18 alumnos 14 aprobados 4 suspensos 78 % aprobados

2º ESO B: 17 alumnos 14 aprobados 3 suspensos 82 % aprobados

TOTAL 2º 35 alumnos 28 aprobados 7 suspensos 80 % aprobados

3º ESO A: 28 alumnos 24 aprobados 4 suspensos 86% aprobados

TOTAL 3º 28 alumnos 24 aprobados 4 suspensos 86% aprobados

4º ESO A: 12 alumnos 12 aprobados 0 suspensos 100% aprobados

4º ESO B: 25 alumnos 21 aprobados 4 suspensos 84% aprobados

TOTAL 4º: 37 alumnos 33 aprobados 4 suspensos 89% aprobados

TOTAL 129 alumnos 110 aprobados 19 suspensos 85 % aprobados

RESULTADOS CAMPIONATO FÚTBOL SALA

Despois de dez anos sen perder un partido "OS PROFES" perderon unha final que poderían ter gañado; en fin estes son os resultados dos partidos:

MAGIC PETOUTOS - MANGARRAÑAS (4-1)
OS MAZAROCOS - PROFES (0-3)
TODO X METELA - P. N. PELOTAS (3-0)
XOGA BONITO - COLCHONEROS (0-1)

SEMIFINAIS
MAGIC PETOUTOS - PROFES (0-2)
TODO X METELA - COLCHONEROS (1-0)

FINAL
PROFES - TODO X METELA (0-1)

17 de decembro de 2010

SEMANA NEVE. LEITARIEGOS

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 29 alumnos de 1º, 2º e 3º de ESO para dita actividade. Este ano a actividade terá lugar entre os días 18 e 21 de xaneiro (esquiando os días 19, 20 e 21) na estación de Leitariegos en Villablino, León (preto de Ponferrada). En caso de non haber neve a viaxe podería pospoñerse a outras datas.


O prezo por persona será de 255 euros. No caso de incorporarse algún alumno máis o prezo podería reducirse. No caso de querer facer snow o suplemento é de 22 euros. O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a León / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 3 noites no albergue en réxime de pensión completa (xantar de picnic na estación) / 3 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.

Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para neve, gorro e polar, chándal impermeable ou similar, anorak, luvas, calcetíns (varios pares, grosos, de algodón), roupa de abrigo, DNI


Na primeira semana despois das vacacións de Nadal teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe.

II TORNEO XADREZ DE NADAL

O martes 21 de decembro celebraremos no CPI Atios o II Torneo de Xadrez de Nadal. Este ano están anotados 34 alumn@s e 6 profesores, superando a participación do ano pasado. Este ano xogaremos durante toda a mañá partidas por eliminatorias ata chegar á gran final.

CAMPIONATO FÚTBOL SALA

O venres 17 de decembro entre as 13:00 e as 15:05 celebrarase unn campionato de fútbol sala organizado polo alumnado de 4º de ESO. Non haberá clase a partir desa hora.

HORARIOS APROXIMADOS DOS PARTIDOS

13:00 Entrada ó ximnasio

13:10-13:20 MAGIC PETOUTOS – MANGARRAÑAS (A)

13:20-13:30 OS MAZAROCOS – PROFES (B)

13:30-13:40 TODO x METELA – POLAS NOSAS PELOTAS (C)

13:40-13:50 XOGA BONITO 2010– OS COLCHONEROS (D)

13:55-14:05 Gañador A – Gañador B

14:10-14:20 Gañador C – Gañador D

14:25-14:40 Gañador A-B / Gañador C-D

15:05 Saída