29 de decembro de 2017

MEMORIA NEVE 2017

O venres 22 de decembro ás 06:00 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de  14 visitas á clínica: unha fisura de radio, dúas escordaduras de xeonllo, unha escordadura de nocello, dúas de pulso, un esguince cervical e diversas contusións (dúas de pulso, unha no brazo, outra no cóbado, outra nun xeonllo, outra nun nocello e outra abdominal); espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. As lesións son de menos gravidade que o ano pasado, e logramos frear as lesións de pulso da xente de snow (ademais as tres persoas que se lesionaron este ano no pulso non levaban as proteccións)
En xeral o voso comportamento foi excelente e vosa axuda e colaboración moi boa. O tempo foi moi variable e a calidade da neve tamén o que ocasionou bastantes caídas de e un sinfín de moratóns. O esquí, e sobre todo o snow, como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Gracias a todos por vir.
Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

13 de decembro de 2017

NOTAS 1ª AVALIACIÓN ESO

Xa podedes consultar nos seguintes enlaces as notas da 1º avaliación na materia de educación física, revisade as medias e se hai algún erro comentádemo. En 2º e 3º de ESO e tamén en 4º B, as notas da avaliación práctica están no mesmo documento de excel pero en dúas páxinas.
Un saúdo a todos.

5 de decembro de 2017

REUNIÓN SEMANA NEVE

O martes 04 de decembro ás 18:30 horas tivemos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe está prevista entre os días 17 e 22 de decembro.

O prezo por persona é de 335 euros. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros. Se hai algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento comentádemo.