25 de maio de 2010

DATAS EXAMES

As datas dos exames da terceira avaliación son as seguintes para os grupos de ESO:

1º ESO A: 1 de Xuño
1º ESO B: 2 de Xuño
2º ESO A: 1 de Xuño
2º ESO B: 1 de Xuño
3º ESO A: 31 de Maio
3º ESO B: 31 de Maio
4º ESO A: 28 de Maio

XINCANA LETRAS GALEGAS

O xoves 20 de maio celebramos o día das Letras Galegas cunha xincana ou Gran xogo para todo o alumnado de ESO. Ninguén de vós, salvo algunha alumna de 4º de ESO, estaba en ESO cando fixemos a última xincana no 04-05. Espero que vos gustara a actividade a pesar das carreiras e do cansanzo. Un saúdo a todos.

4 de maio de 2010

ENTREGA DE TRABALLOS

A data límite para entregar os traballos desta terceira avaliación é o 28 de maio. Non agardedes ata o último día que xa sabedes o que pasa. Os de 4º de ESO lembrade que tedes que entregar tamén o traballo do Camiño de Santiago todos aqueles que non realizastes a actividade.