22 de decembro de 2015

FOTOS SEMANA NEVE 15-16


Ola a todos, dende hoxe tedes á vosa disposición as fotos da semana da neve na web do cole no apartado de galería nova. Este ano como sabedes as fotos compartímolas entre todos no grupo de whatsapp, eu esquecín a cámara e non saquei moitas máis. Quedan aínda algunhas das cámaras de Mariló e Juanra máis as que queirades aínda mandarme ao grupo, todas estas subirémolas despois do Nadal. Boas vacacións a tod@s.

19 de decembro de 2015

MEMORIA SEMANA NEVE 2015

O venres ás 05:15 chegamos a Valdoviño dende Jaca os profesores e alumnado que este ano estivemos en Astún disfrutando e sufrindo o esquí. Este ano tivemos un total de  10 lesionados: dous por esguince cervical, unha nun ombreiro, varias contusións en xeonllos e espalda e un con contusión nun xeonllo e posible daño no menisco externo; espero que todos vos recuperedes o máis axiña posible. En xeral o voso comportamento foi bastante bo e axudastes en todo o que podíades . O tempo acompañou pois as temperaturas foron altas aínda que non fixera moito sol, salvo o primeiro día a visibilidade foi bastante boa aínda que o derradeiro día a neve estaba moi dura a primeira hora.
O esquí como vos comentei en máis dunha ocasión é un deporte de risco e hai que intentar minimizar estos riscos para lesionarnos o menos posible. Gracias a todos por vir.
Durante os vindeiros días subirei á páxina web do cole as fotos que reunimos entre todos. A descansar.

VACACIÓNS NADAL

O venres 18 de decembro comezaron as vacacións de Nadal. Desexarvos a tod@s unhas boas festas na compaña das personas que queredes. Como non estiven na avaliación todavía non sei as vosas notas pero podo imaxinar as da maioría. Recargade as pilas para volver en xaneiro con ganas de rematar ben o curso. FELIZ 2016 a tod@s.

12 de decembro de 2015

SAÍDA NEVE

Ola a todos. Despois de todo un trimestre adicado a recoller cartos, repartir rifas e organizar os detalles da excursión á neve por fin está todo listo. Mañá ás 07:00 saímos cara ao pirineo aragonés. Astún agarda por nós sen moita neve, pero creo que será suficiente para nós. Espero que vos portedes o mellor posible. Xa sabedes que de vós depende que se siga a facer esta saída. Sorte a todos e que o pasades o mellor posible.

6 de decembro de 2015

HISTÓRICO TEST CONDICIÓN FÍSICA

Durante esta primeira avaliación na que traballamos a condición física en todos os cursos da ESO fixemos unha serie de probas por cursos de avaliación das distintas capacidades físicas. Dende o curso 04-05 levamos un pequeno histórico dos resultados desas probas e xa o tedes actualizado nos cursos de 3º e 4º de ESO no taboleiro do ximnasio.
Cada curso que pasa é máis difícil estar entre os dez mellores de cada proba, este ano entrastes 4 no da Course Navette (a proba máis complicada das que facemos) e dous noutras probas. Noraboa a todos, tamén aos que non estades en nengunha.  

NOTAS 1ª AVALIACIÓN 3º E 4º ESO

Ola a todos. Déixovos ao alumnado de 3º e 4º de ESO os enlaces ás notas desta primeira avaliación para que as miredes con tranquilidade durante estes días se entrades no blogue. Hai dúas páxinas na folla de excel, un coas medias da avaliación e outra cos resultados da parte práctica. Un saúdo.

1 de decembro de 2015

REUNIÓN SEMANA NEVE

O xoves 03 de decembro ás 18:30 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 13 e 17 de decembro como estaba previsto.

O prezo por persona é de 325 euros. O xoves haberá que pagar os 225 euros que faltan, posto que 100 xa os puxeron como fianza. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros. Se hai algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento comentádemo na reunión.

21 de novembro de 2015

EXAMES TEÓRICOS 3º E 4º ESO

A continuación están as datas dos exames teóricos para 3º e 4º de ESO e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Lembrade que temos que realizalos un pouco antes porque se segue nevando o día 13 de decembro marcharemos a Jaca e temos que deixar postas as notas da avaliación. Sorte a todos.

3º ESO A: 03 de decembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
3º ESO B: 03 de decembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
4º ESO A: 30 de novembro. Temas 1, 2, 3, e 4.
4º ESO B: 04 de decembro. Temas 1, 2, 3, e 4.
4º ESO C: 04 de decembro. Temas 1, 2, 3, e 4.

12 de novembro de 2015

MAGOSTO, SAMAÍN E XINCANA

O mércores 11 de novembro celebramos no CPI de Atios o Magosto e o Samaín cos tradicionais concursos de cabazas e portas terroríficas, e con diversas actividades na biblioteca. O alumnado de EI e EP fixeron xogos populares ao longo da mañá e o alumnado de ESO realizou unha xincana con pistas e probas preparadas polos diferentes departamentos.
A partir das 12:30 todo o centro adicouse a recoller e comer as castañas e beber o leite coa inestimable colaboración da ANPA do centro.  Espero que todos vos divertirades coa celebración desta festa.

7 de novembro de 2015

ALUMNADO SEMANA NEVE

Tras rematar o prazo de entrega de autorizacións temos un total de 80 alumnos dende 6º de EP a 4º de ESO para dita actividade. Esto supón levar dous autocares de 50 prazas. Este ano a actividade terá lugar entre os días 13 e 17 de decembro (esquiando os días 14, 15, 16, e 17) na estación  de Astún (Jaca, provincia de Huesca) onde xa esquiaron os cursos anteriores. O prezo por persona será aproximadamente de 325 euros. Existen aínda prazas libres polo que de anotarse algún alumn@ máis o prezo podería baixar. No caso de querer facer snow este ano o suplemento é de 20 euros. En principio imos deixar que o alumnado de 6º de EP que conte coa autorización da súa familia faga SNOW. Estamos a repartir ao alumnado que asista á actividade as rifas para que poidan financiar parte da viaxe.

O programa da actividade incluiría: Transporte en autobús de Galicia a Jaca / Transportes diarios hotel-estación-hotel / 4 noites no hotel en réxime de media pensión /  4 dias de comida en pistas  / 4 días de remontes / 2 horas diarias de clases de esquí / Seguro de viaxe e de esquí.
Material: Protector solar (factor 25-50) e labial, gafas de sol para nevegorro e polarchándal impermeable ou similaranorak, luvascalcetíns (varios pares)roupa de abrigoDNI, copia da tarxeta sanitaria.

A principios de decembro teremos unha reunión coas familias para explicar con detalle a actividade e as normas a seguir na viaxe. Enviaremos unha nota co día e data da reunión.

SESIÓN PRÁCTICA 4º ESO

SESIÓN PRÁCTICA  A REALIZAR POLOS ALUMNOS  / 4º ESO
Día de realización da sesión: 27 de Novembro
PRINCIPIOS A SEGUIR
Tódolos grupos farán unha sesión completa que entregarán ó profesor con fase inicial, principal e final (de estiramentos ou relaxación) e exporán a parte que lles foi asignada.

1º grupo                      Quecemento específico de forza e velocidade
2º grupo                      2 exercicios de forza
3º grupo                      2 exercicios de forza
4º grupo                      2 exercicios de velocidade
5º grupo                      2 exercicios de  velocidade
6º grupo                      Exercicios de relaxación e estiramentos

VALORACIÓN
1ª parte:          sesión escrita
2ª parte:          posta en práctica por tódolos componentes dos exercicios.

GRUPOS 4º ESO A
1. Roberto, Adri Collado e David.
2. Iria D., Laura e Elena Fdez.
3. Óscar, Tania e Helena.
4. Adrián López e Iván.
5. Adri Orjales, Gabriela e Erika.
6. Artai, Pablo e Jacobo.

GRUPOS 4º ESO B-C
1. Marcos Ameneiros, Bruno e Natalia Díaz.
2. Marcos Dopico, Cristina Fdez e Gonzalo.
3. Cristina Gtrrez, Sara, Lara e Natalia Pardo.
4. Adri Piñón, Iria e Carla.
5. Andrés, Adri Casal, Cris Casas e Yahaira.
6. Santiago, Paula, Iris e Alejandro.

4 de novembro de 2015

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA

Durante este curso 15-16 o profesorado pertencente ao departamento de Educación Física somos os seguintes:
Ana Morales Moya: Educación Infantil e Primaria
Patricia Regueiro Sousa: Educación Primaria
Mariló Docanto Alonso: Educación Secundaria e Xefa de departamento
Juan Luis Allegue Iglesias: Educación Secundaria

UNIDADES 1ª AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

As unidades que estamos a ver durante esta 1ª avaliación en 3º e 4º secundaria son as seguintes por cursos:


3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 2. Atletismo 2 (saltos e lanzamentos)
4º ESO
UD 1. Condición física e saúde 4
UD 3. Baloncesto

16 de outubro de 2015

AUTORIZACIÓNS SEMANA NEVE

O departamento de Educación Física do CPI Atios de Valdoviño está a organizar unha viaxe á neve dirixida ó alumnado de ESO e 6º de EP. Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecto Didáctico do Departamento dentro das Actividades no medio natural.
Dado que outros cursos o alumnado tense dado de baixa a última hora esta autorización implica o permiso para asistir á actividade é o depósito dunha fianza de 100 euros que poden perder se non van ( a non ser que sexa unha causa xustificada).
A actividade realizaríase en principio no mes de decembro (13-17) e tería lugar na estación de Astún ou Formigal no Pirineo aragonés (4 días de esquí máis a viaxe), de non haber neve nesas datas tamén barallamos a opción no mês de xaneiro (10-14). O prezo rondaría os 375 euros (de ser 30 alumnos) ou 330 euros (de ser 50 alumnos). A actividade estará aberta a todo o alumnado da ESO e 6º de EP e será preciso un mínimo de 25 alumnos para levar a cabo a actividade. De non chegar a este número devolveríase a fianza a cada alumn@. O prazo para entregar a autorización é ata o mércores 28 de outubro.  En caso de non haber alumnado suficiente poderia plantexarse a opción de Leitariegos ou San Isidro.

14 de outubro de 2015

NATE DAVIS


O venres 09 de outubro no CPI de Atios acompañounos nun documental - coloquio o ex-xogador de baloncesto Nate Davis. Un extraordinario xogador e mellor persona que xogou moitos anos en Ferrol e que marcou un inicio no baloncesto moderno polas súas espectaculares xogadas. Grazas Nate por acompañarnos durante unhas horas. Pódedes ver un pequeno vídeo neste enlace:
https://www.youtube.com/attribution_link?a=D5zGhuRMFIs&u=%2Fwatch%3Fv%3D-eZTlrA9yAY%26feature%3Dshare

7 de outubro de 2015

FOTOS SEMANA VELA

Xa tedes subidas na páxina web do centro no apartado Galería nova as fotos da actividade de vela deste curso, tocoulles este ano ao alumnado de 5º de EP, 1º de ESO e 4º de ESO. Agradecer tamén a súa colaboración a tódolos profes que asistiron á actividade: Rosa, Julia e Agustín de Educación Primaria e a Mariló e Andrés de Educación Secundaria; sobre todo a Agustín e Mariló por embarcarse na aventura nada máis aterrar no centro e sen coñecer case ao alumnado. E como non agradecer tamén aos monitores e en especial a César a súa adicación e entrega a este deporte da vela, e animarvos a todos a acudir algún fin de semana ou no verán ao Clube Náutico a seguir practicando estas actividades.

1 de outubro de 2015

NORMAS MATERIAL LECER ESO

NORMAS MATERIAL LECER ESO
1. O material de lecer para o alumnado de ESO estará nun baúl pechado na entrada do patio da cafetería.
2. Este baúl SÓ PODERÁ SER ABERTO NAS HORAS DE RECREO E POLOS ENCARGADOS DESIGNADOS. O resto do alumnado non pode coller as chaves, terá que buscar a un encargado para que abra.
3. O BAÚL NON PODERÁ ABRIRSE EN HORAS DIFERENTES ÁS DO RECREO, para evitar que quede aberto e collan o material alumnos de Infantil, Primaria, do comedor ou extraescolares como pasou outros cursos.
4. Cando soe o timbre de entrada do recreo  todo o alumnado procederá a recoller o máis rápido posible o material para que os encargados poidan pechar o baúl a tempo para ir a clase. TODOS SODES RESPONSABLES DO MATERIAL.
5. O alumnado de ESO encargado de abrir e pechar o baúl nos recreos será sustituido cada trimestre, ante calqueira incidencia deberá comunicarllo ao xefe de departamento de EF, o baúl quedará pechado tras cada recreo e as chaves no seu lugar. SÓ HAI CATRO ENCARGADOS (UN POR NIVEL). Todo o alumnado se compromete a acatar as directrices dos encargados. Os  encargados son:
1º ESO – Aarón Rey
2º ESO – Ángel Sanjurjo
3º ESO – Iria Alonso
4º ESO – Iván Luaces
6. As mesas de ping-pong colocaranse unha no patio da cafetería e outra no patio cuberto, na do patio cuberto só poderedes xogar a semana que vos toca a clase de EF fóra, porque na outra semana estarán dando clase de EF os de Primaria. NAS MESAS ESTÁ ESTRICTAMENTE PROHIBIDO SENTARSE.
7. O xoves pola tarde poderedes  entrar a no ximnasio cumprindo as seguintes normas:
·        Só poden estar no ximnasio os que van xogar.
·        Non está permitido comer nin beber no ximnasio, agás auga.
·        Non se pode estar subido ás colchonetas nin xogando nelas.
·        Os vestiarios usaranse de xeito que queden nas mesmas condicións que cando entrastes.
·        Os encargados de abrir e pechar o ximnasio e de que se cumpran estas normas serán Adrián García Aneiros de 3º de ESO e Adrián Collado de 4º de ESO. Ante calqueira incidencia deberán informar ao xefe de departamento de EF.
8. Todos debedes colaborar no coidado do material, lembrade que ese material é voso e vos corresponde ser responsables e facer un bo uso do mesmo.
9. SE NON SE CUMPREN ESTAS NORMAS POR PARTE DE TODO O ALUMNADO DE ESO RETIRARASE O MATERIAL, AS MESAS DE PING-PONG E O ACCESO AO XIMNASIO OS XOVES POLA TARDE.
10. PENSADE EN TODO ESTO E TRATADE DE SER RESPONSABLES .

30 de setembro de 2015

VÍDEO VELA

Aquí tedes os de 4º de ESO o vídeo que mandou César do último día na actividade de vela. 
Vaia panda!!!!!

19 de setembro de 2015

SEMANA VELA 15-16

Dende o día 17 e ata o día 29 de setembro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 1º e 4º de ESO participa nun curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 5-6 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos que asisten á actividade. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa e toalla por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 17, 18 e 21 de setembro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria
- 22, 23 e 24 de setembro de 09:35 a 13:15 1º Educación Secundaria
- 25, 28 e 29 de setembro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria

13 de setembro de 2015

INICIO CURSO 15 16

O martes día 15 de setembro empezamos o curso en Secundaria. Este ano temos algunhas novas no departamento de EF: os de 1º e 2º de ESO tedes unha profesora nova posto que eu vou ter a xefatura de estudos e só darei clase a 3º e 4º de ESO. A Lomce entra en 1º e 3º de ESO. Deséxovos a todos: alumnado, profesorado e famiias unha boa entrada neste curso. Esquecíame tamén de decirvos aos de 1º e 4º de ESO que en breve teremos a actividade de vela.
Vémonos o martes.

31 de agosto de 2015

EXAMES PENDENTES E SETEMBRO

As datas para o realización dos exames de setembro son as seguintes:
MARTES 01 DE SETEMBRO (09:30 A 10:30) - PENDENTES
MÉRCORES 02 DE SETEMBRO (09:30 A 10:30) - EXAME SETEMBRO ESO
SORTE E ÁNIMO A TOD@s.

26 de xuño de 2015

RESULTADOS AVALIACIÓN FINAL

Os resultados da  avaliación final en ESO realizada o día 22 de xuño  foron os seguintes:
1º ESO A: 23 alumnos   19 aprobados   4 suspensos   83% aprobados
1º ESO B: 23 alumnos   22 aprobados   1 suspensos   96% aprobados
TOTAL 1º  46 alumnos   41 aprobados   5 suspensos   89% aprobados
2º ESO A: 19 alumnos   17 aprobados   2 suspensos   89% aprobados
2º ESO B: 19 alumnos   15  aprobados   4 suspensos   79% aprobados
TOTAL 2º  38 alumnos   32 aprobados   6 suspensos    84% aprobados
3º ESO A:18 alumnos   16 aprobados   2 suspensos   89% aprobados
3º ESO B: 16 alumnos   16 aprobados   0 suspensos   100% aprobados
3º ESO C: 06 alumnos   05 aprobados   1 suspensos   83% aprobados
TOTAL 3º  40 alumnos   37 aprobados   3 suspensos   93% aprobados
4º ESO A: 25 alumnos   25 aprobados   0 suspensos   100% aprobados
TOTAL 4º:  25 alumnos   25 aprobados   0 suspensos   100% aprobados
TOTAL   149  alumnos  135 aprobados  14 suspensos  91% aprobados

23 de xuño de 2015

FIN DO CURSO

O día 23 acabou o curso para todos vós coa entrega das notas, só quería desexarvos a tod@s unhas felices vacacións, que descansedes todo o que poidades, que gastedes uns minutos en analizar cómo foi o voso curso e ver en que podedes mellorar. Eu prometo facer o mesmo.
Un saúdo a todos. Bó verán.

22 de xuño de 2015

ADICADO AOS QUE MARCHAN

E aquí estades, dispostos a abandoarnos para comezar unha nova etapa da vosa vida noutro centro diferente e empezar a buscar cadaquén o seu camiño. Xa vos adianto que será unha etapa bonita na que faredes novas amistades e iredes perdendo outras. Aos que quedamos atrás tamén nos iredes esquecendo pois a memoria ten esa capacidade de ser selectiva. 
Deséxovos toda a sorte do mundo lembrándovos que a sorte sen traballo e esforzo case nunca é suficiente para acadar o que se desexa. Hoxe teredes unha mistura de sentementos contradictorios: ilusión porque empezades outra etapa, medo por deixar un centro no que levades toda a vida, ledicia por perdernos de vista a outros, en fin... Só vos digo que  vosa vida ven de empezar, que sempre sexades críticos, é dicir, que non creades sempre o que vos dín nen o que sae nos medios de comunicación (internet incluido), que intentedes ser sempre consecuentes coas vosas ideas e a vosa personalidade, e que loitedes sempre polos vosos soños.
MOITA SORTE A TODOS na vosa vida, lembrádevos de nós algunha vez, perdonádenos se fixemos algunha cousa mal e intentade ser felices.
Un bico a todos… e intentade facer algo de deporte.

19 de xuño de 2015

15 de xuño de 2015

RAFTING E ACAMPADA

A actividade de rafting prevista para o día 25 de xuño queda suspendida definitivamente por estar castigado o grupo de 3º de ESO e ser poucos entre o outro terceiro e 4º de ESO. Sexa xusto ou non a sanción o certo é que non é a primeira vez que hai problemas deste tipo con vós, e a verdade é que non dades aprendido. Teriades que facer unha análise da vosa actitude tendo en conta que o vindeiro curso tedes a excursión de fin de curso de 4º de ESO.
Respecto á acampada na 1ª avaliación xa avisei aos 1º de ESO que de persistir na actitude que amosan habitualmente (desobedientes, respondones, irrespestuosos cos compañeiros.....) non ía haber a acampada a final de curso. Soamente estou cumprindo o que dixen naquel intre.
Gustaríame que entenderades que as saídas que programa o departamento de EF non son obrigatorias. Fágoas pensando en vós porque me parecen importantes para a vosa formación como persoas, pero preciso de algo de complicidade con vós, CONFIAR EN VÓS. É difícil saír do centro sen confiar no alumnado e este curso foi duro nese aspecto. PENSADE NA PARTE QUE TEDES DE RESPONSABILIDADE E TRATADE DE MELLORAR O VOSO COMPORTAMENTO E A VOSA ACTITUDE..

11 de xuño de 2015

FOTOS ESCALADA


Xa están subidas á páxina web do centro as fotos que sacamos en 4º de ESO rapelando a parede traseira do centro dentro da unidade de escalada. Non todo é tan difícil como parece.


29 de maio de 2015

10.000 VISITAS

Durante este mes de maio chegamos ás 10.000 visitas. Ben é certo que dende o departamento de Educación Física levamos publicando neste blogue dende finais do ano 2008, pero tamén hai que ter en conta o reducido do número de alumnos que vades pasando por aquí. A pesar de que sei que moitos non sodes asiduos ao blogue quería agradecervos as vosas visitas e o voso interese. Non sempre é fácil ir publicando de xeito continuo pero é unha maneira de ir lembrándovos a todos os que pasades por aquí. 
DEZ MIL GRAZAS

FOTOS SURF 14-15


Xa tedes á vosa disposición as fotos de surf na páxina web do centro no apartado Galería nova, este ano a escola non sacou fotos polo que as que temos na auga son grazas a Bea a nai de Paola de 4º B, dende aquí o noso agradecemento pola cesión desinteresada das fotos. Pois nada, a ver se vos atopades entre as ondas.

22 de maio de 2015

DATAS EXAMES TEÓRICOS

A continuación están as datas dos exames teóricos para a ESO da 3ª avaliación  e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Xa estades rematando o curso así que a poñer as pilas e a estudar un pouquiño . Sorte a todos.

1º ESO A: 02 de xuño. Temas 7, 9 e 10.
1º ESO B: 01 de xuño. Temas 7, 9 e 10.
2º ESO A: 05 de xuño. Temas 7, 9, 10 e 11.
2º ESO B: 05 de xuño. Temas 7, 9, 10 e 11.
3º ESO A: 28 de maio. Temas 10, 11 e 12.
3º ESO B: 28 de maio. Temas 10, 11 e 12.
4º ESO A: 26 de maio. Temas 8, 10 e 11.

SURF 14-15

Os días 18 e 20 de maio estivemos na praia do Rodo en Pantín coñecendo unha actividade que está moi presente  na zona de Valdoviño: o surf. Nesta ocasión foi o alumnado de 2º de ESO e de 4º de Primaria (39 alumn@s en total) o que tivo a oportunidade de iniciarse neste mundo diferente que consiste en cabalgar os olas subidos a unha táboa. Espero que a experiencia, a pesar do frío e outros inconvintes, fose gratificante para vós e que a poidades retomar en algún outro intre. Evidentemente non é un deporte que técnicamente poida aprenderse en dous días senón que require esforzo e perseverancia (coma case todos). Agradecer aos profes do cole: Patricia, Laura e Andrés a súa colaboración e aos monitores Marcos, Fran e Rufo do Pantín Surf Camp os seus coñecementos e a súa paciencia. En breve subiremos á páxina web do centro algunhas fotos da actividade.
Vémonos en Pantín.

19 de maio de 2015

RAPELANDO EN ATIOS

Hoxe a maioría do alumnado de 4º de ESO atreveuse a rapelar o muro que temos na parte traseira do centro, a verdade é que xa vedes que esta técnica de descenso da escalada non é excesivamente difícil. Só hai que superar algúns medos. Este muro está ben para practicar porque xa ten unha lonxitude que nos permite disfrutar coa baixada. O máis importante de todo é A SEGURIDADE. Colocar correctamente o arnés, comprobar que a corda esté suxeita ao oito, cerciorarnos de que pechamos o mosquetón e asegurarnos antes de pasar á zona de descenso. Ao final da clase moitos queríades repetir, non vos preocupedes, aínda nos quedan uns días por diante.

8 de maio de 2015

INICIACIÓN SURF 14-15

Os días 18 e 20 de maio o alumnado de 4º de EP e de 2º de ESO terá a oportunidade de ter un primeiro contacto co surf na praia de Pantín en horario de 10 a 13 h. En total serán 40 alumn@s os que disfruten destas 6 horas de iniciación ao surf. O prezo da actividade é de 36 euros e irán acompañados de catro profesores do centro estando supervisados alí por monitores especializados en surf da escola Pantín Surf Camp.
Os traslados realizarémolos nun bus da empresa Autos Camilo Espero que esta actividade que iniciamos o curso pasado pola nosa conta vos guste. Vémonos en Pantín.

3 de maio de 2015

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN

As unidades que xa estamos a ver nesta 3ª avaliación en ESO son as seguintes:

1º ESO:
UD 7. O rugbi
UD 8. Expresión corporal 1
UD 9. Actividades na natureza 1: rastrexos, orientación por indicios, nós básicos

2º ESO
UD 6. Bailes de salón 1: chachacha e pasodobre
UD 7. Xogos populares e alternativos 2: shuterball, indiacas
UD 8.Deportes de loita
UD 9. Expresión corporal 2
UD 10. Actividades na natureza 2: sendeirismo, acampada

3º ESO
UD 6. Bailes de salón 2: vals vienés, merengue
UD 7. Actividades na natureza 3: orientación
UD 8. Expresión corporal 3

4º ESO
UD 4. Béisbol
UD 7. Bailes de salón 3. Aerobic
UD 5. Actividades na natureza 4: escalada

16 de abril de 2015

CAMIÑO DE SANTIAGO 14-15


O luns 13 e o martes 14 de abril o alumnado de 4º de ESO estivo a facer dúas etapas do Camiño de Santiago a Fisterra (Santiago-Negreira e Negreira-Maroñas). Espero que os doce valentes que caminastes con Graciela e conmigo o pasarades ben. O Camiño non é só unha ruta de sendeirismo senón que ten tamén unha compoñente de superación persoal, de esforzo e tamén de espiritualidade. Grazas a todos por acompañarnos.

10 de abril de 2015

ACROXIMNASIA 14-15


Este mércores rematamos coa unidade de Acrosport ou Acroximnasia en 3º de ESO. Aquí vos deixo un par das fotos que sacamos durante a derradeira sesión que adicamos ás grandes estructuras. Grazas a Pablo por facernos rir e como o prometido é débeda tamén é o protagonista da pimeira foto. En breve subirei todas as fotos á páxina web ou poderedes acceder a elas pinchando tamén na foto desta entrada. Un saudo a todos.
https://photos.app.goo.gl/n3989ws8zxtF3bgM9

7 de abril de 2015

DE NOVO AO COLE


Mañá 07 de abril retomamos as clases no CPI de Atios despois dunhas merecidas  vacacións que espero destinarades a descansar. Eu tamén con gañas de empezar este trrimestre, así que agardo non estar ao día seguinte coma o neno da viñeta. Benvidos a tod@s. 

30 de marzo de 2015

CONFIRMACIÓN CAMIÑO DE SANTIAGO

Pasado o prazo de entrega de autorizacións para a saída do Camiño de Santiago temos un total de 13 alumnos para iniciar esta aventura os días 13 e 14 de abril. Xa sabedes que ao final temos que ir en bus e pola diferenza de prezo é mellor que esté con nós os dous días pois senón teriamos que levar dous coches particulares. Temos confirmado o bus e o albergue, o albergue é un albergue privado (albergue Lúa). Animade aos compañeiros para que se animen de aquí ao día 13. O prezo é de 50 euros.

27 de marzo de 2015

FOTOS TORNEO XADREZ


Xa tedes subidas na páxina web do centro no apartado "Galería Nova" as recentes fotos do Torneo de Xadrez. Grazas de novo a todos os participantes.

26 de marzo de 2015

RESULTADOS TORNEO XADREZ

Este xoves 16 de marzo celebrouse no CPI de Atios o VI Torneo de Xadrez, os partipantes foron 60 dende 4º de EP ata 4º de ESO. Antes de nada agradecervos a todos a vosa participación e o voso comportamento durante todo o día, sobre todo aos máis pequenos que vos portachedes coma o que sodes: uns verdadeiros campións. En canto aos resultados non son o máis importante, por un lado porque as idades son diferentes e os niveis tamén. O MÁIS IMPORTANTE é que todos estiveramos unha mañá xuntos disfrutando con ese DEPORTE RARO que é o XADREZ.
Os resultados foron os seguintes:
1º Clasificado: Víctor Pardo García
2º Clasificado: Iván Luaces Rodríguez
3º Clasificado: Marcos Vilela Vilela
4º Clasificado: Artai Rodríguez García
Mellor alumna clasificada: Laura Rodríguez Martín / Iria Ramos Mesía
Mellor clasificado de Primaria: Luis Miguel Dopico Martínez
Mellor clasificado de 4º de EP: Roberto García Carneiro
Mellor clasificado de 6º de EP: Luis Miguel Dopico Martínez
Mellor clasificado de 1º de ESO: David Henao Ortiz
Mellor clasificado de 2º de ESO: Marcos Vilela Vilela

Deixovos un enlace coa CLASIFICACIÓN FINAL. Se alguén ten interes en calqueira outro dato que mo pregunte, está todo no programa informático.
Bueno, pois nada despois dun día intenso a descansar, GRAZAS de novo a todos por participar e axudarme na recollida de todo. En breve subirei á páxina as fotos que se sacaron durante o torneo. SEGUIDE PRACTICANDO sen desanimarvos.


RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en ESO realizada o día 25  de marzo son estes:
1º ESO A:  23 alumnos 23 aprobados  0 suspensos  100 % aprobados
1º ESO B:  23 alumnos  22 aprobados  1 suspensos     96% aprobados
TOTAL 1º 46 alumnos  45 aprobados 1 suspensos 98% aprobados

2º ESO A:  19 alumnos  16 aprobados  3 suspensos  84% aprobados
2º ESO B:  19 alumnos  17 aprobados  2 suspensos  89% aprobados
TOTAL 2º 38 alumnos  33 aprobados  5 suspensos  87% aprobados

3º ESO A:  18 alumnos  16 aprobados  2 suspensos  89% aprobados
3º ESO B:  16 alumnos  16 aprobados  0 suspensos  100% aprobados
3º ESO C:  06 alumnos  05 aprobados   1 suspensos  83% aprobados
TOTAL 3º 40 alumnos  37 aprobados  3 suspensos  93% aprobados

4º ESO A:  25 alumnos  23 aprobados  2 suspensos   92% aprobados
TOTAL 4º: 25 alumnos  25 aprobados 2 suspensos   92% aprobados

TOTAL  149  alumnos  138  aprobados  11 suspensos  93% aprobados

21 de marzo de 2015

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

Déixovos os enlaces ás notas da segunda avaliación para que as miredes con tranquilidade. Un saúdo.

20 de marzo de 2015

NORMAS VI TORNEO XADREZ

     
O torneo comezará sobre as 09:45 da mañá do xoves 26 de marzo no ximnasio. O alumnado participante debe dirixirse ao ximnasio en canto toque o timbre. O torneo durará toda a mañá polo que o alumnado que participa non asistirá a clase ese día. Hai 60 alumn@s anotados entre Primaria e Secundaria. O torneo terá lugar en cinco rondas sempre contra rivais do mesmo nivel. O tempo para cada partida é limitado (45 minutos aproximadamente). No caso de non rematar a partida no tempo estipulado contarase o valor das pezas e adxudicaraselle a victoria ao que teña máis puntos en pezas. De ter as mesmas serán tablas. En último caso decidirá a organización do torneo. Cada victoria valerá un punto e as tablas medio punto para cada un.
          RONDAS:
          1ª Ronda: 09:45
          2ª Ronda: 10:45
          3ª Ronda: 11:45
          4ª Ronda: 12:45
          5ª Ronda: 13:45
 Sorte a todos e grazas pola vosa participación

19 de marzo de 2015

AUTORIZACIÓNS CAMIÑO DE SANTIAGO

Os días 13 e 14 de abril realizaremos co curso de 4º de ESO o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Santiago e Maroñas. Son en total 41 km repartidos en 2 etapas: Santiago - Negreira (22Km) e Negreira - Maroñas (19 Km).

O bus nos levará a Santiago o luns e o martes traeranos de volta a Valdoviño dende a aldea de Maroñas. Teremos dous coches de profesores para tratar de cubrir posibles incidencias. Irán acompañados polos profesores: Graciela Grande Veloso e Juan Luis Allegue Iglesias. 

O prezo é aproximadamente de 50 €. O prezo  inclúe o bus e a estancia nos albergues, está calculado para un número de 15 alumnos. En caso de ir mais devolveríase a diferenza  en caso de ir menos tratariamos de desprazarnos en coches particulares. 
PRAZO PARA ENTREGAR  AUTORIZACIÓNS: 23 de marzo.

VI TORNEO XADREZ ATIOS

O mércores 26 de marzo comezaremos a edición número VI do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 cunha vocación de torneo de Nadal, pero que ano tras ano por mor doutras actividades vai sendo relegado sempre hacia as vacacións de Semana Santa celebrándose este ano a finais de marzo. 
Nesta edición contamos cun total de 60 alumnos participantes. O alumnado vai dende 4º de EP ata 4º de ESO. As novedades deste torneo e que todo o alumnado xogará cinco rondas independemente de que gañe ou perda. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.

10 de marzo de 2015

EXAMES TEÓRICOS 2ª AVALIACIÓN


Os exames teóricos da 2ª avaliación quedan do seguinte xeito:

1º ESO A: 10 de marzo. Temas 5, 6 e 8.
1º ESO B: 09 de marzo. Temas 5, 6 e 8.
2º ESO A: 10 de marzo. Temas 3, 5 e 6.
2º ESO B: 13 de marzo. Temas 3, 5 e 6.
3º ESO A: 09 de marzo. Temas 8, 9 e 10.
3º ESO B: 12 de marzo. Temas 8, 9 e 10.
4º ESO A: 24 de marzo. Temas 5, 6 e 9.

23 de febreiro de 2015

CARTAS POR SAN VALENTÍN

Con motivo da celebración do día de San Valentín fixemos no cole o día 13 de febreiro  a actividade "Teño unha carta para ti", agradecervos a todos os que me escribistes algunha carta as vosas mostras de aprezo e agarimo. Xa sabedes (sobre todo os que xa levades anos conmigo) que todo o que fago no centro é POR E PARA O ALUMNADO (material de recreo, actividades, clases, tratar de abranguer o máximo de actividades posibles aínda que a mín persoalmente non me gusten, saídas...), sei tamén que son un pouco gruñón e berrón pero xa sabedes que non se me pode tomar moi en serio. En especial agradecer a todo o alumnado de 4º a súa carta común e animalos a seguir nesa liña de comportamento e de traballo, non podo decir outra cousa diferente ao orgullo que sinto de ser o voso titor. Dicirvos a todos que para mín (aínda que a veces non o pareza) é un verdadeiro pracer poder impartir clases no CPI Atios e que o día que teña que marchar nada será o mesmo para mín porque un gran pedazo do meu corazón vai ficar aquí con vós. Xa sabedes que eu tamén vos quero. Un bico a todos. 

21 de xaneiro de 2015

FOTOS TIRO CON ARCO


Xa tedes á vosa disposición as fotos da actividade de tiro con arco na galería nova da páxina web do centro. Lembrade que tamén podedes acceder pinchando no icono da actividade no menú da dereita do blogue. Grazas pola vosa participación. Un saúdo.