16 de abril de 2015

CAMIÑO DE SANTIAGO 14-15


O luns 13 e o martes 14 de abril o alumnado de 4º de ESO estivo a facer dúas etapas do Camiño de Santiago a Fisterra (Santiago-Negreira e Negreira-Maroñas). Espero que os doce valentes que caminastes con Graciela e conmigo o pasarades ben. O Camiño non é só unha ruta de sendeirismo senón que ten tamén unha compoñente de superación persoal, de esforzo e tamén de espiritualidade. Grazas a todos por acompañarnos.

10 de abril de 2015

ACROXIMNASIA 14-15


Este mércores rematamos coa unidade de Acrosport ou Acroximnasia en 3º de ESO. Aquí vos deixo un par das fotos que sacamos durante a derradeira sesión que adicamos ás grandes estructuras. Grazas a Pablo por facernos rir e como o prometido é débeda tamén é o protagonista da pimeira foto. En breve subirei todas as fotos á páxina web ou poderedes acceder a elas pinchando tamén na foto desta entrada. Un saudo a todos.
https://photos.app.goo.gl/n3989ws8zxtF3bgM9

7 de abril de 2015

DE NOVO AO COLE


Mañá 07 de abril retomamos as clases no CPI de Atios despois dunhas merecidas  vacacións que espero destinarades a descansar. Eu tamén con gañas de empezar este trrimestre, así que agardo non estar ao día seguinte coma o neno da viñeta. Benvidos a tod@s.