5 de novembro de 2011

CONTIDOS 1ª AVALIACIÓN ESO

Os contidos que estamos a ver durante a primeira avaliación nos diferentes cursos de ESO son os seguintes:
1º ESO: UD 1. Xogos de presentación / UD 2. Condición Física e Saúde 1 / UD 3. Actividades ximnásticas 1.
2º ESO: UD 1. Condición Física e Saúde 2 / UD 2. Actividades ximnásticas 2
3º ESO: UD 1. Condición Física e Saúde 3 / UD 2. Atletismo 1
4º ESO: UD 1. Condición Fïsica e Saúde 4 / UD 2. Atletismo 2

14 de outubro de 2011

INICIACIÓN AO SURF 2011-2012


O pasado día 16 de setembro, aproveitando que se estaba a levar a cabo o campeonato do mundo de surf na praia de Pantín, o alumnado de 2º, 4º e 6º de educación primaria desprazouse ata alí para realizar un curso de iniciación ao surf. Así mesmo tamén puideron disfrutar dun obradoiro de pintado de camisetas así como de xogos no areal.
O alumnado disfrutou das ondas do mar subidos na taboa e rodeados dos mellores surfeiros do mundo. Teremos entre o noso alumnado os futuros campeóns???

20 de setembro de 2011

SEMANA VELA 11-12

Dende o día 27 de setembro e ata o día 09 de outubro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 3 e 4º de ESO asistirá a un curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 6-7 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos do curso. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 27, 28 e 01 de outubro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria

- 02, 03 e 04 de outubro de 09:35 a 13:15 4º Educación Secundaria
- 05, 08 e 09 de outubro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria









19 de setembro de 2011

INICIO CURSO

O luns día 19 de setembro comenzamos o curso, espero que volvades con moito ánimo e con ganas de traballar. Benvidos a todos.

1 de setembro de 2011

FIN DE VACACIÓNS. EXAMES SETEMBRO

Despois dun fin de curso un tanto raro debido a diversos motivos de índole personal estamos de volta no cole. Hoxe ás 12:00 haberá examen de pendentes e o luns día 5 os exames de setembro para aqueles que suspenderon en xuño.
Benvidos a un novo curso no CPI ATIOS.

10 de xuño de 2011

SAÍDAS RAFTING E ACAMPADA

Este curso non realizaremos as dúas actividades que nos quedaban: o rafting en 3º de ESO e a acampada en 1º e 2º de ESO polo escaso número de alumnado apuntado. O ano que ven volveremos a intentalo.

24 de maio de 2011

EXAMES E TRABALLOS 3ª AVALIACIÓN

Lembrade que o último día para entregar os traballos da 3ª avaliación é este venres 27 de maio, non agardedes ó final porque despois sempre hai algún imprevisto,  o venres eu saio ás 13:10 horas, despois desa hora non recollerei ningun traballo.

As datas previstas dos exames teóricos para os diferentes cursos de ESO son as seguintes:
1º ESO A: 01 de xuño
1º ESO B: 01 de xuño
2º ESO A: 31 de maio
2º ESO B: 03 de xuño
3º ESO A: 30 de maio
4º ESO A: 31 de maio
4º ESO B: 30 de maio

5 de maio de 2011

CAMIÑO SANTIAGO 10-11



Estamos de volta, tras dúas duras etapas do Camiño de Fisterra ó fin regresamos ó centro. Espero que todos volvades físicamente á normalidade canto antes e que poidades recuperar o sono perdido (vaia ronquidos). Noraboa a todos polo voso comportamento e espero vervos de novo en algunha outra aventura. Grazas tamén a Graciela e a David por acompañarnos. Un saúdo a todos.

29 de abril de 2011

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN

Nesta 3ª avaliación veremos os seguintes contidos ata final de curso:

1º ESO: Actividades Deportivo.-recreativas I (xoquei, indiakas, palas e escalada), Expresión Corporal I (acción dramática), Xogos Populares e Actividades na natureza I (rastrexo, iniciación á orientación, cabuiería)

2º ESO: Badminton, Expresión corporal II (diálogo corporal, mimo, teatro), Actividades na natureza (sendeirismo, montaxe de tendas, xogos no medio natural), Fútbol I

3º ESO: Expresión Corporal III (a representación), Baloncesto II e Orientación

4º ESO: Actividades deportivo-recreativas III (xoquei, badminton, béisbol, rugbi) e Bailes de salón IV (tango e rock)

SAÍDA CAMIÑO FISTERRA 10-11

Alá imos. Os días 02 e 03 de maio iniciamos un novo camiño. Este ano probaremos dentro do Camiño de Santiago as dúas primeiras etapas do Camiño a Fisterra e Muxía. Prevemos un tempo algo revolto polo que non debedes esquecer chubasqueiro. Espero que o pasades ben e que non se vos faga demasiado duro. Dou por feito que entrenastes algo, ou non?. Vémonos o luns.

29 de marzo de 2011

RUBÉN REMATA AS PRÁCTICAS

A semana pasada Rubén Hermida rematou as prácticas do segundo ano de maxisterio que estivo a facer no noso centro. o seu titor de prácticas foi José Antonio Campos. Rubén foi un dos alumnos que tiven o primeiro ano que cheguei a este centro aló polo curso 00-01. Desexarche todo o mellor de agora en diante e que estiveras a gusto neste centro que segue sendo o teu. Moita sorte.

25 de marzo de 2011

RESULTADOS SEGUNDA AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria realizada os días 22 e 23 de marzo foron os seguintes:

1º ESO A: 14 alumnos 8 aprobados 6 suspensos 57% aprobados
1º ESO B: 15 alumnos 14 aprobados 1 suspensos 93% aprobados
TOTAL 1º 29 alumnos 22 aprobados 7 suspensos 76% aprobados

2º ESO A: 18 alumnos 16 aprobados 2 suspensos 89% aprobados
2º ESO B: 17 alumnos 15 aprobados 2 suspensos 88% aprobados
TOTAL 2º 35 alumnos 31 aprobados 4 suspensos 89% aprobados

3º ESO A: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados
TOTAL 3º 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados

4º ESO A: 12 alumnos 9 aprobados 3 suspensos 75% aprobados
4º ESO B: 25 alumnos 21 aprobados 4 suspensos 84% aprobados
TOTAL 4º: 37 alumnos 30 aprobados 7 suspensos 81% aprobados

TOTAL 139 alumnos 119 aprobados 20 suspensos 86% aprobados

24 de marzo de 2011

ÚLTIMOS CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

Rematamos a 2ª avaliación e terminamos tamén as seguintes unidades coas que estivemos traballando estas últimas semanas. En 1º de ESO acabamos co baloncesto (xa sabedes que hai que practicar os pases, o dominio do balón, o lanzamento e a entrada a canastra, e seguir aprendendo a xogar en equipo), en 2º de ESO a unidade de Material Alternativo foi moi divertida e todos aprendimos a traballar con obxectos do máis variado (malabares, frisbees, zancos, pratos chinos, diábolo, paus do diaño...), de aquí saltaremos ó circo, en 3º de ESO remataremos coa unidade de volei a semana que ben (segue en pé a aposta que temos, ánimo aínda podedes sacar un 10) e en 4º de ESO xa deixamos o fútbol ata outra ocasión.

4 de marzo de 2011

FOTOS E VÍDEOS SEMANA NEVE

Xa temos todas as fotos subidas á páxina web do centro no apartado de Galería de Imaxes, aqueles que queredes o vídeo o podedes descargar no seguinte enlace. Se algún ten problemas coa descarga que contacte conmigo. Agradecer a Diego a súa reportaxe gráfica e a edición de vídeo, a verdade é que quedou un vídeo moi simpático. Disfrutade tamén del no seguinte enlace:

http://dl.dropbox.com/u/675641/Leitariegos%20feb%202010.MOV

3 de marzo de 2011

BAILES DE SALÓN 3º ESO

Rematamos a unidade de bailes tamén en 3º de ESO, o vals vienés e o merengue están xa dominados. Espero que o pasarades ben.

BAILES DE SALÓN 2º ESO


Rematamos coa unidade de bailes de salón en 2º de ESO, aprendimos algúns pasos do cha-cha-cha e o pasodobre. Sintoo non terlle adicado máis tempo, pero temos que seguir coa programación. Que vos pareceron?

17 de febreiro de 2011

VOLEIBOL 1º ESO

Rematamos co volei en 1º de ESO. Outro ano máis que ningún curso é capaz de acadar un 10. Tan simple como pasar o balón por riba da rede tres veces consecutivas sen contar o saque e dando tres toques por equipo de cada vez. Qué pena !!!! Nin foto vos saquei. A partir de agora faremos unha iniciación á ximnasia rítmica cos seguintes elementos: corda, pelota, aro, cinta e mazas e faremos unha pequena composición con cada un deles. Logo agárdanos o basket.

BALONMÁN 2º - 4º ESO




Esta semana rematamos a unidade de Balonmán tanto en 2º de ESO coma en 4º, a partir de agora empezaremos coa unidade de Fútbol II en 4º e en 2º xa comenzamos a unidade de Bailes de Salón II na que este curso aprenderemos a bailar o cha-cha-cha e o pasodobre. A disfrutar.

10 de febreiro de 2011

EXAMES E TRABALLOS 2ª AVALIACIÓN

A data límite para entregar os traballos de Educación Física é o martes día 1 de marzo. Lembrade que non recolle traballos a partir dese día. Os que tedes que facer o traballo da neve tedes ata o luns día 28 de febreiro.

As datas de exames para a 2ª avaliación son as seguintes:
1º ESO A: 02 de marzo
1º ESO B: 02 de marzo
2º ESO A: 10 de marzo
2º ESO B: 11 de marzo
3º ESO A-B: 10 de marzo
4º ESO A: 01 de marzo
4º ESO B-C: 10 de marzo

8 de febreiro de 2011

SEMANA NEVE 10-11



Volvimos sans e salvos, a pesar do bus, do sol, do albergue, das caídas... e de Cintia; voltamos de novo á rutina do cole. A pesar das broncas coas que vos alegro os oídos quero felicitarvos polo voso comportamento e polo vosa aprendizaxe deste deporte tan bonito que é o esquí. A estación de Leitariegos é moito mellor para aprender que San Isidro como poidestes comprobar os que viñestes tamén o ano pasado, pero máis aburrida para aqueles que saben esquíar. Un saúdo a todos e a recuperarse das vosas pequenas lesións. Espero vervos na neve noutra ocasión. ¡¡¡CUNDE!!!

ACROXIMNASIA 10-11


Este ano non saeu tan ben a unidade de acroximnasia coma outros anos, en parte porque sodes moitos e en parte por non traballar o suficiente. De todas formas este é o resultado do voso traballo.



31 de xaneiro de 2011

SEMANA NEVE. POR FIN!!!!

Mañá 1 de febreiro marchamos a Leitariegos a esquiar. En total son 29 os alumnos que emprenden esta aventura branca, espero que o pasedes ben e que aproveitedes ó máximo estes días. Boa viaxe. A foto e da edstación a día de hoxe, creo que teremos boa neve.

25 de xaneiro de 2011

CONTIDOS 2ª AVALIACIÓN

Os contidos desta segunda avaliación para a ESO son os seguintes:
1º ESO: Voleibol I, O ritmo, ximnasia rítmica, Baloncesto I
2º ESO: Balonmán I, Bailes de salón II (cha-cha-cha e pasodobre), Actividades deportivo-recreativas II (malabares, freesbees, material alternativo, badminton)
3º ESO: Acroximnasia, Bailes de salón III (merengue e vals vienés), Voleibol II
4º ESO: Balonmán II, Fútbol II
Espero que vos apliquedes durante este trimestre. Un saúdo.

VOLTA Á CLASE

O luns día 10 de xaneiro tivemos que regresar ás aulas. Espero que o reinicio das clases vos sentara ben a todos.