28 de abril de 2010

BAILES DE SALÓN. 3º ESO.


En 3º de ESO bailamos este ano o vals vienés e o merengue, un baile standard e un latino (verdade, Adrián?), en liñas xerais aprendimos rápido e ben. Estou moi satisfeito con vós. Agora acabaremos o tema de Representación para centrarnos no final de curso das unidades de Baloncesto e Orientación.

ESE DEPORTE TAN RARO. O RUGBI



Estamos estes días de sol a "aprender" a xogar ó rugbi, é un deporte diferente ó resto dos deportes colectivos polas características do seu regulamento. Espero que pouco a pouco vaiamos cambiando o chip dos outros deportes e amoldándonos a este tan divertido coma decoñecido deporte.

13 de abril de 2010

NOVAS FOTOS




Facendo balance dos 10 anos que levo no centro atopei algunhas fotos entre os anos 2001 e 2004 que non estaban na páxina por non ser dixitais (que tempos!!), escaneei esas fotos e as subimos á páxina web do centro, son as seguintes actividades: semana neve 01-02 e o3-04, camiño santiago 02-03 e 03-04 e rafting 03-04 e 04-05. Espero que aqueles ex-alumnos que participaron nelas disfruten e lembren aqueles momentos.
Tamén están xa subidas á web as fotos das actividades deste curso 09-10.

12 de abril de 2010

RESULTADOS 2ª AVALIACIÓN

Os resultados da 2ª Avaliación en Secundaria realizada os días 22 e 23 de marzo foron os seguintes:

1º ESO A: 20 alumnos 16 aprobados 4 suspensos 80% aprobados
1º ESO B: 16 alumnos 16 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 1º 36 alumnos 32 aprobados 4 suspensos 89% aprobados

2º ESO A: 14 alumnos 11 aprobados 3 suspensos 79% aprobados
2º ESO B: 18 alumnos 13 aprobados 5 suspensos 72% aprobados
TOTAL 2º 32 alumnos 24 aprobados 8 suspensos 75% aprobados

3º ESO A: 23 alumnos 17 aprobados 6 suspensos 74% aprobados
3º ESO B: 17 alumnos 17 aprobados 0 suspensos 100% aprobados
TOTAL 3º 40 alumnos 34 aprobados 6 suspensos 85% aprobados

4º ESO A: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados
TOTAL 4º: 28 alumnos 26 aprobados 2 suspensos 93% aprobados

TOTAL 136 alumnos 116 aprobados 20 suspensos 85% aprobados

7 de abril de 2010

CONTIDOS 3ª AVALIACIÓN

Durante o principio desta avaliación veremos as seguintes unidades:
1º ESO: Actividades deportivo-recreativas I: xoquei, indiakas, palas
2º ESO: Badminton / Expresión corporal II
3º ESO: Expresión corporal III. A representación
4º ESO: Actividades deportivo-recreativas III: rugbi, béisbol, xoquei, badminton

PROFESORADO EN PRÁCTICAS

Durante os meses de febreiro e marzo estivo realizando o segundo ano de prácticas Antonio Orjales que xa case é coma do centro e este mes de abril acompáñanos no seu primeiro ano de prácticas Jon López que tamén foi alumno do centro. Os dous realizan as prácticas con Vanesa. Ánimo ós dous, a seguir traballando.