27 de setembro de 2013

SEMANA VELA 13-14

Dende o día 18 e ata o día 30 de setembro o alumnado de 5º de Educación Primaria e de 2 e 3º de ESO participa nun curso de iniciación á vela de tres días no encoro das Forcadas.
O prezo da actividade é de 6 euros para pagar o bus dos tres días. O prezo está calculado en función do número de alumnos que asisten á actividade. A actividade inclúe o transporte en autocar ata as instalacións do clube náutico municipal, e a realización da actividade en sí. Irán acompañados dun profesor do centro e a actividade no encoro estará supervisada por monitores especializados en vela. Os rapaces deberán levar bañador (se fai sol) ou roupa cómoda (chándal), calzado que se poida mollar, e unha cazadora ou chubasqueiro se fai mal tempo. Deben levar unha muda completa por si se mollan.

Esta actividade realizarase nas seguintes quendas:
- 18, 19 e 20 de setembro de 09:35 a 13:15 5º Educación Primaria
- 23, 24 e 25 de setembro de 09:35 a 13:15 2º Educación Secundaria
- 26, 27 e 30 de setembro de 09:35 a 13:15 3º Educación Secundaria

PISTA EXTERIOR

    POR FIN!!! Despois de tantos anos neste centro por fin se realizou o asfaltado dende  a entrada dos buses ata a entrada do cole, deste xeito esquecémonos dos problemas que ocasionan as pedras: entre outros moitos as caídas e consecuentemente as feridas e tamén o ter continuamente pedras na pista de fútbol. Nese espazo colocamos outras porterías de fútbol e as canastras de minibasket que estaban dentro do patio cuberto, penso que deste modo teredes sitio dabondo para xogar (dous campos de fútbol e un de baloncesto).
     Espero que disfrutedes delas mentras o tempo o permita e que sexades quen de coidalas para que duren o maior tempo posible. Depende de vós.

23 de setembro de 2013

FOTOS SALOU 12-13 E ACAMPADA


     Xa tedes na páxina web do centro as fotos das últimas actividades do curso pasado: a excursión de fin de curso de 4º de ESO a Salou e a acampada que fixestes os de 6º de EP e 1º de ESO ás Fragas do Eume.

     Lembrade tamén que nas fotos  do menú da dereita do blogue tedes un acceso directo ás fotos de cada actividade.

     Botádelle un vistazo de cando en vez tamén ó canal de You Tube do centro.

     Un saúdo.

14 de setembro de 2013

INICIO CURSO 13-14

O luns 16 de setembro iniciamos un curso máis no CPI Atios de Valdoviño. Algúns levamos aquí tantos anos e vivido tantos inicios que non nos decatamos do importante que é para vós. Sei que uns volvedes ledos, outros tristeiros e a maioría con ganas de ver ós amigos e poucas ganas de estudar. Espero que vos adaptedes o antes posible ó novo curso.
Como novidades este curso con respecto á materia de Educación Física pronto veredes que se asfaltou a parte entre a pista exterior e a entrada, quedando sitio para poñer outras porterías de fútbol sala e unhas de minibasket. RESPETADE E COIDADE O MATERIAL, É DE TODOS. Por outra banda  este ano tampouco haberá en principio traballos obrigatorios e intentaremos sacar adiante en 2º de ESO a actividade de Surf.
Nada máis. Vémonos o luns.

2 de setembro de 2013

EXAMES SETEMBRO

A data para o realización do exame de setembro é a seguinte:
MÉRCORES 04 DE SETEMBRO (10:35 A 11:35)
Lémbrovos a todos a importancia de repasar as preguntas que levastes para a casa en xuño, pois de ahí sairán as preguntas do exame. SORTE E ÁNIMO A TOD@s.