6 de xullo de 2016

SEMPRE EN ATIOS!!!!

Todos pensamos que as persoas que queremos e apreciamos van a estar sempre ao noso carón; se por riba estas persoas traballan contigo durante moitos anos estás convencido de que xa son unha parte indivisible da túa propia vida e que é imposible perdelas.
Por iso  doe tanto velas marchar, porque unha porción de ti marcha tamén, porque pensabamos, inxenuamente, que como ata agora, seriamos testemuñas non só da súa labor profesional, senón tamén dos seus amores (e desamores), dos seus fracasos (e dos seus éxitos), das súas vodas (frustradas ou non), das súas enfermedades, dos seus soños, das súas espranzas...... Crimos que veriamos crecer aos seus fillos a través dos seus ollos, que envelleceriamos xuntos véndonos día a día; sen notalo a non ser polas imaxes dese pasado cercano  que nos ameazan dende a nosa galería de imaxes.
Nunca imaxinamos a vida sen elas, persoas ledas, abertas, confiadas, traballadoras, detallistas, perfeccionistas, sempre a pensar no ben dos demais, persoas ás que nunca verás enfadadas por moi mal que te portes con elas (ao contrario doutras deste centro, coma mín por exemplo), persoas cun sorriso permanente, que te desarman coa súa bondade e a súa tenrura, persoas que sen pretendelo fanse querer.
Por iso, pregariamos, con egoísmo; que se quedaran en Atios de ter algo de fe, a pesar de que saibamos que este paso supón para elas unha mellora irrenunciable e aínda que sexa imposible non desexarlles todo o mellor na nova vida que comezan. Pero nós quedamos sós, cun valeiro imposible de encher con outras verbas e outras historias.
Só nos resta agradecer a  súa dedicación, a súa ledicia, a súa compaña, a súa risa, os seus consellos, o seu apoio, a súa crítica,.... 
Grazas por tantos pasos dados ao noso carón......
A verdade é que non podemos imaxinar ATIOS sen esas persoas e agora neste intre de despedida só nos queda o alivio de saber que estas bágoas pronto serán sustituidas por lembranzas que levaremos sempre nos nosos corazóns.

SEMPRE EN ATIOS!!!!

FIN DE CURSO. POR FIN!!!

Este curso foi un ano intenso, cheo de actividades, despedidas, de experiencias vividas con todos vós, de risas e de bágoas. BUFF!! Non sei se podería con outra semana máis. Desexarvos a tod@s unhas felices vacacións, que descansedes todo o que poidades, que gastedes uns minutos en analizar cómo foi o voso curso e ver en que podedes mellorar. Eu prometo facer o mesmo.
Un saúdo a todos. Bó verán.

DESPEDIDAS: MARILÓ e ANA

Este ano despedimos a dúas das nosas compañeiras de departamento: Ana Morales e Mariló. Ana segue o seu camiño noutro centro despois de deixar a súa pegada en Atios e Mariló aínda ten a posibilidade de voltar o curso que ven. Dende aquí agradecerlle ás dúas á súa profesionalidade e a súa disposición a axudar e participar en todas as actividades do departamento. MOITA SORTE:

FOTOS E MEMORIA RAFTING

A actividade de rafting realizouse o día 29 de xuño para o alumnado de 3º e 4º de ESO. Pola mañá fixemos o rafting no río Ulla preto de Padrón, xantamos na área recretiva de A Barosa e pola tarde estivemos no paintball Campodolobo desestresándonos de todo o curso. Espero que xa vos pasaran os moratóns do paintball e que disfrutarades da actividade. Xa tedes as fotos subidas na páxina do cole ou pinchando como sempre na foto de actividade no menú da esquerda do blogue.