28 de novembro de 2016

FOTOS TIRO CON ARCO 16-17

Por fin tedes subidas á páxina as fotos das sesións de tiro con arco realizadas polo alumnado de 6º de Educación Primaria entre outubro e novembro. Os nosos pequenos arqueiros empezan a dominar o arco. Gracias de novo a Pepe e Anxo e ao seu clube Arco A Frouxeira pola súa colaboración.

27 de novembro de 2016

REUNIÓN SEMANA NEVE

O xoves 01 de decembro ás18:30 horas teremos unha reunión no comedor do centro para concretar os horarios da viaxe, explicar normas  a seguir e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. En principio a viaxe será entre os días 18 e 22 de decembro como estaba previsto.
O prezo por persona é de 320 euros. O xoves haberá que pagar os 220 euros que faltan, posto que 100 xa os puxeron como fianza. Aqueles alumnos que van facer snow teñen que pagar un suplemento de 20 euros (en total 340 euros). Se hai algún alumn@ que precise de algún tratamento ou con algunha alerxia a algún alimento comentádemo na reunión.

23 de novembro de 2016

DATAS EXAMES TEÓRICOS 3º E 4º ESO

A continuación están as datas dos exames teóricos para 3º e 4º de ESO e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Lembrade que temos que realizalos un pouco antes porque se segue nevando o día 18 de decembro marcharemos a Jaca e temos que deixar postas as notas da avaliación. Sorte.
3º ESO A: 29 de novembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
3º ESO B: 29 de novembro. Temas 1, 2, 3 e 6.
4º ESO A: 07 de decembro. Temas 5 e 7.

13 de novembro de 2016

MANUEL. ALUMNADO EN PRÁCTICAS

O venres tamén rematou Manuel García as súas prácticas de Maxisterio con Toni, agardamos que a túa estancia con nós no CPI Atios fose agradable e esperamos volver contar co teu sorriso algún outro ano. Desexámosche moita sorte na túa andaina profesional e na túa vida. O alumnado xa está botándote de menos. Unha aperta enorme.

11 de novembro de 2016

SEMANA DA BUXAINA, MAGOSTO E SAMAÍN

Hoxe finalizou esta semana do Magosto e o Samaín, xa sabedes que toda a semana estivemos a aprender a "bailar" os peóns ou buxainas e hoxe culminamos A Semana da buxaina cunha pequena exhibición - demostración entre todo o cole. Tamén tivemos o Magosto e durante toda a semana lectura de contos de medo na cafetería. Asemade tamén fixemos os tradicionais concursos de cabazas e portas. Esperamos que o pasarades ben. Grazas a todos os organizadores e participantes. Vémonos o curso que ven.

8 de novembro de 2016

VÍDEO SEMANA VELA 16-17

Se lembrades o último día de vela deste curso, estiveron a facer un vídeo de promoción da vela para César, agora pasounos ese vídeo e xa o tedes á vosa disposición na canle ATIOS TV na páxina web do cole. Hai imaxes tomadas por drones polo que o resultado é espectacular. Tamén podedes acceder pinchando na foto. Non deixedes de velo.

UNIDADES 1ª AVALIACIÓN 3º e 4º DE ESO

As unidades que estamos a ver durante esta 1ª avaliación en 3º e 4º secundaria son as seguintes por cursos:

3º ESO
UD 1. Condición física e saúde 3
UD 4. Acrosport

4º ESO 
UD 3. Baloncesto
U.D. 2. Actividades de raqueta (badminton e tenis)

7 de novembro de 2016

TORNEO TIRO CON ARCO VALDOVIÑO








Compartimos o cartel dun torneo de tiro con arco a celebrar en Valdoviño, organizado pola Federación Galega de Tiro con Arco coa colaboración do Clube Arco  A Frouxeira e o Concello de Valdoviño. Anímadevos a acercarvos por alí. 

ACTUALIZACIÓN INVENTARIO

Durante o mes de outubro procedeuse á actualización do inventario do departamento de Educación Física. No inventario está tanto o material inventariable coma o material funxible desglosado nos seguintes ítems: material alternativo, atletismo, baloncesto, balonmán, balóns, béisbol, boxeo, delimitación espazos, escalada, espresión corporal, infladores, música, outros, orientación, patinaxe, psicomotricidade, raqueta (badminton, tenis, tenis de mesa e palas), redes, ximnasia, ximnasia rítmica, xogos de mesa e xoquei. Podedes consultalo no apartado de enlaces. Aproveitamos tamén para lembrarvos que as instalacións e os materiais pertencen a toda a comunidade educativa e que polo tanto é tarefa de tod@s o seu coidado.

3 de novembro de 2016

PROFESORADO EDUCACIÓN FÍSICA 16-17

Durante este curso 16-17 o profesorado pertencente ao departamento de Educación Física somos os seguintes:
Patricia Regueiro Sousa: Educación Infantil e Primaria
 Antonio Rodríguez Rodríguez: Educación Primaria
Mariló Docanto Alonso: Educación Secundaria e Xefa de departamento
Juan Luis Allegue Iglesias: Educación Secundaria