25 de febreiro de 2016

VII TORNEO XADREZ CPI ATIOS

Chegou o momento que tod@s estabades agardando. O xoves 17 de marzo comezaremos a edición número VII do noso torneo de xadrez que naceu no mes de novembro de 2009 e que estamos a celebrar sempre hacia as vacacións de Semana Santa. 
Nesta edición contamos cun total de 74 alumnos participantes. O alumnado vai dende 4º de EP ata 4º de ESO. As novedades deste torneo e que dividiremos o alumnado en dous grupos independentes: Grupo Anand e Grupo Carlsen. Cada xogador do grupo xogará catro rondas independemente de que gañe ou perda. Posteriormente os 15 primeiros de cada grupo clasificaranse para unha segunda fase na que xogarán outras catro rondas e das que sairán os vencedores do torneo. Próximamente subiremos ao blogue as normas do torneo e o horario das rondas. SORTE A TODOS.

23 de febreiro de 2016

EXAMES TEÓRICOS 2ª AVALIACIÓN 3º e 4º ESO

A continuación están as datas dos exames teóricos para 3º e 4º de ESO e os temas que vos entran en cada un dos cursos. Estudiade un pouquiño e sorte a todos.

3º ESO A: 29 de febreiro. Temas 8, 9 e 10.
3º ESO B: 26 de febreiro. Temas 8, 9 e 10.
4º ESO A: 04 de marzo. Temas 5 e 7.
4º ESO B: 04 de marzo. Temas 5 e 7.
4º ESO C: 04 de marzo. Temas 5 e 7.

20 de febreiro de 2016

CARTAS EN SAN VALENTÍN


Hoxe repartíronse por parte do alumnado da equipa de Normalización Lingüística as cartas da actividade "Teño unha carta para ti" que facemos no noso cole tódolos anos por San Valentín. Agradecer aos cursos de 1º e 3º de ESO a súa colaboración o xoves pola tarde para clasificar a INMENSA cantidade de correspondencia que este ano intercambiades para dicirlle algo agradable e bonito aos compañeiros.
Grazas tamén a aqueles que perdestes un pouco do voso tempo en envíarme a mín unha desas cartas que, aínda que digamos que non, fainos ilusión recibir. Un bico para todo@s.

19 de febreiro de 2016

AUTORIZACIÓNS CAMIÑO DE SANTIAGO

Os días 03, 04 e 05 de abril realizaremos cos cursos de 4º de ESO o tramo do Camiño de Santiago (Camiño de Fisterra) entre Maroñas e Fisterra. Son en total 49 km repartidos en 3 etapas: Maroñas – Olveiroa (14 Km), Olveiroa – Cee (20 Km), Cee – Fisterra (15 Km).

O bus nos levará á aldea de Maroñas o domingo e o martes traeranos de volta a Valdoviño.  

O prezo é aproximadamente de 50 €. O prezo  inclúe o bus e a estancia nos albergues, está calculado para un número de 15 alumnos. En caso de ir mais teriamos que mirar un bus de máis prazas.
ENTREGAR  A AUTORIZACIÓN ANTES DO VENRES 26 DE FEBREIRO.

15 de febreiro de 2016

ACTUALIZACIÓN INVENTARIO

Durante os primeiros meses deste 2016 estivemos a actualizar o inventario do material do noso departamento de Educación Física estando actualizado con data de 15 de febreiro. Aproveitamos tamén para lembrarvos que o material é de tod@s e que é obriga de tod@s coidalo e recollelo.

5 de febreiro de 2016

ACROXIMNASIA 15-16

Este xoves rematamos coa unidade de Acrosport ou Acroximnasia en 3º de ESO. Foi unha clase especial porque tivemos que estar as dúas clases A e B xuntas dúas sesións e algúns estivestes pouco atentos ao que tiñades que facer.

Aquí vos deixo un par das fotos que sacamos durante a derradeira sesión que adicamos ás grandes estructuras. Tamén tedes subidas xa  na páxina web as fotos que sacamos e que me mandastes, se tedes algunha máis enviádemas e ireinas subindo.

Grazas tamén aos que fixestes de fotográf@s improvisados. Un saúdo a todos.

https://photos.app.goo.gl/VUNcY7AHycg6enCDA